



O amigo Lisardo Mazaira, de seguro que recordara esta rúa, mais que nada porque nela estiveron os seus pais bastante tempo co negocio, despois de abandonar a Barronca da Alameda, e il por ali andaria tamén.
Teñovos falado da miña fascinación polas fotografías antigas, neste caso mostrovos esta, ca idea de ver si algun de vos ten algunha semellante, e sabe quen e con seguridad o autor, pola miña parte, penso que poidera ser o Sr. Pacheco, pero por diante non o pon, e na traseira di que o estudo estaba ubicado na rúa do Alba 18, Pacheco coido que estuvo no 9 e no 13.
Comezan esta fin de semana as ligas deportivas, no caso do basket, ainda teremos que agardar un pouquiño, pero pra lembralo deixovos hoxe estas imaxes.

Fotografía retocada do salón de lectura da biblioteca cas magnificas estanterias de Nogal, que se queimou o ano 1927, publicada no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos H y A de Orense
Ides ter que disculpar, que non poña a solución hoxe, pero e que entre as poucas respostas que recibín (certo e que nestas datas a media de lectores diarios, non pasa moito dos trinta), e que sorprendentemente case que todas erradas, decidin poñer esta outra imaxe da misma zoa, e case feita dende o mesmo punto, nesta tedes un anaco dun cartel, que vos dara case que a resposta, pero por si es caso, o martes que ven poreivos outra imaxe mais clarificadora, coa resposta.
Non hai Ourensán que non coñeza esta praza, e a súa estatua, a novidade, está en descubrir, que cando se fixo a praza, as escaleiras que hoxe forman a entrada principal non existían.
Tedes que "disimular" esta pequena broma, que ainda por riba, a causa de un fallo tecnico, saiu sen comentario, agora xa non procede poñelo, pero o que si teño que facer e decirvos que a fotografía non esta ben datada, trabuqueime nunhos aniños, esta tomada o día 9 de Agosto do 2009.
Xa sei que as datas non son as mellores, pra andar con traballos, pero e que a mín tampouco me sobra o tempo, así que hoxe deixovos esta imaxe dos anos 50 dun cruce harto coñecido por todos nos, pero que algún ainda vai ter que darlle voltas pra decatarse de cal e, as respostas o meu mail
Xa sei que nas anteriores entradas do amigo Perniñas, aparecia a sua imaxe, neste caso preferin poñer esta de don Marcelo, que foi a que acompañou, no Boletín da Comisión, (cando fale desta publicación referireime a ela, con esta denominación, xa que poñer o nome enteiro e un gran traballo, "Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense", disculpade a miña vagancia), unha perfecta descripción deste Astorgano, Ourensán de adopción, feita co estilo do Perniñas, e que serviu de prologo a unha biografía del, feita por Don Ramón, na devandita publicación, o ano 1944, (tomo XIV, ano 1943-1944).
A maioria de nos pensó que descoñeciamos este proxecto, que no ano 1928 se publicaba no "Boletín da Comisión Provincial de Monumentos".
Confeso a miña debilidade, polo anis, e o licor café, o segundo tento evitalo, porque segundo dín os entendidos, e adictivo, (porque sera que todo o que gusta ou fai dano , ou e vicio).
No ano 1905 a editorial Calleja fixo unha colleita de imaxes de personaxes comicos; na adicada a Ourense esta é a que se publicou.
Faleivos da sua faceta, de facedor de santos, na entrada do celebre Xan da Coba; esta é a imaxen que fixo do San Benito, pra venerar na parroquia de Santa Eufemia, onde si non me trabuco ainda ten que estar. (dende logo pouco sei de imaxineria, pero coido que non ten porque desmerecer de obras de mestres de mais sona). 
A misa d´ alba MariaFoi tan cedo certo díaQue soilá no adro se víuMais enton ganas sintíuD´unha cousa qu a oprímia.Mirou prós arrededores,E con perdón dos leutores,Levantando as suas enaugasDispúsoxe á facer augasXa maores xa menoresY asín mirando pr´ô ceoPoñendo a boca moi tortaAlí pretiño da portaDeixou María o que creoNomear eiquí non importaChegou a xente, y-o cregoVendo aquelo de ira cegoBerrou: Me caso con Dios!¿ Quén fixo esto d´entre vos?¡Coiro! ¡si a sabelo chego!Mais é facile saberQu é d´unha porca muller,De porco becerro ou boyNon, d´home sei que non foi.De femia tivo que ser!E sinon fixaivos ben:o sóledo está molladopolo lequedo afondado´Ergo está iste BelenBen craramente expricadoO crego tiña aires de Crissom a lo que semella, e soubo raudo que era de femia; loxico, os homes mexan as paredes, e as bestas fan mais afondado o buraco.


Sabedes que considero de xustiza, dar as grazas cando recibes un bo trato; con esta entrada eso e o que quero facer.
Sen buscalo, as entradas van un pouco "fiadas", (de fiar con fio, ainda que tamén son prestadas, que todo hay que decilo).
Trátase dunha carta versada, que no seu día enviou ao seu compañeiro de partida, Don Xavier Prado Lameiro, xunto ao cal gozaba invitando a café aos seus adversarios, a fin de explicar as causas polas cales ía deixar de practicar ese san costume, (seguramente debido ao celo que a amizade debe manter coa saúde), e o café en exceso xa se sabe....
Facede clik co rato no texto, e si nada saiu mal, ampliarase pra que o podades ler.
Fotografía La Voz de Galicia
Hoxe tocalle a praia por excelencia dos ourensans, Praia America.
Non sei o que opinaredes vos, pero pola miña parte penso que temos que agradecer, que mais ou menos, se ten conservado co seu sabor orixinal; ten as "casiñas " que aparecen na imaxen (finais dos 50), xunto unhas cantas mais, e unha aberración, que nalgun momento encheu o peto de ..... , non sei se a vos ocurrevos o mesmo, pero e que chega un momento, no que canso de ver salvaxadas, xa de xeito inconsciente, o nivel de exixencia imolo baixando, pra que o entendades, pensade en Benidorm, e coincidiredes que esto e unha maravilla. ¡Magoa que o cabo xa teñamos que pensar así!.
OurensenoTempo
Copyright 2008 - 2025
Rúa Progreso nos 60 (General Franco) Andiven a revisar as vellas entradas do blogue, e aproveitando que tiña tempo, pero non conexión a ...