Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

15/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región III)

Non fai moito tempo, o amigo Federico Román Alonso, (colaborador do blog), comentoume a existencia de unha fotografía na que se via o edificio da "Confraría da Misa do Alba", (que como xa temos comentado en mais dunha ocasión, deu nome durante bastantes anos a actual rúa Cardeal Quiroga - Alejandro Outeiriño).
A fotografía non a teño, pero o que si conseguín "sacarlle" do arquivo do meu vello mestre Augusto Guedes de Castro (Pacheco), quen por certo anda un pouco perxudicado dun pe, (pensa que e un rapaz...), foi esta fotografía que lle debeu facer o seu pai a este grabado que como vedes na propia fotografía dataron no ano 18.., eu atreveriame ca miña habitual osadia a porlle un 5 o un 6 (pero non me fagades moito caso).
O asunto é, que na esquerda da fotografía aparece o edificio en cuestión, algún entendido poderia darnos mais datos, pero eu penso que debia ser un estilo de edificio medieval, que recorda algun que ainda podese ver en centro europa. Según contan esa era a sede da Confraría que se encargaba da primeira misa que se oficiaba na Catedral; a do Alba de ahi o nome da confraría; e contan tamén que na casa tiñan un oratorio, (poderiase facer un pequeno estudio dos que habia nesa zona, co dos Paules, o da Marquesa de Atalaya Bermeja, posiblemente os Espada tiveran outro, e sin dubida os Dominicos tamén, ...).
A sua ubicación era exactamente donde logo fixeron Yebra, Aperribay e Pimentel o que ainda segue en pe, e hoxe da servicio a un restaurante italiano.

No hay comentarios: