Consejos y avisos

27/8/09

Santo Domingo

Desde que no ano 1607, Don Domingo Araujo, fai o legado preciso pra levantar un convento dos Dominicos, na cidade, houbo que agardar ata o 1666, pra ver practicamente rematada a construcción.
Eiqui tedes a fachada do convento, cara a rúa da Concordia (Cap. Eloy), no ano 1887 cando acollia nas suas instalacions a Escola normal de Maestras, logo do periodo desamortizador (1835), a as varias vicisitudes que pasou este edificio.
Noutras entradas achegareivos mais datos, ainda que podedes leer un magnifico traballo do tema, feito por Don Vicente Risco ca colaboura de dona Olga Gallego, e publicado no Boletín da Comisión (Tomo XIX anos 1957-58 pag 203....).
Nota adicional:
Si, ese era o edificio que habia antes onde hoxe esta o de Facenda; fago a aclaración, porque me chegaron xa dous mails, facendo a pregunta.

No hay comentarios: