Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

17/1/09

O chocolate

Vou aproveitar esta entrada, para recordarvos algo importante.
As fotografías que aquí se mostran, son de diversas procedencias, algunhas proveñen de organismos públicos, co cal a súa difusión é libre, outras forman parte da colección de fotografías familiares e ou persoais, que só con que mo pidades na gran maioría dos casos autorizareivos a utilizalas, o problema esta nas que ceden particulares, co único fin de que as publique no blogue, estas se queredes utilizalas, teredes que dicirmo, e eu poreivos en contacto cos propietarios, que na maioría dos casos daranvos o seu permiso, pero é necesario solicitalo.

Fotografía e texto de Xose Lois Carrión
Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-.
Foto Villar, 1931.
Esta foto, xunto a outras, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díez de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).
O meu mais sincero agradecemento o amigo Carrion pola colaboración.

No hay comentarios: