Consejos y avisos

2/11/10

Mais promocions Maristas Ourense

Teñenseme queixado, en parte con motivo, nos últimos tempos, os lectores dos Maristas, de que non lles poño fotografías de grupo; teñen que entender que intento compracer a todo o mundo, e vou alternando os temas. Pra tranquilizalos unhos días, eiqui van estas catro imaxes, non podo decirvos se seran dos que se qeixan, pero fago o que podo.
A maioria corresponden a finais dos anos 60, e deixoumas o amigo Pepe Lui, quen se non entendín mal, sae nalgunha delas, e o seu irmaán tamén anda por ahí.
Se algun quere tomarse a molestia de identificar os hoxe, supoño que cincuentons, ou pode que algo mais, e mo dice, non teño inconvinte en poñer os datos según mos vaiades facilitando. Veña traballade un pouquiño, que non vai ser todo queixarse.
1
 2
 3
 4
Nesta última, non sei se xa publicada, sae o irmán Vazquez, a ver si el bota unha mán pra decirnos quenes eran os seus alumnos, daquelas.

1/11/10

Santos

  Xa outros anos, dixenvos (empeza a ser vello iste blog, que xa teño que referenciar anos anteriores), que a mín o dos Fieles Defuntos, non me motiva, prefiro celebrar o día de todolos Santos.
Non teño ningún motivo especial, somentes, que penso que lembrar seres queridos ten que ser motivo de ledicia, non de tristura; a parte, de que nunca encontrei a loxica dos días de ...., sempre e bo día pra querer e respetar.
Dita esta elucubración das miñas; hoxe querovos presentar os meus avos, o ano pasado non poiden presentarvos, mais que a Don Antonio, e a miña querida Ramonita, (sei que non queria que a chamara así, pero, no fondo gustaballe, ela sabia que era cariñoso, cando a queria fastidiar chamaballe doutro xeito..); pero iste ano grazas a amabilidade dos meus familiares paternos, conseguin as fotografías dos meus avos Avelino e Josefa, (Josefa foi o mais complicado, morreu bastante noviña).
Sei que esta entrada, pouco lles vai interesar a maioria dos meus lectores, pero algún privilexio me tiña que reservar, e seguro que os meus irmans gustalle poñerlle cara os seus avos.
Ando buscando agora, a seguinte xeneración, e pola via materna xa os atopei; os catro bisavos, pero na paterna, estaseme a resistir, e case que estou a perder as esperanzas. Todo se andara.
Felicidades a todos.

31/10/10

ἐκεῖνος - Ekeinos - Ese

Deixando o marxe, o obituario (por desgraza inevitable, por cuestions de respeto, e admiración en moitos casos), iste blog, sabedes que non se caracteriza precisamente por seguir a actualidade, hoxe non sei o motivo, decidín facer esta, pra moitos "rara" entrada.
Pode ser que a celebración estes días da F.I.T.O. por certo, cada ano millor. Fixerame lembrar dunha obra de teatro que vín fai un pouquiño mais dun mes; foi na capital do Reino, no teatro Maria Guerrero, e o actor era un tipo con pinta de tolo, destes que ves pola rúa e pensas que vai sacar en calquera momento, o brik do San Simón, (que crueles somos as veces, e que rapido poñemos etiquetas, e non somos quen de aprender dos nosos erros, que son moitos), ou o millor se o pensas e te fixas ben, ten un aire así como de xenio...; bo deixareime de parvadas.
Falo dun dos millores actores, (e digoó así pra evitar discusions), que temos na actualidade, Rafael Alvarez "El Brujo";  inclinome pola segunda opción das apuntadas; é un xenio, quen sino seria capaz de facer una obra de teatro, ou chamalle monologo, (que esta agora tan de moda), como "El Evangelio de San Juan". 
Espectaculo puro, no senso de "espectacular", e douvos datos, o guión sinxelo, reconocible (que che soe coñecido como queremos os que soo buscamos evasión no arte), a quen non lle soan os pasaxes da Biblia, (eso si cunha perspectiva diferente, de seguro que algún poderia decir que incluso irreverente, non o comparto, pero admitiriao), pois decideme unha cousa: como consigues falar case que duas horas da Biblia, e que a xente pense que non pasaron siquera dez minutos. O escenario, unha mesa, unha cadeira e un cabalete, pouco mais. A musica; non sei como expresar a musica, e os efectos musicais que catro señores, (os que xa confeso qué lles teño envexa, por poder ver a diario a representación), fan durante a representación con Voz, Percusión, Corda e Saxo, (o orden penso que e o que gardan no escenario), e un autentico pracer, non debia, pero vouno dicir, a voz e a percusión, ainda que xa fai mais dun mes, sigo a lembralas con deleite.
Penso que o miñor tamén ten algo que ver pra que decidira facer esta entrada, que estes días escoitei a unha actriz, decir, se tes un bo guión e facíl facer un bo papel. Coido que actores como Rafael Álvarez conseguirian que un mal guión dera un bo papel.
Non se si, se notara moito, que o 16 de decembro ven ca sua representación a Vigo, e gustariame volver velo, se poidera ser pola "patilla" millor, pero senón, irei igual. Como diria Doña Lola, "se me queredes irse", a vela, non a perdades. E de paso a ver se alguen trae algunha das suas obras, que ten un par delas pra escoller, e que as podamos gozar eiqui en Auria.  Pra entender o titulo da entrada, teredes que ir ver a obra, senon quedaredevos sen entendelo sintoó.

30/10/10

Fotografía Estenopeica en Ourense

Comezou o Outono fotografíco, e non podemos queixarnos, da cantidade de mostras de fotografía que podemos disfrutar; neste caso a cantidade non vai reñida ca calidade, e ainda que as opinions deixovolas a vos, penso que non nos van defraudar. 
 O que si quero e recomendarvos que non deixedes pasar a oportunidade, de pasaros polo Museo Municipal, (si ese que cando estamos de viños pasamos por diante e nin nos damos conta de que, ahí esta).
 Dende o xoves 28 de outubro, temos a oportunidade, de ollar na cidade, unha exposición fotografica, "innovadora", (xa vos teredes decatado, que cando poño comillas, non e pra remarcar, senon, porque non estou certo, de que ese sexa o termino mais indicado pra utilizar).
Confeso que cando fai unhos días o amigo Pastor Fabrega, gran afecionado a fotografía, veume avisar, de que se ia facer esa exposición, nun primeiro momento, pensei que me falaba de fotografías - Estereoscopicas -, (esas que estiveron de moda a comezos do siglo pasado (mais ou menos), e como xa saberedes, consistia en facer duas fotografías o mesmo tempo, cunha pequena diferencia entre o enfoque de cada unha, de xeito que o ollalas cun aparello, xa preparado o efecto, veiase somentes unha, pero con certa profundidade,, algo así, como o efecto 3D). Pero rapidamente, sacoume do meu erro, e puxome o día do tema.
Pra non liarvos, cas miñas malas explicacions, voume limitar a decirvos, que a fotografía Estenopeica (non sei se pode chamarse tamén estenoscopica), e a que se fai cunha "caixa de zapatos", e recomendarvos que vexades os datos que da a Wikipedia Preme eiqui.

Despois de leer os datos, e saber como se conseguen as imaxes por ese metodo, animadevos e ir ver a exposición; penso non errar o decirvos que vos vai sorprender; os resultados obtidos polos expertos desa tecnica, dende o meu punto de vista, son espectaculares.
Se lle sumamos a eso, que o enfoque da exposición, e que cada artista busque a forma de fusionar os catro elementos, terra, auga, aire e lume, e mostrarnola cas suas fotografías, poderedes descubrir que ainda non todo esta descuberto, sempre quedara espazo, pra imaxinación.
Se vos fixades nas duas "camaras" que vos mostro, veredes que a unica diferencia entre elas radica no obxetivo. Xa entendo por que nas tendas de zapatos, sempre che preguntan se queres a caixa, chamalle parvos.....

29/10/10

Un Chevrolet ???. Por que non

Quedoume mal sabor de boca o domingo, co tema do automovil novo, e andiven intentando atopar a Don Justiniano. Non sei se sera porque non me poderia ofertar os mesmos prezos, pero sexa como fora non teño xeito de atopalo; cando andaba na sua busqueda, dín con este outro anuncio, e tamén poderia servirme un Chevrolet, sen dubidas.
Pero claro tampouco son quen de atopar o concesionario, deixarome este plano, da fachada do Paseo, pra que o buscara, pero non hai maneira. Xa veras ti, vai ser que non seguiron o pe da letra o proxecto de Don Daniel Vazquez Gulias, e non e sinxelo de recoñecer, de seguro que hoxe ten seis plantas a lo menos.
Os amigos do arquivo dicenme que eles lembrano no cruce do Paseo con Concordia, pero eu non o vexo.
Bromas a parte, chamoume a atención, que non corresponde exactamente o deseño do plano, cas fotografías que teño deste fermoso edificio, algun cambio se que tivo na fase constructiva. Eso si nada que ver co que hoxe ocupa o solar.