Consejos y avisos

30/6/08

Os Planos da Estación de Canedo (Vicente Risco)

Estación do camiño de ferro.
Para rematar esta serie da estación, aquí cólgovos o plano da estación e o de situación, son do arquivo de http://www.carrileiros.com/ .


Ampliando os datos sobre esta estación, direivos, que se inauguro o 13 de maio de 1885,e como era costume na época, para resaltar a categoría dos edificios, a fachada estaba pintada de "Vermello Inglés",
(Para que vos fagades unha idea este edificio canario ten esa cor).
Deixou de utilizarse en setembro de 1952, cando se inauguro, a actual estación Ourense - Empalme.
No seu lugar, construíronse os edificios do "Instituto Masculino" (Blanco Amor), a "Escola Normal" e o "12 de Outubro".

Mais fotografías da Estación de "Vicente Risco"

O edificio de pasaxeiros.
A zona exterior da Estación de Canedo. (www.carrileiros.com)
Seguindo co tema ferroviario, e como os amigos de "Carrileiros dá Foula", queren facer un número especial, (segun se di na "Región"), vou colgar unhas fotos, que creo merecen estar nese especial, publicounas (penso, que todas) o amigo Manuel Domínguez Quiroga, na súa magnifíca páxina web http://www.canedo.eu/ , outras son do voso arquivo, (http://www.carrileiros.com/), pero para xuntalas, púxenas tamén, espero que sexan do voso agrado.
Esta se que é unha xoia, esperando aos feridos da guerra, nas plataformas da estación de Canedo. ( www.canedo.eu )
Os que a vivían, os pasaxeiros e os empregados do ferrocarril

Ese era a ponte metálica, que se fixo para salvar o cruzamento ca avenida das Caldas, derrubado no 1958 (Arquivo Carrileiros)

Outra fotografía do patio exterior, cos taxis preparados para trasladar aos pasaxeiros ao seu destino na cidade.

A Primeira Estación de Ourense

O Ribeiriño.
Plano da revista "Cadernos de Istoria e Arqueoloxía FERROVIARIA", www.carrileiros.com
Poida que fose provisional, pero estivo catro anos dando servizo á cidade, estaba situada na Praza do Ribeiriño.
A primeira locomotora chego ás dúas da tarde do día 2 de maio de 1881, aínda que a inauguración oficial, foi o día 9 de Xuño.
Lamentablemente non teño ningunha fotografía desta estación, pero algún día espero tela, en Ourense moita xente ten marabillas que algún día verán a luz

28/6/08

Alberto Vázquez 1963

Alberto.
A foto corresponde aproximadamente aos anos 70, nela podemos ver a D. Alberto (príncipe do vento), retando ao seu sobriño a unha carreira, (algún levaba vantaxe), o importante é advertir, que sempre se rodeo de xente de "altura",(e, que ben lle vai).

"La Equidad" 1893