Consejos y avisos

5/5/11

Revista Siglo XXI (Veciños celebres)

De xeito habitual, as entradas da sección xornais e publicacións, resérvoas para o fin semana. Pero nesta ocasión, creo que é mellor non facela esperar.

Fíxenme o luns co número 22 da revista "Ourense Século XXI", sempre interesante, pero neste caso se cabe imprescindible.
A través de breves artigos de autores moi cualificados, e nalgún caso vinculados ao personaxe con lazos familiares como: Ana Malingre, Mercedes Gallego, Miguel Ángel González García, Pablo Sánchez Ferro etc. preséntallenos a unha gran parte dos nosos ilustres veciños, que co seu labor conseguiron que Ourense alcanzase unha gran consideración no mundo da cultura.
Apelidos como Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, Parada Jústel etc. Son algúns dos que podemos atopar na revista; a súa obra por todos coñecida, "aínda que só sexa de oídas"; como ben di no seu artigo a amiga Ana Malingre (tataraneta de don Valentín Lamas Carvajal), aínda "é moi actual". Desgraciadamente as novas xeracións cada vez percíbenos como moi afastados, pero posiblemente se lle facilitamos o acceso a estas obras, descubran que seguen sendo unha bela e aleccionadora lectura.

Felicidades a todos por este fenomenal traballo, pero permitídeme que felicite de forma especial a Ana Malingre, e Miguel Ángel González García, membros do Arquivo visual Ourensán, quen nos teñen afeitos mostrar o seu bo facer.
Grazas.
Intentade facervos coa revista, que non vos defraudara.
Se consigo o permiso, intentarei porvos no blog, os artigos.


4/5/11

Don Venerando

Fotografía propiedade de don Arcadio Vila, de don Venerando vai ser complicado identificalas, xa que os minuteiros non adoitaban firmar os seus traballos.
Ainda esta quentiño da imprenta o libro do "Achegamento a historia da fotografía en Ourense"; e podovos decir que xa son moitos os novos datos e achegas que moitos de vos me tedes facilitado. Agradézovolo sinceramente, xa que moitos de eses datos non son sinxelos de atopar.
Hoxe como mostra, e grazas o esforzo e amabilidade dos amigos do Arquivo Municipal, (Carmén, Francisco e Fernando), podovos aportar o nome e pouco mais (polo de agora), dun fotografo, según el di, ambulante, e polo que reclama, supomos que "Minuteiro".
Según consta na solicitude feita o 19 de setembro do 1936, Don Venerando Doval Rodriguez, casado maior de idade e veciño da Lamela, no concello do Pereiro de Aguiar, desexa dedicarse a obter fotografías o minuto ao aire libre, na alameda desta cidade. A devantita solicitude recibe informe favorable da comisión de Fomento, regida por don Mariano Rodriguez Sanz, con data 28 de setembro, e o permiso definitivo do sr. Alcalde, (realmente delegado militar Alcalde), Don Marcelino Mira Cecilia o dia 1 de outubro dese mismo ano.
Penso que esta debe ser un dos poucos documentos que levan a firma deste Alcalde cuxo paso pola alcaldia foi breve, (se non erro, estivo dende fianis de xulio, ata finais de setembro).
Grazas a todos os que me estades facilitando datos e fotografías.

3/5/11

A natureza

Mostrábavos a semana pasada obxectos que polo celo dos seus donos, podían verse en fotografías de comezos do século pasado, e aínda hoxe temos a fortuna de poder gozar.
Hoxe ocorréuseme ensinarvos algo que tamén conseguiu perdurar no tempo, neste caso foi a natureza, a que o fixo crecer, e polo tanto parecen diferentes.
En 1855 (53?) logo da pertinente autorización do Concello; a cargo e custodia do Catedrático de Historia Natural do Instituto Provincial de segundo ensino, comézase a creación do xardín botánico do Posío; a casualidade quixo que descartada a opción de crealo nos arredores do convento de San Francisco, déseselle unha localización, que posteriormente "arrastraría", para as súas proximidades, ao instituto ao completo.
Cando en 1897 comeza a nova andaina o que se chamaba centro provincial de instrución pública (hoxe Instituto Otero Pedrayo), o profesor encargado do Botánico, Don Pompeio Beltrán, amplia os terreos do botánico, ocupando a parte traseira do centro educativo, onde hoxe está o pavillón deportivo.

Logo destes apuntes históricos, falemos da fotografía.
Como podedes ver esta asinada polo ilustre Pedro Ferrer (A Coruña), pero como xa vos comentei noutra ocasión, iso non é definitivo; algunhas fotografías daqueles anos, non se poden atribuír a pesar dese dato tan concreto, a Ferrer, xa que a súa relación con Pacheco, daba lugar a eses paradoxos.
As palmeiras que supoño que salvo enfermidade ou desgraza son as mesmas, podedes ver que cara ao 1903 - eran unhas "pipiolas", o seu tamaño actual pasa nalgún caso dos 5 metros de altura (non as medín, así que admito outras alturas); e o paseo que conformaban pouco cambiou nestes mais de cen anos, e neste caso "mellor así".

2/5/11

Santo Domingo

Por variar un pouco a tematica do blog, hoxe pensaba poñervos un exercicio; pero o final cambiei de opinión, xa que me parecia un pouco complicado, o que ia pedir.
Sei que algún de vos seguro que certaba co que vos estou a ensinar, pero serian somentes aqueles que agudizaran a vista, e miraran o sitio que aporta a unica pista que ten a imaxen, (deixando aparte os veciños da rua do Paseo nº 17, daquelas Jose Antonio, que soo con abrir as ventas, era a vista que tiñan).
O amigo Florentino Moretón, autor e propietario da fotografía, enviama e dame os datos; asegurovos que no primeiro momento, non me daba conta, do que poderia ser, pero logo de leer os datos tampouco...
E broma, o que pasa e que esta vista da cidade non me quedouna retina, e penso que a poucos debeulle quedar, cando miramos nesa dirección dende a rúa, (xa que non todos podiamos subir a casa de Florentino); a vista xa quedaba fixa no espectacular abrigo de enredaderas do Chalet Losada.
Vaia xa o disen; pois si detras do chalet Losada ainda que moitos pensabamos que o xardín da casa non tiña fin, estaban as traseiras da rúa Santo Domingo, esta e a proba.
A fotografía feita por un bo afeccionado, no ano 1965 (o propio Florentino), mostra ainda a casa que no seu día ocupou a familia Malingre, na rúa de San Domingos, o seu caron xa estaba feita a casa onde estivo Radio Perez, e comezaba a sobresair na zona, a casa da esquina de Bedoia co Parque, onde esta o Gaimola.
Grazas Floro, manda mais; e de paso un xiro se podes.

1/5/11

Dia da nai

Facer o blog, e certo que me quita tempo, e que calquera día botanme da casa, e do traballo; por eso teño que aproveitar un dos beneficios que me aporta.
Cando toca dar as grazas ou felicitar a alguen, non teño que gastar un can, (porqué sera que algún di que son un "pouco" rata?; a pesares destes detalles penso que esta nun "craso error").
Hoxe día da nai, (o resto dos días seran do pai?), vouvos facer un favor a todos, e podedes aproveitar a entrada pra felicitar as vosas nais tamén. A dama de fotografía, era unha nai, boa nai, pero tamén era unha boa avoa, e no meu caso unha boa bisavoa (supoño, xa que non poiden coñecela; pero polo que sei, era moi boa).
Bo non vou seguir, que teño que ver si me convida algunha nai a comer, a ver si van pensar que o de dar as felicidades e de balde!.
Felicidades a todas as Mamas