Consejos y avisos

7/11/10

Novo Libro de Don Enrique Bande

Esta entrada, e das complicadas, non sei como comentar a obra, sen que algún me rife;  non lembro, se nalgunha ocasión vos dixen, que Don Enrique Bande, foi un dos meus profesores, no Instituto, e dende aquelas, teñolle o respeto que corresponde como tal, (ainda que semella que hoxe en día non e así, pero eu pra certas cousas son un pouco antigo, ou eso din os meus fillos...).
Con esta aclaración, corro o risco, de que si falo moi ben do traballo, algún dos meus compañeiros daquelas, pode pensar que estoulle a facer a "pelota", e si o critico, pode ser que el se me enfade, e ningunha das duas opcions e do meu agrado.
Co cal vou actuar de Galego e non decantarme, por ninguha das opcions.
Facer un libro como este, e unha tarefa moi complicada, o titulo, e como vedes na portada: "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense" 1846-2005.
E un tema que podovos asegurar que me encanta, e fai moito tempo que estou a darlle voltas, de feito, podese considerar, que foi unha das razons polas que naceu iste blog. (outro día explicareivos a relación).
Voume centrar, que senon saireime pola tanxente coma sempre; como vos decia,  o tema e complicado en exceso; Ourense tivo a fortuna de contar cun elenco de mestres, que podese calificar, como "espectacular", algún vaime decir que esaxero, e non llo vou discutir. e cuestion de opinions, e de parametros de comparación. Apelidos como Macias, Otero, Garcia Mosquera, Saco y Arce, Moreno Lopez, Losada Dieguez, Padilla, Soria, Souto, Gaite, etc.(a lista e moito mais ampla, e no libro podedela revisar), dan unha idea, da calidade dos mestres que tivemos en Auria; mais ainda se vos aclaro que nesa relacion, non esta mais cun pequeno porcentaxe, dos que impartiron catedra, no Instituto, a eles teremos que sumarlle, os que o fixeron dende outros centros; e eiqui a lista xa e moito mais longa, non sei se vos soara, Don Amador e Don Saturnino Villar (os Irmáns Villar), Don Ángel Ferrín Moreiras, Don Sinforiano Hipolito Luengo, e a sua dona, Teresa Roquetas (Escola Laica Neutral), Don Vicente Risco, Don Manuel Sueiro, Don José Perez Villalba, Don José Abella, Don Luis Martinez Doval, Don Luis Rivera Feijoo, Xocas, Jaunsaras, Zorelle, Taboada Bonastre, Usich, etc etc etc.
Non sei se estou a conseguir, o meu obxetivo, por si es caso aclarovolo, se de verdad queremos facer un traballo exhaustivo sobre o tema, en vez das aproximadamente catrocentas paxinas que ten o libro, farian falla, a lo menos mil seiscentas, co cal xa falamos de case que una enciclopedia.
Don Enrique habilmente, centrou o seu estudo, no instituto, e no seminario, principales focos da cultura en Ourense, e cita algun dos outros grandes mestres que deixaron a sua pegada na nosa Auria.
Persoalmente, podo decirvos que a información que nos esta a facilitar, e magnifica, e froito dun duro traballo.
O que si lle vou reprochar, e que non me comentara nada, de que andaba nestes lios, porque de seguro que encantado lle houbera facilitado algunha fotografía como esta deiqui abaixo.
Se vos fixades na frecha que lle puxen, ese persoaxe, xovenciño e de gafas, e Don Ramón, daquelas supoño que se lle poderia chamar Ramonciño, pero eu non me atreveria.

6/11/10

Lumbudus

 A entrada de hoxe, realízoa con autentico pracer; en ocasións teño a sensación, de que os namorados da fotografía antiga, somos poucos, (aínda que me animo, pensando que moitas persoas non tiveron acceso a ela, e segundo vana coñecendo vanse unindo ao grupo).
O xoves pola tarde, asistín á inauguración dunha exposición de maquinas fotográficas antigas, encadrada no Outono Fotográfico. A exposición, en si, mostra algúns obxectos, de autentico luxo: tres álbums de retratos fotográficos, en miniatura, (non puiden evidentemente, tocalos, pero a primeira ollada, son ou ambrotipos, ou ferrotipos), preciosos, e difíciles de atopar; unha serie completa de cámaras espía de comezos do século XX, varias das famosas "Leica", un -ladrillo- (Argus C3), dos que fixo famoso a película de Harry Potter; e algunha xoia máis. É unha pequena mostra, da magnífica colección de Don Humberto Ferreira.
A amplitude da sala do auditorio, onde podedes visitala, unida ás necesarias medidas de seguridade, que obrigan a exhibilas en vitrinas, non colaboran ao lucimento dos artigos, pero aínda así, merece a pena darse unha volta pola sala.
O caso é que a entrada non vai dos obxectos exhibidos, senón das persoas que nola traen á cidade.

Fai uns meses, creouse na veciña poboación de Chaves, a asociación "Lumbudus"; tres dos seus integrantes, fixeron na sala, a súa presentación; e a medida que ían expondo as súas inquietudes e obxectivos, a mín dábame a impresión, de estar escoitando a calquera dos integrantes, da nosa asociación, o "Arquivo visual Ourensán". Terminada a presentación, establecemos unha agradable conversación, na que confirmamos, a similitude de obxectivos, co cal de xeito inmediato, mutuamente, ofrecémonos a unir esforzos.
Irémosvos facilitando aos poucos máis datos. De momento recoméndovos que visitedes un dos blogs, que esta asociación ten na rede, (son varios), se o percorredes con atención, é posible que nalgún momento, parézavos que estades vendo, "Ourense no Tempo" iso si, no canto das nosas rúas e prazas, transportástesvos ás de Chaves. Pra visitar o blog, preme eiqui, Chaves Antiga
Gozade a visita.

5/11/10

Residencia "Gomez Ruiz"

En ocasions, tirome o ruedo, e non levo protección; son privilexios de facer esto por hobby.
Esta e unha desas ocasions; fai tempo que me deixaron a fotografía que tedes arriba, e chamoume a atención ver o nome que se lle puso a esa  Residencia Sanitaria, (hoxe centro de salud Valle Inclán), supoño que pola miña "curta idade", non lembro que tivera ese cartel na fachada, e de feito pra mín o Sanatorio "18 de Julio" sempre foi outro, o ubicado na Rúa Xoan XXIII, (hoxe centro de salud Novoa Santos).
Estes días, o amigo Candido Ventim (do Arquivo visual ourensán), remitiume a que vos mostro debaixo, que mostra o mesmo edificio, cunha moderna ambulancia, agardando pra sair rauda pra prestar un servicio.
O ser xa duas as fotografias dese centro, en fechas pasadas, non quisen privaros por mais tempo de ollalas, pero non dín conseguido información, sobre este señor que daba nome a Residencia "Adolfo Gomez Ruiz"; atopei un cabaleiro así chamado, relacionado co Opus Dei, pero non fun quen de relacionalo ca nosa cidade, polo cal non estou certo de que fora él.
Como entre os socios do Arquivo visual Ourensán, temos uns cantos facultativos, algún deles tamén administradores de blog, (Cartas de Aloysius ,Diario de un médico de guardia Medycine ), espero que me podan botar unha mán.
Poderia falarvos da Sanidade tan en boga nestes días, pero sabedes que este blog e un xeito de evasión, e non quero que a miña pouca cabeza, se quente mais da conta. Tamén poderiamos facer un pequeno paseo polos centros sanitarios da cidade; pero ainda que vos pareza extrano, ese tema daria pra facer un libro, son mais dos que pensamos; entre o hospital da Trinidade, (que non esta claro, que fora o primeiro), pasando polo Hospital de San Roque (onde hoxe esta Correos), logo, o que se considera primeira residencia sanitaria, na rúa Progreso, onde estaba (Vanessa), e a última ampliación do CHOU, podemos estar falando perfectamente de mais de 70, centros sanitarios. Así que este tema, sera outro dos que queden pendentes. 
Se tedes datos deste centro, e o cabaleiro que lle daba o nome daquelas, xa sabedes o meu mail.    

Por si non leedes con claridade, o rótulo da ambulancia, (a fotografía e dun libro), di así:
"Delegación Nacional de Sindicatos
Obra Sindical 18 de Julio"

4/11/10

José Suarez

Como case sempre, ando estes días a pedir desculpas; o motivo hoxe, e ter esquecido, a un dos fotografos mais recoñecidos, internacionalmente, de procedencia Ourensá. Don José Suarez.
Na miña descarga de responsabilidade, teño que decir, que este afamado fotografo Ourensan, (pra ser mais exacto, Alaricano), ainda non tiña aparecido polo blog; porque existen profesionais infinitamente mais cualificados ca mín, pra falarvos del, sen ir mais lonxe, o amigo Xosé Luis Suarez Canal, quen e sobriño do artista. O caso e que fora cal fora a causa, non era loxico que Don José non xirara visita o blog. 
Agardando que Xosé Luis, o outro profesional, me remitan unha entrada de agasallo pra o blog, polo de agora teredevos que contentar (e penso que tiña que vos servir), ca que xa esta na web do C.E.F. Vigo, pra vela, preme eiqui.
O unico motivo e o de ter xuntos a todos os fotografos de Ourense, ou relacionados con Ourense, nun mesmo blog, pero no caso de Suarez, tedes na red, e nas librerias, (ou bibliotecas), moita informacion.
A xeito de comentario persoal, (non sei se xa o sabedes, pero como fotografo, son un autentico desastre, vale, tamen o son en moitas mais cousas, pero que lle vou facer, eche o que hai.... ); soo podo decir que as suas instantaneas, mostran unha sensibilidade, non habitual; a maioria das suas imaxes, mostran xente, e mais concretamente, rostros, neles sen moito traballo, poderedes descubrir o sentir deses persoeiros, ledicia, tristeza, sorpresa etc.
Ollade os recortes que vos poño o final, e decime se non e así.....   

3/11/10

Ourense dende....

Non e a xeito de exercicio, mais ben a modo de reflexión, mostrovos hoxe esta fotografía, penso que da primeira parte dos sesenta.
O que se ve, e significativo, o fondo, a igrexia de Fatima, non se pode ver se xa rematada ou non, pero lembrovos que acabouse de rematar a obra, no sesenta e dous. agudizando a vista, vemos a igrexia do Santo Anxo, (non e sinxelo vela, xa que a pedra estaba moito mais oscura que a de Fatima), seguindo pola zona, tamen se pode ver a cheminea dos Malingre, que algún día vos mostrarei unha fotografía, na que se ven duas chemineas industriais, moi cerquiña, a unha da outra, e unha sei que e a famosa de Malingre, pero a outra, polo de agora non teño nin idea. (xa pensei se poidera ser a da electrica do Balvis, o peda Ponte vella, pero noo me cadra o angulo).
Eiqui no primeiro plano, o interior do Simeón, a esquina da Deputación; e reinando no medio da imaxen, (non da barra do último bar que vimos aberto, como diria Sabina). O añorado Hotel Roma, co seu espectacular remate no tellado.
Todo eso vexo eu, e seguro que vos tamén, o que eu non consigo, e si podedes, gustariame que me axudarades, e dende onde se sacou a fotografía, pode ser na terraza do edificio de Dorzan, pero vense moitos tellados, que penso quedarian por detras deste; dende algún tellado da rúa Irmans Villar, (San Fernando), non se me ocurre cal ten a altura bastante, pra obter ese angulo, e a outra opcion, que se me ocurre, e na torre da Catedral, pero esta pra mín un pouco lonxana, como pra dar ese angulo.
Se tedes algunha idea, sabedes que me encanta recibir a vosa axuda, por certo sigo buscando a identidade da señorita da pasada semana, sei que e moi complicado, pero a ver si algún dos da quinta dos setenta aniños, lembra esa beleza.