Consejos y avisos

15/11/09

A Praza das Mercedes

Xa postos a dar as respostas, onte foi a da catedral, e hoxe tedes esta.
Neste caso, as respostas foron todas acertadas, segundo parece, o escalón que se via na outra imaxe (do día catro de novembro), e moi identificativo da Praza das Mercedes, e de feito conservase hoxe en día, (achegadevos o Pub "Seven" e veredelo).
Nos mails, recibin tamen algún dato novo pra mín, (non e extrano), un deles e a posibilidade da ubicación no contorno da praza, do Centro Obreiro da cidade alo polo 1885, quen mo di, non e quen de ubicalo con exactitude; eu penso que poderia ser no edificio da recadación, (hoxe coido que Pub "Fortuny"), pero non podo aseguralo, espero que algun de vos teña o dato e nolo comunique.
Nesta imaxe que vos poño hoxe, o carteliño da sapateria "Coello", penso que non da lugar a ninguna dubida, e serve tamén, pra que vexades as casas que tiveron que caer pra dar entrada a rúa Cabanillas.
Tentarei a proxima vez que vos poña deberes, darlle unha dificultade media, nín tan complicado coma o da catedral, nin tan sinxelo coma este.

14/11/09

O exercicio da catedral

Xa vos dixen fai uns días, que tiña recibido mails, en resposta a pregunta de que fora o que pasara ca estructura que tiña a catedral na nave central. (revisade as fotografías da entrada do día 7 de outubro, podedes escribir catedral no buscador e xa vos aparece).
O caso e que a maioria dos mails daban, mais que datos, suposicions, e en vista delo, aproveitei un encontro casual, con Don Miguel Ángel González García, (canónigo arquiveiro da Catedral), pra que me orientase sobre o tema.
Agradecendolle a sua atención, podovos dicir, que a estructura era a base do organo da catedral, e no ano 1934 o Bispo Cerviño, decidiu retirala, ca finalidade de dar mais amplitude a nave central; pra facelo contou ca colaboración do arquitecto Palacios.
A modificación, encadrase no proxecto do Bispo Cerviño de renovar e axeitar o conxunto catedralicio, (se revisades as entradas que non blogue estan da praza do San Martiño, veredes que as intencions eran dunha gran envergadura, posiblemente e coma sempre o tema economico foi o que somentes permitiu levar a cabo pequenas obras).
Non entrando a opinar, mais que dende o punto de vista estetico (persoal), penso que se conseguiu dar mais luz a nave central, e a vista dende o portico ata o altar maior agora e espectacular.

13/11/09

Casa Taboada

O ano 1918, comezou a xestarse a construción do edificio máis representativo do modernismo, na cidade.
Case desde o primeiro momento, coñecéuselle como Edificio Taboada, (debido á botica que no 1935 instalouse no baixo, propiedade de Dona Josefa Taboada Allú), aínda que, diversas fontes, asignan a propiedade á familia Anta (Alejandro Anta Nóvoa, solicitou a licenza o 19 de Novembro de 1918).
O bosquexo, é xa, de seu unha xoia, e mostra o proxecto inicial, de Don Daniel Vázquez-Gulias Martínez, (segundo o libro de Dona Mª Vitoria Carballo Calero "La transformación de una ciudad - Orense...", o proxecto atópase "desaparecido").
Non podo confirmarvos, se nun primeiro momento, chegou a contar con esa preciosa cúpula que remataba a estrutura, o certo é que actualmente non a ten, do mesma xeito, que se aprecian mais modificacións na fachada (baixo).
O que si podo afirmar, é que o edificio está considerado como a obra cume do modernismo en Ourense, como ben afirma dona Mª Victoria Carballo Calero, no seu libro, "achégase a unha concepción gaudiana" (en referencia ao arquitecto Antonio Gaudí).

Buscando información pra facer esta entrada, descubrín a existencia doutro libro biografico sobor de Don Daniel editado por "Caixanova", ao cal non teño acceso. Esperemos que algún alma caritativa póidamo prestar.

12/11/09

Foto Color (Lisardo Mazaira)

Non estaba previsto facer esta entrada, e de feito tiven que mudar o orden, de publicación, esoutro día o amigo Lisardo Mazaira, a quen levo moito tempo pedindolle unha entrada de colaboración, tivo o despiste de deixarme esta fotografía, e como lle consta que non ando moi ben de tempo, deixoume a explicación dela escrita de puño e letra.
Pra non darlle lugar a que me diga que non a publique, voume arriscar a utilizar a politica de feito consumado.
Pidolle desculpas, pero coincidiredes conmigo que faino ben, e poderia repetir con outra entradiña mais.
" A fotografía ten un valor engadido, aos persoaxes que nela saen; tratase posiblemente da primeira fotografia que se fixo en color, no estadio do Couto.
Corria o mes de setembro, do ano 1964, naquela época, comenzaban a facerse as primeiras fotos en color, habia que envilas a Madrid, pra que as revelasen, e dali mandabanas a Estados Unidos, (eiqui ainda non habia laboratorios capaces de facelo).
Na fotografía vemos a alineación do A.D. Couto na primeira alineación da tempada, ian xogar o encontro fronte o Arenteiro, o resultado como dato anecdotico foi 3-0 prol do equipo da casa.
Na foto de esquerda a dereita:
Silvio - Cebreiros- Mazaira - Lozano I - Chuchin - Senén
Lito - Chicho Rubio -Perla - Muguerza - Lozano II. "
A fotografía e da colección de Lisardo, que ocasionalmente tamén se atopa na imaxe, o fotografo daquelas debeu ser algun amigo.

11/11/09

Zarzuelillas no Liceo

Mea culpa, Mea culpa.
Si, é certo, unha sociedade lúdico cultural como é o Liceo-Recreo Ourensán, (hoxe só "Liceo"), tería que aparecer con moita mais frecuencia neste blogue, pero realmente, e que existen un blogue e unha páxina web, feita pola propia sociedade, coa que de ningún xeito podería competir.
É por iso que as súas aparicións son e serán puntuais.
Aquí tedes o enlace ás súas páxinas.

Desde a súa creación en marzo de 1850 (Rúa da Obra), foron incesantes as contribucións desta sociedade, á cultura ourensá; desde as exhibicións cinematográficas do Mestre Barbagelatta, pasando por infinidade de concertos, charlas literarias, exposicións, etc.
A entrada de hoxe está motivada polas súas representacións de afeccionados, coñecíaselles segundo coméntanme, polas "Zarzuelillas", grupos de moz@s, (e non tan moz@s), logo de serios e duros ensaios, representaban espléndidamente as obras escolleitas.
Chama a atención o vestiario que lucían os actores, digno de calquera representación profesional.
No caso da fotografía superior, representábase "La Viejecita", de Manuel Fernández Caballero, obra de gran complexidade, e que con todo os nosos paisanos, polo que se comenta defenderon de forma maxistral.

Nas fotografías, que supostamente corresponden á década dos 60, só podo confirmarvos a presenza de don José Luís Feijoo Montenegro e Alonso, o resto de integrantes da compañía espero que algún de vós póidao identificar.

Estoutra imaxe corresponde á representación de "Katiuska", con música do mestre Pablo Sorozábal, da que os nostálxicos podedes oír un fragmento que aquí vos deixo.


Falando con algún vós, decateime dun pequeno detalle, non hai consenso, en canto a se os grupos eran totalmente amateurs, ou tiñan axudas económicas, deixo ese punto nas vosas mans, para que o aclaredes.