Consejos y avisos

20/1/09

Traballar como un "Burro"

O burro.
Fotografía propiedade de Alberto Vazquez Losada.
Observando esta fotografía, cando alguén di "traballei como un burro", penso que non se axusta á realidade, mirade senón como traballan os burros, (habemos de recoñecer que a carga non é que fose moi pesada, eran "carqueixas", pero o volume se que é espectacular).
A fotografía tomouse ao redor dos 50 na rúa da lúa, onde había unha carboeira.
Gracias o amigo Alberto "Mamma Mia", polo xeneroso prestamo de material documental e fotografico.
Unha aclaración, a fotografía e propiedade del, que non haxa suspicacias, il non sae nela.

19/1/09

As Burgas

Postal facilitada por Armeria Marcial

Preciosa imaxe das Burgas, con dous detalles:
Na marxe dereita vese un anaco do muro traseiro do antigo Colexio Cisneros, (que sei que buscan fotografías del).
Observar que xa naqueles tempos, as Burgas debían ser un punto de gran afluencia de público, como demostra a publicidade que o señor Perille mostraba do seu negocio.

Maristas Outro Grupo dos nados 58-59

Volvo darlle as gracias o amigo Carrión, pola velocidade en contestar, adiantouse a un par deles.

"Quinto curso de bacharelato 1973-74.
A foto, se mal non lembro, foi tirada en xuño’74.
É curioso que aínda saúdo a algúns dos fotografados pero non lembro os nomes!

De esquerda a dereita, dende arriba:
1.- 1- Francisco Romero García, 2- ?, 3- Servando, 4- José (ou Juan) Carlos Lorenzo Rodríguez “Pistolas”, 5- Justo Salgado Sánchez, 6- Alejandro, 7- Muniz, 8- ?, 9- Xosé Lois Carrión, 10- Alfonso Fírvida, 11- Barandela.

2.- 1- José Luis Rodríguez “Machicha”, 2- José García Gallo, 3- Nóvoa, 4- Pedro Araújo Nespereira, 5- Arturo Alonso, 6- José Maria Arrojo Martinez, 7- ?, 8-José Gómez-Randulfe Alvarez, 9- Manolo Abellas “Novélulas”, 10- Castellanos, 11- Dominguez, 12- Manuel Méndez “Rizos” (se non me trabuco na identificación, finou en agosto’74).
3.- 1-?, 2-– José Javier Gómez Rodríguez, 3- ?, 4- Alfonso del Rio, 5- José Antonio Rey Quintas, 6- Jorge Martínez Osuna, 7- Miguel Alvarez Deza, 8- José Manuel Pérez Fernández, 9- Juan José Rodríguez Fernández, 10- José Manuel Sánchez.
4.- 1- Juan José Jardón Vazquez, 2- ?, 3- Jesús Suárez, 4- Miguel Nogueiras Mascareñas, 5- Antonio Reverter Sánchez, – Titor do curso: irmán Lucio (ao igual que os restantes profesores, este tiña tamén o seu alcume polo que era coñecido: era “Pinueve” porque Pinocho era pouco cando nos referíamos ao seu gran nariz, ) 6- ?, 7-, 8- Javier Fernández Seara, 9- Paredes, 10- Blanco.

Un saúdo e deica pronto"

Xosé Lois Carrión
As achegas en bermello, son obra do Amigo Juan Raul Lorenzo Rumbao. Grazas
Se algún prefire que se obvien os alcumes so ten que decirmo, de todolos xeitos, o seu era que foran simpaticos e con gracia, raro era que se buscase a agresión.

Antigos Alumnos Salesianos

Aquí tedes outro grupo do Colexio Salesianos, creo que corresponde a unha reunión de antigos alumnos entre os anos 51-53, podedes ver que o colexio aínda estaba en obras.
Se me facilitades datos sobre ela, publicareinos encantado.

Orfeón Unión Ourensana