Consejos y avisos

18/1/09

Os Franciscanos

Porta.
Pórtico da igrexa dos Franciscanos
Esta fotografía, desde o meu punto de vista é incrible, quero supor que foi tomada, mentres se efectuaba o traslado da Igrexa, desde a súa localización orixinal en Cima dá Vila (San Francisco), á que no ano 1929 decidiron, (non vou opinar se con acerto ou non), os dirixentes de quenda, San Lázaro.
Se é así, fixarvos que a igrexa por dentro xa estaba baleira, o estado das pedras laterais inferiores era lamentable,o deseño da entrada a sufrido unha modificación (podedes observar que había uns chanzos, que na actualidade desapareceron, non sei si xa se fixo no momento do traslado, ou foi unha modificación posterior), e a porta de madeira posiblemente presentase un estado irrecuperable.
A fotografía posiblemente realizouna o gran José Pacheco (cantas imaxes interesantísimas da nosa historia debémoslle a este insigne artista?), pero non o podo confirmar por non estar asinada, o que si podo confirmar e é o que me fai asignar a autoría da imaxe, é que estoutra fotografía realízoa Don José e publicouse na revista Branco e Negro

Colocación da Primeira pedra da Igrexa dos Franciscanos no Parque do San Lazaro

Aldraba no Pazo Gaioso-Montenegro

Teño que recoñecer, que entre todas as aldrabas que actualmente podemos atopar na cidade, esta destaca por ser a mais grande.
Esta colocada no Pazo dos "Gaioso-Montenegro", Praza das Damas. (actual edificio da C.E.O.)

17/1/09

O chocolate

Vou aproveitar esta entrada, para recordarvos algo importante.
As fotografías que aquí se mostran, son de diversas procedencias, algunhas proveñen de organismos públicos, co cal a súa difusión é libre, outras forman parte da colección de fotografías familiares e ou persoais, que só con que mo pidades na gran maioría dos casos autorizareivos a utilizalas, o problema esta nas que ceden particulares, co único fin de que as publique no blogue, estas se queredes utilizalas, teredes que dicirmo, e eu poreivos en contacto cos propietarios, que na maioría dos casos daranvos o seu permiso, pero é necesario solicitalo.

Fotografía e texto de Xose Lois Carrión
Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-.
Foto Villar, 1931.
Esta foto, xunto a outras, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díez de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).
O meu mais sincero agradecemento o amigo Carrion pola colaboración.

16/1/09

Unha fonte viaxeira

Feira.
Nesta cidade o tema fontes, sempre tivo o seu aquel??.
Hai quen di que son roubadas, hai quen considera que se rescataron, en fin, opinións que cada un ten a súa, e todas téñense que respectar.
Non é iso o que eu quero recordar, as fontes desta cidade, o que ninguén pode discutir é que foron sempre moi viaxeiras, a ver se vén de aí "a afección do Ourensán por emigrar".
Algunha hai que xa coñece dous ou tres zonas verdes, outras son mais de prazas, en fin "liberdade", coido que elas non deciden moito.
Esta da imaxe en concreto estaba pasando unha tempada no campo da feira (o cabo do rio, preto do pabellón), facendo unha substitución dunha pequena que xa vos ensinarei outro día, pero viña dunha Praza (creo?, ou ía xa non o sei ), a do Trigo, isto póñoo con todas as cautelas, porque xa non lle dou máis voltas dixéronme que era a Fonte Nova.., que si ..que era, pero antes non tiña o depósito., que non era a Fonte Nova, que o remate era diferente....., a mín non se me asemella nadiña, pero......
Opinade vós se facedes clic na pestana fontes, apareceravos debaixo desta, a Fonte Nova, e un pouco máis abaixo a actual fonte da praza do trigo.
Agora en serio, a Fonte Nova creo que é evidente que non é, o que si é, é a mesma fonte que actualmente ocupa o lugar da Fonte Nova, onde está a Fonte nova???????????????.
Se algún ten datos agradeceríalle facilitásemos.

"Bodegas Gallegas" (Nós)