Consejos y avisos

7/11/08

Estudo Schreck (Unha Saga de artistas)

Don Alberto Muro y Ernesto Schreck Schültz, Muro y Mata
Corría o ano 1922 cando recala na cidade Don Ernesto Schreck Schültz, nacido en Küstrin Alemaña o ano 1897 (hoxe Kostrzyn anexionado a Polonia). Chegaba recentemente casado, con Dona Adoración Muro Gutiérrez, e con moitas ganas de mostrar as habilidades adquiridas, durante un periplo de sete anos por Europa, os tres últimos en España, Barcelona, Zaragoza e Logroño, cidade esta onde traballa con outro gran fotógrafo da época, Don Alberto Muro, que ao cabo se convertería no seu sogro.
A fortuna quixo que nese momento outro gran Fotógrafo, Don José Samaniego, desexase traspasar o seu estudo de rúa Luís Espada (Cardeal Quiroga), aínda que a data de chegada de Don Ernesto sexa no ano 23, non seria ata setembro do 1925, cando no diario "La Zarpa" anúnciase o cambio de titularidade do estudo. Os primeiros anos son moi duros, a competencia estaba exercida por outros dous grandes profesionais con estudo na mesma rúa, (Pacheco e Bruguera), e só a base de tesón e profesionalidade, conseguiu facerse un oco entre eles.

A substitución chega no ano 1951 da man do seu fillo Ernesto Schreck Muro, o cal a pesar de ter o listón moi alto, consegue manter o prestixio da empresa a gran altura, logrando obter o recoñecemento, non só da súa clientela ourensá, senón que empeza a ser un referente da fotografía artística en Galicia.
Na actualidade o equipo formado polo terceiro Ernesto e a súa esposa Enriqueta, xunto con Isabel, a irmá de Ernesto, continúan retratando ás familias Ourensás, co mesmo interese e empeño, adaptándose ás novas tecnoloxías, pero intentando non perder nunca o encanto da vella fotografía de estudo.
Para mais información www.schreck.es

6/11/08

O Urbano

Fotografía propiedade da familia Pereiro
Fai uns meses, xa vos falei dos municipais de Ourense; estes días caeu nas miñas mans esta fotografía, e aínda que sigo buscando unha que deixe ver o trono que por seguridade lle construíron neste cruzamento (Concordia con Progreso), de momento gozade desta, ademais o coche que aparece, creo que merece a pena de ver.
Penso que debe corresponder a finais dos 50 comenzos dos 60, pero non o aseguro.

5/11/08

"La Voz Pública"

Aquí temos outro dos diarios que colaboraron a labrar a sona da pequena Atenas (Auria).
Saíu á rúa, da man de don Francisco Álvarez Nóvoa (colaborador habitual da prensa ourensá, e director dalgún diario mais a parte de iste), e de don Ceferino Valencia Nóvoa entre o 1915 e o 1916 como moitos deles, supoño que realmente por temas económicos, a súa vida foi curta, finou no 1918, como di na súa cabeceira xestábase todo o traballo na Praza de "Topete", actual praza de "Os Suaves".
A verdade é que posiblemente deixase aos seus lectores famentos, xa que soamente contaba con 4 ou 6 páxinas.
O idioma empregado era o castelán, e a súa tendencia era liberal.
Para ampliar datos déixovos aquí o enlace o blogue de David Paz Nóvoa que realizou un articulo de gran calidade, e de ningún xeito eu me atreverei a emendar.
http://madialevo.blogspot.com/2007/06/lvarez-de-nvoa-xornalista-i.html

Os traballadores do ferrocarril

Fernando
Fotografías da familia Docampo
Cando nos E.E.U.U. fíxose o camiño do cabalo de ferro, utilizábase man de obra estranxeira, e as condicións de traballo eran lamentables, nestas fotos podemos ver a un grupo de ourensáns durante esas obras.
É broma, aquí vemos a un grupo de amigos, algún seica traballaba nas obras, pero era na construción dos túneles de San Francisco, o de peóns e o do tren, a finais dos 50, recordamos que se inaugurou no 58.

Non só era fútbol


Publicado no diario "La Región" ano 1945
Cando non había partido unha das poucas opcións que se tiñan, era o cine, daquelas non era estraño quedar sen entrada, e as colas eran interminables, para a sesión infantil, tiñamos que comer rápido, xa que ás dúas e media había que estar para coller a entrada, e despois buscar un bo sitio, afastado das iras do galiñeiro, o costume era tirar as cascas de pipas e outras cousas aos de xeneral.