Consejos y avisos

4/10/08

Vespa Ourense

Esta entrada vai dedicada aos integrantes do CLUB VESPA-LAMBRETTA CLÁSICA DE OURENSE, desde fai tempo Miguel Villar, non se cansa de invitarme a participar nas súas reunións e actividades, e a verdade é que non se debe a falta de ganas, é que non me deixa a familia, (é broma), non, axiña que poida achegareime, polo menos a facerme socio, para que vexan interese.
De momento e para que teñan unha alegría á miña conta tráiolles aquí unhas fotografías das avoas das súas mozas, para que as gocen, as tres son de modelos dos anos 50, as dúas ultimas podédelas ver en directo na exposición que se celebra estes días do fotógrafo Rizo na Deputación.

Para os que non os coñecedes, aquí déixovos o link á súa páxina, para que tamén vos animedes a coñecelos.

3/10/08

"O Rizo" foto Rizo

Cando me regalaron esta fotografía, comentáronme que o sacerdote podería ser Don Basilio Álvarez, "O Abade de Beiro", a min non me parece que sexa, e polo aspecto do sacerdote, non me corresponden as datas, pero como non teño forma de confirmalo, déixoo ao voso criterio.
* Penso que pode ser Don Jose Perez Mouriño, parroco de Beiro, co cal si que houbo coincidencia no tempo Corrección feita 0 15-10-08.
A actualidade manda, e aínda que esta entrada era para mais adiante, como nestes días podemos admirar unha exposición de Xosé Vazquéz "O Rizo", no Centro Cultural da Deputación e conseguir un belo libro coa súa obra, elaborado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, magoa que non se acordasen de incluír algunha foto das que facía no seu habitual posto de traballo, (Cruzamento de San Miguel, con Paseo, Xardínillos do Padre Feijoo).
Aquí déixovos algunhas fotografías súas que non están na exposición.

Naceu "O Rizo" o ano 1917 en San Xoan de Camba (Castro Caldelas), e faleceu en Casasoá no 1975, dedicou toda a súa vida á fotografía popular, o seu traballo desenvolvíase na rúa maioritariamente, os traballos de estudo deixábaos para outros compañeiros.

No diario "La Región" de hoxe, 3-10-08 podedes atopar un articulo asinado por Sonia Torre, con detalles sobre a súa vida e a súa obra.

Plano do 1868

1868

Un dos mais antigos e fiables, dos que se dispón

1/10/08

Orense (Tres Arroyos, Argentina)

O ano 1843, o ourensán Ramón Joaquín Manuel Cesáreo García Valcárcel, Ramón Santamarina (1827-1904), pai da Sra. Marquesa de Atalaya Bermeja Doña Angelita Varela , emigrou a "A Arxentina", como moitos outros paisanos, o seu foi traballo, esforzo e imaxinación, (supoño que tamén un algo de sorte, dado que en moitas ocasions tivo a sua vida en perigro), o caso é que entre outras moitas cousas, que podedes ler nestes dous links
na sua memoria fundouse un pobo por aquelas terras, na provincia de Tres Arroyos, que se chamou Orense en lembranza da súa terra, esta situado na costa atlántica, a mais de 500 Km. de Bos Aires.
A 17 Km. da poboación atópase o enclave que vedes na fotografía (dos anos 50), chámase Balneario Orense (tamén coñecido por Punta Desnudez).
Tentarei conseguir mais fotografías da zona, das xentes e do fundador, pola colaboración dun ourensán, de alí, Sebastián Roppel.

Mais promocións dos "Maristas"

Promoción, posiblemente do ano 23, co Sr. Director Irmán Leopoldo, pousando diante da máquina de cine doada anos antes, polo Sr. Bispo da Diocese, Sr. Don Eustaquío Illundáin, nunha das súas múltiples visitas ao colexio.
Fotografías arquivo Irmans Maristas
Alumnos do colexio curso 1920-21 (no patio do colexio dos Santos Ánxos, de aniversario maña día 2 de Outubro)