En 1922, La Zarpa
promoveu o uso dese día pra lembrar a aqueles que tiveran que emigrar, e que
puidesen sentir o apoio dos seus seres queridos. e así xamais esquecer as súas
raíces
Xestando o Día de Galicia
A miúdo atopo referencias en vellos papeis, sobre como
xurdiu a celebración do Día de Galicia, e coido que sería interesante lembralo.
A
comezos do século XX, cando os nosos "maiores" viron na emigración
unha solución ás súas necesidades, comezou a tomar forma. Non era de ningún
xeito, unha reivindicación política, na miña opinión, xurdiu máis como unha
necesidade de relacionarse e, sen dúbida, axudarse mutuamente. Xa era bastante
duro estar lonxe da familia, e porriba sentirse só…
Incluso inventamos unha palabra para describir
esa necesidade: "Morriña". Con ela falamos dun sentimento que moitos
identifican coa tristeza, e iso é posible, pero tamén podería ser un xeito de
atopar a forza pra rematar a tarefa e volver cos seres queridos a tua terra
natal.
Reunirte,
e falar desas montañas, cantís, vales e praias de area que deixaran atrás era
unha maneira de alegrarse, se es caso cando a lembranza te levaba a “naiciña”,
era sinxelo ver unha bágoa correndo pola meixela. O certo é que os gallegos
temos un carácter difícil de entender, con actitudes que poderían interpretarse
como sensibles ou débiles. E, con todo, sempre soubemos afrontar os desafíos
con coraxe. Viches os centros gallegos polo mundo?
Centro Gallego na
Habana fotografía do 1919
Non teño
o dato exacto de agrupacions (Centros Gallegos, Casas de Galicia, etc etc),
espallados polo mundo que levaron a nosa lingua e o noso carácter alí onde se
asentaron. E sen esixencias, sen imposicións, conseguiron que o sentimento, en
vez de esvaecerse, se multiplicase, dando lugar a un sentido de identidade
galeguista en todas as xeracións posteriores. É certo que foron recompensados
ao poder volver, en moitos casos, aproveitando esa identidade galega de avós
e bisavós, pero é unha recompensa merecida.
Eles foron os impulsores da creación do Día de Galicia, pero
non pra celebrar nada en particular, os seus corazóns estaban cheos dese
sentimento, o que si querían era unha escusa pra reunirse e sentirse como na
casa, escoitando a todos os que os rodeaban falando en galego e sobre Galicia. Nos
bos tempos da emigración houbo moitas figuras culturais, convidadas e
magnificamente agasalladas por ir visitalas; poetas, escritores, actores, todos
eran benvidos, pero sempre que era posible, eran os coros, orfeóns e grupos
musicais os que triunfaban entre os nosos vecinos. Escoitar a muiñeira de Chantada na Habana,
aínda que fose bebendo unha Tropical en vez dunha “Estrella”, era un pracer....
De Galegos.
Probade a facelo hoxe, pechade os ollos e poñede a Muiñeira
de Chantada e xa me contaredes onde estiveches….
FELIZ DIA DE GALICIA.
Esteas onde esteas
D´amor
e d´entusiasmo
Tembra
a Nación Gallega,
D´amor fervendo o curazon fumega.
José
García Mosquera 1858.
No hay comentarios:
Publicar un comentario