Miro nunha das suas caracterizacions |
Neste mundo das redes, en ocasións tes a fortuna de contactar con xente moi
interesante, e sempre disposta a colaborar. É o caso que hoxe vos presento. Edelmiro
Martínez Cerredelo “Miro”.
De certo, os que gozades revisando a historia Ourensana xa o coñecedes, grazas
a el A Limia, esconde menos secretos. “Historia
de Xinzo de Limia”, “Historia e memoria. A Limia: 1931-1953”, “A prensa en
Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925)”, son tres obras imprescindibles pra
todolos ourensans e moi recomendables pra todo o que queira coñecer a historia
desa fermosa terra galega. (A súa produción conta con a lo menos que eu saiba
dous títulos máis, pero polo de agora non figuran na miña biblioteca).
Miro e o mais baixo |
Pero bo, hoxe non se trata de falar da faceta
de historiador de Miro, si non doutra mais simpática.
Miro é un dos habituais animadores do Entroido en Xinzo. Desde moi pequeno
viviu esta época do ano como algo moi especial, e a súa pantalla ha ido
crecendo con el como marca de identidade. Algunha fotografía prestoume cunha
das súas primeiras pantallas, pero non sei si coincidiredes comigo que Miro ten
unha habilidade especial pra o disfraz de mascarita. No encabezamento, e por eiqui abaixo tedes dous das
súas espectaculares caracterizacions.
Ten outra faceta que o completa como carnavalero (fáltame saber que tal pégalle
ás rosquillas e bicas, pero todo andarase), que son as súas postas en escena de
grupo. Unha das máis lembradas seguramente é esta que el mesmo relátanos no seu
Facebook.
A "TVE", no entroido Limian da man de Miro e os seus amigos |
"No Entroido de 1977
fixemos correr a voz de que o martes de Entroido as 5 da tarde a TVE en Galicia (acababa de instalarse
en Santiago), faría unha filmación. A hora indicada, a praza a rebosar,
aparecemos nós cunha carretilla elevadora convertida en cámara de TV. O
conductor era o Aurelio "Chaveiro", e na plataforma eu de cámara con
peluca rubia e larga, meu irmá Chicho de axudante e dentro da TV o me primo
José Luis Fariñas "Catá", e ademais dúas azafatas: Tere e Marité, que
levaban o micro a xente que entrevistabamos. Tamén fixemos entrevistas aos
espectadores nos balcons das casas.
Houbo bastantes mais ocasións que seria interesante recuperar, pero por fortuna o propio Miro faino compartindo as súas vivencias con todos nós no seu facebook. Pasarvos por alí e decatáredesvos de como se arranxo a ausencia de banda de música no 64 e unhas cantas anécdotas mais.
|
Outra sinxela pero imaxinativa caracterización de Miro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario