Pouca imaxe, e moito comentario, pido desculpas de antemán polo tamaño do comentario desta entrada.
A imaxe mostra o lugar onde mais anos vivín nesta cidade, xa noutra entrada fáleivos del, e mencione algún dos negocios que por alí estaban na miña época, Avance, Olegario, Diéguez, La Regidora etc, eses eran o centro e norte da miña residencia, hoxe tócalle a quenda ao sur xeográfico da miña infancia.
Pegado a Olegario, que era a "casa de á beira", co seu salón de beleza, de encantadora propietaria, creo recordar que se chamaba "Pepita" (na foto pon Quica, pero supoño que seria anterior a mín), ^pero que coñazo^, (perdón pola expresión), ter que esperar a que á miña nai puxésenlle o casco galáctico (secador), a miña curta idade, non permitía escapadas sen vixilancia adulta, e os venres que sempre tocaba perruqueria era difícil atopar un penitente disposto a pasear ao pequeno.
O Carón da perruqueria, atopamos, eu non o lembraba as oficiñas da Agrupación Deportiva Couto, (de ahí vira a miña afección o deporte, e a miña querencia polo barrio do Couto).
A continuación segundo a fotografía, (os meus recordos non alcanzaban a ese negocio) "La Industrial", segundo datos orais de xente mais antiga que eu, negocio de comestibles e aveños do fogar, (non oso contradicir a miña informante, mais que nada porque ten dereitos maternais sobor de mín pero na fotografía podese ler no escaparate, que tiñan chegado novelas novas, co cal algo de livraria tamén terian, bomas a parte, poñoo en pequeno por medo a miña nai, pero La Industrial era unha das Imprentas da cidade, e tiña o despacho o publico nese local), a continuación (non se ve na imaxen, pero non vos preocupedes que xa vola ensinarei), unha tenda das de verdade, "Santorum", como dicía na placa da fachada de Don Benito Alonso Santorum, (segundo me confirma o meu axudante carrión, non ten nada que ver co actual colmado Santorum), e a continuación o palacio dos golosos, A Confeitería "La Trinidad"; querería continuar, pero pensar naqueles borrachos (hummm), os milhojas (humm), e as cañitas (hum), (por petición popular incluo no lote as tartas de Moka, que tamen se despachaban en porcions, e pa o meu eran un pouco "secochas", secas en cristian) que naquela casa fabricábanse, puxo en marcha as miñas papilas gustativas, e corre risco o teclado do meu computador.
A falta dun estudo mais exhaustivo, coido que a instantanea corresponde os comezos dos 60.
Noutra entrada dareivos mais datos.
Sinto que o texto inicial sufrira unhas cantas modificacions, pero eran correccions necesarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario