Consejos y avisos
30/9/08
26/9/08
Pacheco (Fotógrafo) 1

Unha inxente cantidade de traballos particulares, que se gardan como tesouros nos álbums familiares, e unha enorme colección de fotografías da cidade.
25/9/08
Almacenes "Celso Ferro" Praza de Santa Eufemia

24/9/08
Singer
Moitos recordamos o emprazamento da casa Singer, en Lamas Carvajal, (se non me equivoco, o cartel aínda esta na fachada, a pesar de que se esta reconstruíndo o edificio), pero ao descubrir este anuncio resulta que tivo unha localización anterior.23/9/08
Antonio Berjano Conde (La Habana 1925)
Cando fixen a entrada de Don Alejándro Veiras, decateime que tiña fácil facer a doutro dos meus mestres na escola de Artes e Oficios (por sorte e meu veciño)
, realmente o que mais me sufriu, dos cinco anos que alí estiven, tres tivo que aguantarme don Antonio, na súa clase de Modelado e Baleirado.
froito dos méritos obtidos durante o seu longo período de alumno na escola, (foi alumno de Failde, Nuñez, Gomez Campos e de forma particular, de Prego de Oliver).
22/9/08
Rallye de Ourense
Como dicía a miña avoa, "ninguén é imprescindible nesta vida", e desde logo que non foron xo o Lalao e Coleman os que traballaron para conseguir chegar a tantas edicións do "Rallye de Ourense", pero non podemos negar que a súa entrega e esforzo foron plenos, e sen eles, houbera sido moi difícil conseguir chegar ao mesmo nivel. 19/9/08
"Calber" pasta dos dentes (1901)
Para min foi unha sorpresa, descubrir que "Calber" non era só unha marca de pos de talco, usada cando eu era un pouco mais novo para suavizar unha zona delicada (o cu dos bebés), a parte doutras utilidades.A Porta da Aira

18/9/08
Cen anos "Un mundo para compartir"
Outra "Hestorea"
Ano 1256, Constrúese a primeira vivenda da Rúa Corredoira (Santo Domingo), promovendo a ampliación da cidade.
Marzo do 1832 "Os Porcos non poden pasear libremente pola cidade" Un bando municipal prohibiuno por prevención sanitaria.
Ano 1836 "O Concello decidiu trasladar o escenario da colocación dos cadaveres dos axustiziados, levouno o esporón da Igrexa de San Francisco"
27 de Maio do 1837 "Derrubanse os restos das Portas da Cidade", noutra época puideron ser útiles, no presente impiden a franca ventilación.
Ano 1846, Comenza a funcionar o Instituto de Segundo Ensino e Técnico, na Rúa Nova (Lamas Carvajal), foi o seu primeiro director Don Leoncio Parejón
Ano 1873 "O Concello mercalle a D. Juan Igneson o caserón de Quintáns", daria lugar a apertura da "Travesia" actual Rúa do Paseo
Ano 1875, Erguese a nova casa do Concello, no lugar do antigo.
Ano 1895, Chega o alumado á cidade, é escaso, pero agradecese.
Ano 1901 primeiro ano de celebracción das "Festas do Corpus", sustituen a do "San Roque"
18 de maio do 1952 "Inaugúrase a telefonía automática, a operadora xa non escoitaría a conversación e desde ese día teriamos que gastar o dedo para marcar os "catro" números."
17/9/08
Alejandro R. Veiras (O Director)
deste para min vello profesor.
16/9/08
2º Conto de Xulio Borrajo (1930)
15/9/08
"Descubrindo un edificio" Museo Arqueoloxico

Ao porvos estas imaxes, a miña intención, non é outra que tentar que vos acheguedes a velo vós, é unha oportunidade única, de achegarse ao antigo obispado, por pouco que fagades un esforzo, podedes imaxinarvos, neses salóns e patios, capas sotanás, e ata coroas, (algún día podemos levarnos a sorpresa de que se confirma que por ese edificio pasearon e soñaron os reis Suevos).
12/9/08
Rúa de Colón

11/9/08
Comezo do curso 1908-2008
Primer
Aldraba na rúa Lamas Carvajal
10/9/08
Andres Pereiro
Dende fai tempo, quería facer esta entrada, pero antes era a falta de imaxes, e agora non son capaz de reflectir o que exactamente me gustaría dicir.
9/9/08
Casal do Couto
Do mesmo xeito que no seu día caeu o Caseron de Don Juan Igneson, para abrir a Travesía, (actual rúa do Paseo), no barrio do Couto decidiuse derrubar o Casal do Couto, para continuar a rúa Xose Álvarez González.Unha dama do fútbol
Ás veces os títulos son merecidos, neste caso cremos que Dona Concha "La Concha" se que era toda unha dama, o agarimo e os esforzos que ela malgasto durante toda a súa vida, co Club Deportivo Orense (sobre todo), e co fútbol en xeral, son impagables; quen non recorda o seu enorme veguero, os seus pratos e os seus desgustos cando o resultado era adverso?.O curso enteiro
8/9/08
Confecciones "Demetrio Borrajo" Praza Maior

Na Praza Maior, sempre tentaron ubicarse, os mellores comercios da cidade, era punto de paso obrigado, e iso melloraba a conta de resultados, non se lle daba tanta importancia ao acceso con automóbiles, entre outras causas, porque a súa presenza era pouco mais que testemuñal.
Novas de interese

Logo dunha longa tempada de peche, non por descanso precisamente, o edificio do museo arqueolóxico ábrese ao público, para que se poidan observar os traballos realizados polo momento, segundo os encargados, falta pouco para a súa finalización.
E xa
convertidos en pregoeiros, aproveito para facerme eco da realización, en datas próximas, 13, 14 ,15 de Novembro no auditorio de Ourense, do congreso sobre historia e arte medieval en Ourense, cun magnífico programa de seminarios, charlas e visitas culturais. "La Voz de Galicia"
Felicitar, e agradecer a "La Voz de Galicia", o agasallo que dende onte domingo 7 de setembro, estanos facendo a todos os galegos.4/9/08
As Burgas

Quen non coñece "As Burgas"?, unhas fontes de auga quente, que misteriosamente brotan das entrañas da terra.
2/9/08
Os Maios en Ourense
Aínda que falta moito para os maios, caeron nas miñas mans, grazas á xenerosidade do meu amigo Suso, unhas cantas fotografías con esta temática, e non puiden esperar mais a sacar algunha.1/9/08
O Futbol antes do Club Deportivo Ourense

Nos anos vinte, tiñamos unha gran afección ao deporte do balón, por todos lados xurdían equipos, o problema era a falta de medios, que gañas xa puñan os mozos.





























