Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

4/5/15

As mudanzas de Canedo


   Entre as fotografías que o meu "vello" mestre Augusto Guedes prestoume, están estas dúas que nos mostran un Canedo que acababa de experimentar un dos seus cambios máis significativos.
   O barrio nun curto espazo de tempo, cambiaba unha estación ferroviaria por outra, gañaba un parque, comezaba a mostrar o que pretensiosamente poderiamos chamar "cidade escolar", aínda que naqueles sesenta só estaba visible o "12 de outubro"; perdía tamén un case esquecido ponte de ferro que adornaba As Caldas e aos poucos camiñaba cara a súa actual fisionomía.

Si vos fixades ben, sobre todo na primeira foto, parece que aínda quedan restos do que fora estación de Canedo . Facede clic encima das fotos, que si non cometín ningún erro pódense ampliar a bo tamaño.


No hay comentarios: