Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

18/6/12

O Progreso e o amigo Fausto


   Leva unha tempada o amigo Fausto, colaborando co blog, e son xa uns cantos, os interesantes datos que me ten facilitado. Nos últimos días, está a rematar a relación de negocios que ocupaban o primeiro tramo da rúa Progreso. Para facilitarlle a tarefa, e de paso facer un alto nas biografías, que sabedes que me gusta facer as entradas "salteadas", móstrovos estas dúas fotografías do estudio Pacheco. (Unha de don José, e a outra de Augusto)
   Supoño que non vos custara moito decatarvos de que practicamente son a mesma fotografía, bo mellor dito as fotografías fixéronse ao mesmo sitio, pero en moi diferentes momentos, unha de 1908, e a outra de 1985. Na de 1908, queda claro, que a vida era máis relaxada e "campestre", (para que non vos estrañe o adxectivo, marqueivos cunha frecha o motivo).
   E xa que estamos, permitídeme unha suxestión: De seguir así a economía, moitos cambiaran cans e canarios por porcos e galiñas, polo cal sería interesante que o Concello fose estudando un bando que regule a convivencia dos animais "domésticos" na cidade; non vaia ser que se desmadren as cousas como aconteceu no 23 e houbo que prohibir que os porcos camparan polas rúas ás súas anchas.
    Xa me decatei de que vos puxen doado o chiste, vale!!! Moitos non lle fixemos caso Ao señor alcalde e seguimos saíndo de paseo.
Mañá teremos foto tamén.



O dato impreso na propia copia, posiblemente sexa erroneo como apunta o amigo Tino Corderi, quen o mismo tempo da a posibilidade de que a data correcta, ande ao redor do 1970.

No hay comentarios: