Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/2/12

Rúa Caridade (Fernando Valcarcel)

Da man do amigo Fernando , retomo esta fotografia que no seu día non acompañei do comentario que merecia, daquelas pouco mais vos dixen, que pertencia a un encargo que o diario La Región fixeralle o mestre Samaniego mais  ou menos ala polo ano 1925. 
Polo que nos conta Fernando, vemos outra mostra de que os nomes das nosas rúas sempre tiveron vocacion de danzarinas. 


O 11 de febreiro de 1926, a nosa cidade rendiu unha emotiva homenaxe a Dna Angela Santamarina Alducín, como símbolo de gratitude  pola desinteresada laboura en pro dos pobres, e da infancia desvalida, que se concretou, nun acto público ao que se adscribiron a totalidade de sociedades béneficas e os máis relevantes persoeiros de Auria. 
             Trás os discursos do Alcalde Bobillo, e, o Gobernador Muñoz Delgado, impúxoselle a Gran Cruz da Orde Civil da Beneficencia con distintivo Branco. No mesmo acto fíxoselle  entrega á mentada dona dun libro forrado por Loewe con pel de Rusia, contido nunha caixa roxa de damasco, con debuxos de Jesús Soria. 
            Un día despois, o 12 de febrero de 1926, a Comisión Permanente do Concello de Ourense, acorda por o nome de “Avenida de Angela Santamarina” ao traxecto que vai dende a rúa do Progreso ao lugar onde se atopan o Museo, Igrexa e Asilo para orfos de obreiros pobres que a Marquesa da Atalaya Bermeja levantou e mantivo (hoxe rúa Ervedelo). Este feito nunca se produce,  pero o pobo soubo compensar, polo menos en parte, o agrabio pasando a denominar de xeito expontáneo como “da Caridade” a outra rúa  que circunda o complexo, e, delimitao pola parte dereita, que, dende xuño de 1982 coñecemos por Vila Real polo irmanamento de esta cidade portuguesa con Ourense.

            A “rúa da Caridade”, xurdiu  da iniciativa popular. O  pobo recoñeceu a valía de Dna. Angelita Varela, quen dende a súa privilexada posición económica tentou axudar aos que menos tiñan e máis precisaban.

No hay comentarios: