Consellos

Usar as pestanas que están encima desta advertencia.
Os que non utilizades Explorer, debedes usar as etiquetas que están na dereita o fondo do blogue.
As imaxes das páxinas web non adoitan ser de dominio público, pois están suxeitas a dereitos de autor e teñen copyright.
As imaxes de dominio público son as que o propio autor libera, ou aquelas feitas por alguén que morreu hai máis de 70 anos.
Só se poden considerar imaxes de dominio público aquelas que "explicitamente" son publicadas baixo esta condición.
As imaxes suxeitas a dereitos de autor poderanse utilizar sempre que teña unha finalidade didáctica e sen animo de lucro.
No meu caso, as fotografías que son da miña propiedade, non teño inconvinte en que se utilizen, sempre que non sexa para obter un beneficio.
As que se me prestan con fines didácticos e históricos, depende dos seus propietarios dar a autorización pertinente para seren utilizadas.

Novo mail ourensenotempo@hotmail.com

22/12/11

O A.v.O. nas Galerias Centrais

Hoxe ás oito da tarde, temos unha cita nas Galerías Centrais; como ando a decirvos estes días, o Arquivo visual Ourensán, vai instalar de forma "fixa", (bo realmente se ninguén o estraga; polo menos non s gustaría deixalo ata finais de febreiro), o precioso mural do Estudio Pacheco,
Ourense 1928.
Aínda que vos poida resultar estraño, para aprecialo ben, tedes que ser conscientes, da data na que se realizou, e cales eran os aparatos con que contaba o fotógrafo para o seu traballo.

Hoxe en día calquera teléfono móbil, ten unha tecnoloxía miles de veces superior á que existía naqueles anos, xa non vos digo nada das maquínas fotográficas profesionais. Pois ben; esa limitación de medios, levaba consigo a que fotografías deste estilo, panorámico, presenten as imaxes planas; non son precisamente un especialista no tema, e o ideal é que algún dos magníficos fotógrafos que temos en Ourense, nos dese a explicación técnica.

Para que o entendades mellor, púxenvos hoxe un recorte desa panorámica; o que corresponde coas instalacións da fundición Malingre; na imaxe parece que todos os edificios da fundición, estaban unidos; a cheminea de feito segundo como se mire, pode parecer mesmo que esta enriba do tellado máis próximo na imaxe. Cando realmente o edificio baixo que se ve en primeiro lugar, eran os almacéns que estaban na beirarrúa da esquerda da rúa Ervedelo en dirección a Fátima, e a propia rúa estaba a dividir as dúas instalacións; de feito a cheminea estaría máis ou menos a uns 20 metros de distancia da rúa Ervedelo en paralelo á rúa Ensino.

Creo que vos estou a liar máis aínda.

Ide a ver a fotografía nas Galerías Centrais, e a nada que vos situedes con algún dos edificios representativos, estará todo solucionado.

Esperamos que vos guste, e por favor axudade a que poidamos conservala;
débese mirar, pero non tocar.
Grazas a todos.