Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

12/9/11

As barcas do Miño (Fernando Valcarcel)

Estanse a convertir nunha sección fixa do blog, as colaboracions de Fernando; e pra mín son as millores entradas, xa non somentes pola sua calidade, senon porque aportanme ese puntiño de sorpresa que supoño que vos tedes cas que eu fago. Sigo desexando que algun mais se anime a enviar entradas, seguro que todos temos algunha pequena anecdota que contar da nosa cidade. Animadevos.
Eiqui vos deixo a de hoxe de Fernando.

As Barcas do Miño


Xa non se ven barcas no Miño ao seu paso por Ourense. Non hai tanto tempo, eran moitas as chalanas (pequeñas embarcacións de madeira, de elaboración artesanal), que se divisaban amarradas no lugar da desembocadura do Barbaña no pai Miño.
As chalanas ou gamelas da fotografía, non tiñan “quilla”, o que facilitaba a carga e descarga do produto e o desplazamento da embarcación en terra. Sobre os laterais da mesma levantábase un entramado de madeira que facilitaba a estabilidade a bordo. Os homes que a gobernaban (case sempre eran dous), guíaban a barca con remos ou varas ata o lugar máis axeitado onde tiraban a rede que se tensaba coa corrente e atrapaba salmóns, troitas, e sábalos. No Miño tamén se pescaban anguías.
O sábalo, case descoñecido hoxe, era un “habitual” da praza de abastos. Pescábase en grandes cantidades coa arte de arrastre antes descrita coñecida por “alxerife”, Este peixe era económico e moi apreciado polas “clases populares”, delo da conta o seguinte refrán: “Boa é a troita, millor o salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.
A contaminación e as especies invasoras aniquilaron á riqueza acuícola ourensana. Tal vez, algún día comezemos a devolverle ao Miño unha pequena parte do que nos ten entregado.

No hay comentarios: