Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/8/11

O Roma e Canedo

Que tera que ver o meu añorado Hotel Roma, e a fermosa estación de Canedo?.
Sin pensalo moito, un hotel e unha estación, teñen en común os viaxeiros, de feito entre o Roma e a vella estación de Canedo, chegou esistir incluso un servizo de "coches", que se encargaban de transportar os clientes, e os seus equipaxes. Vou aproveitar pra facer eiqui un comentario; según contaronme, nos era extrano que os viaxeiros o chegar a estación, decidiran que os mozos cargaran o equipaxe no coche, i eles marchar andando cara o hotel, o paseo incluia a Ponte vella, e a posibilidade de estirar as pernas logo dun tortuoso viaxe.
Volvendo o tema, atopei outra coincidencia, revolvendo nos vellos diarios; que ralaciona os servizos de cociña dos dous "negocios"; o ano 1917 o matrimonio Arias e o seu fillo Leandro, eran os arrendatarios do "restaurant" do ferrocarril, e alcanzaron grande sona grazas a calidade das suas paellas, que o mesmo eran degustadas na estación cando a parada permitiao (normalmente pra os transbordos), ou levabanse no tren pra comelas de camiño. Houbo unha epoca, (que os amigos de carrileiros o confirmen), na que os viaxeiros de primeira clase, pedian a carta, os seus menus, estes transmitianse a estacion, e o chegar alí, tiñan todo disposto, supoño que pra embarcar no tren e seguir camiño.
Os Arias eran o mesmo tempo, os responsables da cociña do Roma, famoso precisamente pola calidade dos seus pratos, de feito a gran maioria das celebracions, bodas, bautizos, recepcions de personalidades etc, daqueles anos eran servidas no Roma.

No exemplar de Vida Gallega do 31 de marzo do 1917, sae unha fotografia do matrimonio Arias e o seu fillo Leandro, diante da estación de Canedo, cando consiga unha copia ca minima calidade ensinareivola .

No hay comentarios: