Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

10/10/10

Paco Madrid

Fai moito tempo, que teño intencions de presentarvos estes persoeiros, que fixeron parte da historia da cidade; pra non repetirme recomendovos que lle botedes unha ollada, a que foi a primeira entrada desta tematica, (facede clic eiqui), Toniño , dende aquelas, non o comprobei, pero faltan moitos, e algún de gran importancia, O paxaro, O Cepo etc; a ver si podo poñer algún mais, pero xa sabedes que me lio, e teño demasiadas entradas pendentes.
Hoxe lembreime, desta sección, (o millor tivo algo que ver o agasallo que con Arturo Vispo de intermediario,  fixeronme os amigos do Bar Orellas).
O protagonista da visita de hoxe, e o gran Paco Madrid; de Madrid, non sei si seria, o que si sabemos e que Ourensán non era. Dende os anos cincuenta, ou quizas antes, e complicado imaxinar a Alameda sin este cabaleiro, segun os "entendidos", (eu non o coñecín), chegou a cidade como Picador de touros, e por algún motivo quedou dos festexos dun ano ata os do seguinte, e xa postos debeulle coller cariño a nosa cidade.
A sua profesión non houbo quen ma dixera, pero moitos lembran os seus berros vendendo rifas pola rúa, de feito a fotografía que vos mostro, poidera ser desa actividade, pero non teño claro que daquelas rifase un automovil último modelo, como o que se adiviña detras do personaxe, pero quen sabe...

"No campo de fútbol do Couto rifaba un porco, co que daba unha volta ao redor do campo, os días de partido, e a diario un par de polos nos bares (levar o porco polos bares podía ser conflitivo), Tamén vendía décimos de lotería."

No hay comentarios: