Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

Importante

Antes de coger fotos del blog y compartirlas en Facebook o cualquier otra página o foro, PREGUNTAR. La mayoría son mías o de personas que no tienen inconveniente en prestarlas, pero hay algunas que por expreso deseo de su autor o propietario de los derechos no se pueden utilizar de manera indiscriminada

30/9/08

Fatima no Couto

Logo de moitos anos de traballo e esforzo, Don Jose, os veciños do Couto, e en xeral todos os ourensáns, puidemos ver terminado o Santuario de Fátima, ese foi o último e necesario empuxón, para desenvolver o barrio mais próximo ao centro da cidade.

26/9/08

Pacheco (Fotógrafo) 1


A finais do século XIX establécese en Ourense, Don José de Sousa Guedes Pacheco, fotógrafo excepcional, mestre de fotógrafos, e posiblemente a persoa que mais fotografías legounos aos ourensáns (xunto co seu fillo Augusto).
Unha inxente cantidade de traballos particulares, que se gardan como tesouros nos álbums familiares, e unha enorme colección de fotografías da cidade.
Cando eu era pequeno unha dos costumes que tiñamos, era achegarnos ao escaparate do seu estudo na rúa do Alba (Cardeal Quiroga), para ver as comparativas que don José expuña do antes e agora.
Hai uns días un amigo de certa idade, comentábame que a sua discrección granxeoulle moitos amigos, nos tempos de guerra e posguerra, xentes de todas as ideoloxías achegábanse ao seu estudo, para pedirlle que destruíse os negativos de fotografías comprometedoras (uniformes, bandeiras etc), e sempre se atopaban coa agradable noticia de que Don José "nunca fixera esa fotografía".


Esta será a primeira entrada de Don Jose Pacheco; polo amplo do seu traballo, é de quen mais material teño

25/9/08

Almacenes "Celso Ferro" Praza de Santa Eufemia

Celso
Aínda teño o recordo, dos canteiros, traballando ao pé da catedral, para volver levantar ese edificio. O que non entendín daquelas, é porque si se podía tirar un edificio desas características, non se deixo espazo para unha praza?, ou como mal menor, como non se tentou facer un aparcadoiro de residentes?.
Teño a impresión, de que nesa zona unha escavación, podería achegar algunha sorpresa, rúas das mais antigas da cidade, unha sinagoga próxima, residencias do clero, en fin existen certas probabilidades de atopar restos doutras épocas.

24/9/08

Singer

Moitos recordamos o emprazamento da casa Singer, en Lamas Carvajal, (se non me equivoco, o cartel aínda esta na fachada, a pesar de que se esta reconstruíndo o edificio), pero ao descubrir este anuncio resulta que tivo unha localización anterior.
Fainos recordar, que as vendas a prazos sempre foron útiles, e para rematar, entre a calidade das máquinas, a beleza de moitas delas, e a inxente cantidade delas que se venderon, descubrimos, o porque hoxe atópanse tantas nas tendas dos anticuarios.

23/9/08

Antonio Berjano Conde (La Habana 1925)

Fotografías cedida pola familia Berjano

Cando fixen a entrada de Don Alejándro Veiras, decateime que tiña fácil facer a doutro dos meus mestres na escola de Artes e Oficios (por sorte e meu veciño), realmente o que mais me sufriu, dos cinco anos que alí estiven, tres tivo que aguantarme don Antonio, na súa clase de Modelado e Baleirado.
Aínda que por casualidade naceu en Cuba, Don Antonio leva case toda a súa vida en Ourense.
Foi nomeado profesor da escola no ano 56 (26-9-56), en substitución de Don Antonio Failde Gago, froito dos méritos obtidos durante o seu longo período de alumno na escola, (foi alumno de Failde, Nuñez, Gomez Campos e de forma particular, de Prego de Oliver).
De carácter serio (sobre todo con vándalos da arte como nós), Don Antonio garda a tenrura para as súas obras, o mesmo dá que sexa madeira, yesó ou barro, el consegue extraendo coas súas mans do material, recordos da Galicia de sempre, os seus nenos, as súas maternidades e os para min menos coñecidos, pero fantásticos cadros en barro de paisaxe ou motivo (pesca, campo, talleres etc).
Magoa que a súa saúde non lle axude, porque ao falar con el decataste que a súa cabeza mantén aínda intactas todas as súas habilidades e coñecementos, oxalá que o vexa algún día con barro nas mans outra vez, eu ofrézome a traballar o barro na pila. (na escola o barro que sobraba removiámolo nun pilón, para que non se endurecese).

22/9/08

Rallye de Ourense

Como dicía a miña avoa, "ninguén é imprescindible nesta vida", e desde logo que non foron xo o Lalao e Coleman os que traballaron para conseguir chegar a tantas edicións do "Rallye de Ourense", pero non podemos negar que a súa entrega e esforzo foron plenos, e sen eles, houbera sido moi difícil conseguir chegar ao mesmo nivel.
Grazas polo voso traballo, Ourense réndevos esta merecida homenaxe, e ponvos en primeira fila das saídas do Rallye que tanto vos debe.

19/9/08

Ourense "Porto de mar"

Chegada dun transatlántico ao peirao de viaxeiros do porto de Ourense. (fotografía da Asociación de veciños Ribeira Miño de Oira)

"Calber" pasta dos dentes (1901)

Para min foi unha sorpresa, descubrir que "Calber" non era só unha marca de pos de talco, usada cando eu era un pouco mais novo para suavizar unha zona delicada (o cu dos bebés), a parte doutras utilidades.
Pasado o tempo desaconsellouse ese uso, debido a que resecaba en exceso a pel, seguramente é certo, pero é outra forma de demostrar que a xente, antes era mais dura e aguantaba con todo.

A Porta da Aira

Aira.
No 1837 decídese eliminar as portas que quedaban na cidade, "noutra época puideron ser útiles hoxe impiden a franca ventilación".
Desta en concreto aínda hoxe quedan uns restos incrustados nunha fachada, do comezo da Rúa Xullo Prieto Nespereira.

18/9/08

Cen anos "Un mundo para compartir"

Outro grupo de rapaces dos Santos Anxos. (Arquivo Maristas)
Hoxe comeza o curso do centenario en Maristas Ourense, para E.S.O. e Bacharelato, os actos oficiais, darán comezo o día 2 de novembro cun acto litúrxico oficiado polo Sr. Bispo da Diocese na capela colexial.
Primeiro grupo de Irmáns Maristas, novembro de 1908, de izq. a drch. HH Photius (2), Richard (4), Marie Citinus (Leopoldo)(5), De Nery (3 detrás). (Arquivo Maristas)
Dende este blogue e para agradecer a amabilidade dos Irmáns, ao prestarme gran parte do seu arquivo histórico, iremos publicando fotografías deses cen anos.
No colexio a partires do 3 de novembro, poderase visitar a exposición fotográfica destes cen anos en Ourense.

Outra "Hestorea"

Ano 1256, Constrúese a primeira vivenda da Rúa Corredoira (Santo Domingo), promovendo a ampliación da cidade.
Marzo do 1832 "Os Porcos non poden pasear libremente pola cidade" Un bando municipal prohibiuno por prevención sanitaria.
Ano 1836 "O Concello decidiu trasladar o escenario da colocación dos cadaveres dos axustiziados, levouno o esporón da Igrexa de San Francisco"
27 de Maio do 1837 "Derrubanse os restos das Portas da Cidade", noutra época puideron ser útiles, no presente impiden a franca ventilación.
Ano 1846, Comenza a funcionar o Instituto de Segundo Ensino e Técnico, na Rúa Nova (Lamas Carvajal), foi o seu primeiro director Don Leoncio Parejón
Ano 1873 "O Concello mercalle a D. Juan Igneson o caserón de Quintáns", daria lugar a apertura da "Travesia" actual Rúa do Paseo
Ano 1875, Erguese a nova casa do Concello, no lugar do antigo.
Ano 1895, Chega o alumado á cidade, é escaso, pero agradecese.
Ano 1901 primeiro ano de celebracción das "Festas do Corpus", sustituen a do "San Roque"
18 de maio do 1952 "Inaugúrase a telefonía automática, a operadora xa non escoitaría a conversación e desde ese día teriamos que gastar o dedo para marcar os "catro" números."

17/9/08

Alejandro R. Veiras (O Director)

Un dos moitos carteles que fixo D. Alejandro
Como sempre digo, (e intento), cando poida farei unha pequena biografía deste para min vello profesor.
A parte doutras moitas ocupacións, Don Alejandro foi o meu primeiro profesor na Escola de Artes e Oficios, e antes de nada pedirlle desculpas por todos os "cabreos" que lle fixemos coller, a verdade é que eramos uns nenos, que naqueles momentos custábanos gozar dos ensinos dun magnífico profesor, (raro era o día que non nos castigaba a Antonio C. e a min, de feito o segundo ano con moi bo criterio, recomendounos que o noso era mais o debuxo lineal, e así castigou ao Sr. Raimundez, coa nosa presenza).
Pensándoo ben, case aproveito para darlle as grazas pola súa paciencia, a todos os profesores que naqueles anos sufríronnos na escola de artes e oficios, A.Berjano, Delfin Blanco, Aurelio Iglesias, Eduardo Raimúndez, e o Director Alejandro Rodríguez Veiras.

A Ponte da Burga

PB

16/9/08

2º Conto de Xulio Borrajo (1930)

En datas próximas tentarei darvos datos sobre este actor ourensán, que non só tiña enxeño para crear os seus contos, se non que ademais segundo din, tiña unha arte especial para contalos.
O POLO
Hay alá no pobo dond´eu vivo, un comerciante chamado Don Gilberto Pereira Pérez -- que cartos ten moitos, e como é moy bon amigo meu, alá atras
invitoume
pra que fora xantar a sua casa po´la festa d´o patrón que é o San Bras. Eu rechacei´lle o convite, porque non son nada amigo dándar en cousas dátiqueta e ceremonia; y´aquela casa é de moito señorío. Pro, o chegar a miña, e contarlle o acurrido a Mansamina, que e a miña muller, tanto m´animou ela, que non tiven mais remedio qu´aceutar. Chegou o día e fun car´a casa d´o Don Gilberto c´o traxe d´as festas, como era natural, e alí alcontrei reunida a mellor xente d´a parroqia. Estaba o médeco, o Xuez, o buticario, o sagradario d´o Untamento, o Abade, e moita mais xente; e hastra había unha coleución de rapazas moi lindisimas - non dispreceando. - Tiñan posto, nun sobrado bastante grandiño, unha mesa, moi longa, moi longa, y´en riba d´ela había postos unhos pratos, unhos por enriba d´outros, y´a man direita d´iles había dous ou tres coitelos, unhos mais grandes qu´os outros; d´o outro lado, había tamen unhos tenedorciños, é por diante unhas cullaras, tamen cada unha d´o seu xeito. Os vasos tamen eran deferetes. Eu coido que debía ser todo aquelo - as mostras - d´un comercio de desfeito, o cousa semellante, pois non había duas iguales. Eu, o ver tanta trapallada, dixen para os meus miollos: eu eiqui non probo pisca de comida, namentras non vexa como fan os mais, porque na miña casa, pra comer, soilo nos compren un coitelo y´on tenedor; pero non catro ou cinco, a menos que tivera un ganas de se ferir na dentamía o xantar. Sentámonos todos arredor d´a mesa, n´us taburetes qu´alí había, e o pirmeiro que fai a xente, e coller unhos trapiños brancos, qu´había metidos nunha copa, com´a carapuchiños, e atalos como´s babeiros d´os rapaces arredor d´o pescozo. Eu tamen puxen o meu, e dispuxenme a agardar pol´as cosas de cumida. Trougueron, pra comer de pirmeira intención, unha langayosta en salpiricón, qu´había que chupar os dedos de boa qu´estaba. A min fixome moita gracia aquilo, porque o salpiricón aquil, estaba feito con cachos de cebola, obos e pementos; y´hastra por ter ¡ tiña berzas ! Pero estaba bo de verdade. Trouxeron dimpois unhas vieiras de Vilajarcía d´Arosa, c´unha salsiña de pan, que tamen me gustaron ben. Pra mollar todo aquelo tiñan viños de Xerez, viños de Rioxa, de Valdepeñas - claro que, inda qu´era de valde, custara cartos - un viño d´o Ribeiro qu´ardía n´un candil, y´hastra tiñan un viño verde d´Amarante, que convidaba a mollar a palabra, de bon qu´estaba; como qu´o pasar il mollaba. Dimpois entrou na sala a criada d´a casa, e dirixindose a dona, dixolle: Señotita, ¿ traijo el pollo? Eu, o oubir aquilo d´o pollo, dixen pra mín: Vaya. Xa non probo bocado. Porque eu rabeo pol-o polo, que mo recetaron os médecos, e como son un traballador, na miña casa somentres se como , cando o mata o ten ou o otropella un automoble. Así é que craro, eu xa fixen intención de faguer que faguía e non comer nada. Trougueron dimpois lombelo, botelo, orella de marran, fuciño de porco e unhos chouriciños de cebola, con cachelos, que eran d´o mais sabroso que hay n´el mundo, Logo ven unha cousa, que lle chamaban iles: carne manchada, seique porque aquilo era un cacho de bitela envolta e tiña metido por drento, atravesados, anacos de chourios e cachos de obo. Ahora qu´eu non lle dín moito creto aquelo, porque a condanada da carne aquela ¿hastra estaba cosida con fío branco ! Da que todos comemos as últemas lamberetadas d´o cumián, volveu entrar a criada, e dixolle de novo a dona: Señorita ¿traijo el pollo? E como a dona d´a casa lle aceutase coa cabeza, dicindolle que sí, pensei eu: Vaya Xuliño, agora vaste encher de polo. Cando nesto, agarda que t´agarda, hastra que ven a condanada d´a criada e puxo encima d´a mesa ¡¡un pito vivo!! pra comer as migallas de pan qu´había por alí ciscadas.

15/9/08

Dodge Brothers (1920)

Aquí tedes outra obra de arte, que asucaba as rúas de terra e coyo da nosa cidade, polos anos 20.

"Descubrindo un edificio" Museo Arqueoloxico

Fai uns días abriron as portas do museo arqueolóxico, para que se poidan ver os traballos que alí estánse a realizar, ao mesmo tempo que se goza da exposición dos achados arqueolóxicos dos últimos anos. (Pido desculpas pola baixa calidade das fotografías)


A entrada pola praza maior, presenta este estado, pódese observar o firme natural do terreo, e as obras de acondicionamento que se fixeron no seu día, e en reformas posteriores.as fotografías, son da zona que menos posibilidades tiña de achados, xa que esta parte fíxose, entre o século XVI, e XVIII. Detrás da porta de arco apuntado que se ve na última fotografía, comeza unha viaxe ao pasado da nosa cidade.

Ao porvos estas imaxes, a miña intención, non é outra que tentar que vos acheguedes a velo vós, é unha oportunidade única, de achegarse ao antigo obispado, por pouco que fagades un esforzo, podedes imaxinarvos, neses salóns e patios, capas sotanás, e ata coroas, (algún día podemos levarnos a sorpresa de que se confirma que por ese edificio pasearon e soñaron os reis Suevos).

12/9/08

Rúa de Colón

s
RÚA DE COLÓN (Pomerii, Rúa do Pumar, 1227 Pelouriño 1850,o último tramo da rúa entre Pelaio e a Trinidade, era a Rúa do Vergal. (1388 do vargaal, do vergairo) ).
Polo que se di nas crónicas, posiblemente na época Romana, este fose un camiño entre leiras de mazairas, posteriormente instalouse nela o "pelouriño", e actualmente é unha das rúas de Ourense, que mellor garda o ambiente da Galicia de sempre, casas baixas e firme lousado; magoa que desaparecesen as beirarrúas, que aínda que é certo non son necesarias pola ausencia de vehículos, seguen sendo útiles para camiñar os días de choiva sen mollarse os pés.
Desde este humilde blogue, apoiamos as iniciativas, que nos últimos anos estanse desenvolvendo para conseguir dinamizar de novo esta magnífica zona histórica.

11/9/08

Comezo do curso 1908-2008

Primer

Fotografía do Arquivo dos Irmáns Maristas (1908)
Case, tal día como hoxe fai cen anos, comezaba o curso no colexio dos irmáns Maristas de Ourense, o nome era outro "Los Santos Ángeles", o edificio era outro "Delegación de Defensa" (actual), e as persoas eran outras, o único que non mudou, son as ganas de traballar dos infantes.
... ou polo menos iso pensaba eu, ata que ao ver como se preparaban para enfrontarse ao seu primeiro día de colexio, fíxome e vexo que coan o Mp3 (ou 4 que xa non sei como se chama iso), na mochila, despois o balón, o móbil, e porque os parei, que querían levar a televisión, non se que alegaban de métodos novos de ensino audiovisual, un dicía non sei que dun "Internado",(pero si este nunca quixo comer no colexio), e o outro falaba con paixón de "Física ou Química" (na miña época que non fai tanto, era Física e Química, pero bo, cambiaría o tema).
Que o Señor nos cólla confesados.

Aldraba na rúa Lamas Carvajal


Pode ser que para evitar as molestias causadas polo mal uso, fáltalle o mazo, pero de todos os xeitos poida que sexa a mais bela das que temos na cidade, dende logo non a mais espectacular, pero si a mais bela.

10/9/08

Andres Pereiro

O meu AMIGO
Dende fai tempo, quería facer esta entrada, pero antes era a falta de imaxes, e agora non son capaz de reflectir o que exactamente me gustaría dicir.
Para que a entrada non espere, aquí déixovos as fotos, ampliareina cando me inspire, pero de momento o titulo é suficiente.
Posiblemente algún dos seus amigos, teña problemas, para recoñecelo por culpa da gravata, por iso ten mais valor esta entrada, o seu non era a elegancia, senón o esforzo.

9/9/08

Casal do Couto

Do mesmo xeito que no seu día caeu o Caseron de Don Juan Igneson, para abrir a Travesía, (actual rúa do Paseo), no barrio do Couto decidiuse derrubar o Casal do Couto, para continuar a rúa Xose Álvarez González.
Este xunto a casa chalé de Don Marcelo Macías (na rúa Ensino), foron os que mais tempo aguantaron a furia construtora do barrio.

Unha dama do fútbol

Ás veces os títulos son merecidos, neste caso cremos que Dona Concha "La Concha" se que era toda unha dama, o agarimo e os esforzos que ela malgasto durante toda a súa vida, co Club Deportivo Orense (sobre todo), e co fútbol en xeral, son impagables; quen non recorda o seu enorme veguero, os seus pratos e os seus desgustos cando o resultado era adverso?.
Na foto aparece nunha das súas últimas visitas a un campo de fútbol (haber se desde o ceo pode axudar aos seus, neste difícil ano para o Ourense), foi en Vilagarcía, e aparece xunto a outro dos referentes nos últimos anos do Ourense, Don Eduardo Gamallo (Eduardo con E), que se algún día permítemo, será obxecto dunha entrada neste blogue.
Aproveito esta entrada, para recomendarvos unha páxina amiga, na que poderedes ver gran parte da historia do fútbol na cidade e a provincia.

O curso enteiro

Vinos hay pouco tempo nos escaparates, o que non se é se son como os da miña época.
En "Vitan" ou "Celestino", ao comezo de curso era a visita obrigada, sempre che regalaban unha pelotiña de goma verde, posiblemente para enxugar o mal grolo de non estrear mais botas ata o curso seguinte.
Esta entrada esta feita dende o rancor do neno que desexaba velas rotas, pero tamén desde a envexa do pai que ve como hoxe en día esta canso de mercar zapatos durante o curso.

8/9/08

Confecciones "Demetrio Borrajo" Praza Maior


Na Praza Maior, sempre tentaron ubicarse, os mellores comercios da cidade, era punto de paso obrigado, e iso melloraba a conta de resultados, non se lle daba tanta importancia ao acceso con automóbiles, entre outras causas, porque a súa presenza era pouco mais que testemuñal.
No baixo onde actualmente esta "Ramos", e á beira da zapatilleria "Terra Galega", traballaba incansablemente este grupo de cabaleiros, cortes de moda, botóns, fíos, pezas brancas, cintas, e ata (sobre todo nos últimos tempos), pezas xa rematadas, a variedade era infinita, pero coa súa habilidade os profesionais, non permitían que o xénero quedase trasnoitado.
O comercio inaugurouno Don Demetrio Borrajo, do cal mantivo o nome ata o seu falecemento, a partires dese momento foi durante algúns anos, "Confeccións Borrajo", ata o seu peche. (As fotografías son dos últimos anos, a data da superior e o ano 1957)
Fotografías cedidas por Mª Dolores Borrajo

Novas de interese


Logo dunha longa tempada de peche, non por descanso precisamente, o edificio do museo arqueolóxico ábrese ao público, para que se poidan observar os traballos realizados polo momento, segundo os encargados, falta pouco para a súa finalización.

É unha gran oportunidade, para ver dun xeito singular un dos edificios con mais historia da nosa cidade.
Se é posible e permítenmo tentarei facer unha pequena reportaxe fotográfica, que porei á vosa disposición nesta páxina.

E xa convertidos en pregoeiros, aproveito para facerme eco da realización, en datas próximas, 13, 14 ,15 de Novembro no auditorio de Ourense, do congreso sobre historia e arte medieval en Ourense, cun magnífico programa de seminarios, charlas e visitas culturais.
Tedes mais información na páxina oficial do congreso http://www.medievalourense.com/






"La Voz de Galicia"


Felicitar, e agradecer a "La Voz de Galicia", o agasallo que dende onte domingo 7 de setembro, estanos facendo a todos os galegos.
O libro é espectacular, fotografías preciosas, deseño excelente e en xeral todo perfecto.
Como ourensán, a única queixa é a escasa cantidade de fotos que aparecen da cidade, aínda que posiblemente a todos os Galegos parézannos poucas, se cadra se esta iniciativa tivese continuidade todos agradeceriámolo.

4/9/08

As Burgas

Burga 1.
Postal fotográfica, cedida por D. Manuel Dominguez Quiroga
(As Burgas, símbolo identificativo de Ourense, para uns atracción turística, para outros zona de xogos infantís, e ti canto tempo aguantas coa man debaixo do chorro?, ¡na poza non, que queima!.Canedo.eu)
Quen non coñece "As Burgas"?, unhas fontes de auga quente, que misteriosamente brotan das entrañas da terra.
Pero para os ourensáns, foron algo cotián, dende sempre estiveron connosco, utilizáronse, gozáronse, pero sen darlle mais valor, de feito ata correron perigo de desaparición, por esa falta de respecto que lle temos, foron a orixe da cidade, precisamente por esa calidade, de ter unha alta temperatura, os nosos devanceiros, situáronse ao redor dela, porque todo eran vantaxes, auga para cociñar, auga para lavarse, auga para curarse, todo é posible coa auga da Burga.

2/9/08

Os Maios en Ourense

Aínda que falta moito para os maios, caeron nas miñas mans, grazas á xenerosidade do meu amigo Suso, unhas cantas fotografías con esta temática, e non puiden esperar mais a sacar algunha.
Na imaxe saen os veciños do barrio de "Rabo de Galo", que como se ve dende sempre participaron nesta festa tan nosa, os seus maios, sempre son dos mais traballados, e espectaculares polo tamaño.
Algúns anos fixeron auténticas obras de arte, e por iso teñen unha chea de galardons.
Maios 1944, diante do edificio onde estaba a "Alianza Francesa, a Academia colexio "Rosalía de Castro" (recordo con moito cariño, a Dona Encarnita, Don Xullo, que mais adiante , axúdome coas matemáticas, na academia Santiago Apostol da rúa Capitán Eloy, a srta. Mari Fe, e como non a Srta. Pili), e o entrañable Clemente ca sua Livraria, (cantas gomas de borrar compreille para estar un par de minutos fóra da clase), se con eses datos non a situades, douvos outro dato, case diante da Deputación.

1/9/08

O Futbol antes do Club Deportivo Ourense

Numancia.
Fotografía cedida por Manuel Outeiriño

Nos anos vinte, tiñamos unha gran afección ao deporte do balón, por todos lados xurdían equipos, o problema era a falta de medios, que gañas xa puñan os mozos.
Estes son dous dos primeiros equipos da cidade.
Arriba o Numancia F.C. e abaixo, o Burgas F.C. se vos fixades moitos dos xogadores repítense nos dous equipos, non creo que fose un tema de fichaxes, senón de cambio de denominación.
Ao prestarmas Manuel Outeiriño pediume que se é posible, gustaríalle saber se algún destes aguerridos raparigos, segue entre nós, terá á día de hoxe ao redor dos 98 anos, sabemos que ademais de D. Leopoldo Gallego, están Garrido, Blanco, Humberto, Peliquin, Cabanelas, Paco e Guerrero, se alguén sabe algo deles, agradeceriamos désenos noticias. A foto superior posiblemente sexa do campo da Lonía, pero fan falta referencias, para confirmalo.
Fotografía cedida por Manuel Outeiriño