Ampliando os datos sobre esta estación, direivos, que se inauguro o 13 de maio de 1885,e como era costume na época, para resaltar a categoría dos edificios, a fachada estaba pintada de "Vermello Inglés",30/06/08
Os Planos da Estación de Canedo (Vicente Risco)
Estación do camiño de ferro.
Para rematar esta serie da estación, aquí cólgovos o plano da estación e o de situación, son do arquivo de http://www.carrileiros.com/ .
Ampliando os datos sobre esta estación, direivos, que se inauguro o 13 de maio de 1885,e como era costume na época, para resaltar a categoría dos edificios, a fachada estaba pintada de "Vermello Inglés",(Para que vos fagades unha idea este edificio canario ten esa cor).
Deixou de utilizarse en setembro de 1952, cando se inauguro, a actual estación Ourense - Empalme.
No seu lugar, construíronse os edificios do "Instituto Masculino" (Blanco Amor), a "Escola Normal" e o "12 de Outubro".
Etiquetas:
Mapas e Planos,
Os Edificios
Mais fotografías da Estación de "Vicente Risco"
O edificio de pasaxeiros.

A zona exterior da Estación de Canedo. (www.carrileiros.com)
Seguindo co tema ferroviario, e como os amigos de "Carrileiros dá Foula", queren facer un número especial, (segun se di na "Región"), vou colgar unhas fotos, que creo merecen estar nese especial, publicounas (penso, que todas) o amigo Manuel Domínguez Quiroga, na súa magnifíca páxina web http://www.canedo.eu/ , outras son do voso arquivo, (http://www.carrileiros.com/), pero para xuntalas, púxenas tamén, espero que sexan do voso agrado.

Esta se que é unha xoia, esperando aos feridos da guerra, nas plataformas da estación de Canedo. ( www.canedo.eu )
Os que a vivían, os pasaxeiros e os empregados do ferrocarril
Ese era a ponte metálica, que se fixo para salvar o cruzamento ca avenida das Caldas, derrubado no 1958 (Arquivo Carrileiros)
Outra fotografía do patio exterior, cos taxis preparados para trasladar aos pasaxeiros ao seu destino na cidade.
Etiquetas:
Os Edificios
A Primeira Estación de Ourense
O Ribeiriño.
Plano da revista "Cadernos de Istoria e Arqueoloxía FERROVIARIA", www.carrileiros.com
Poida que fose provisional, pero estivo catro anos dando servizo á cidade, estaba situada na Praza do Ribeiriño.
A primeira locomotora chego ás dúas da tarde do día 2 de maio de 1881, aínda que a inauguración oficial, foi o día 9 de Xuño.
Lamentablemente non teño ningunha fotografía desta estación, pero algún día espero tela, en Ourense moita xente ten marabillas que algún día verán a luz
Etiquetas:
Mapas e Planos
28/06/08
Alberto Vázquez 1963
Alberto.

A foto corresponde aproximadamente aos anos 70, nela podemos ver a D. Alberto (príncipe do vento), retando ao seu sobriño a unha carreira, (algún levaba vantaxe), o importante é advertir, que sempre se rodeo de xente de "altura",(e, que ben lle vai).
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense
25/06/08
Os "Santos Ánxos"
Anxos

No ano 1908, o Bispo Eustaquío Illundaín, cédelles aos Irmáns Maristas, na rúa Vicente Pérez, un edificio de recente construción, que esperaba ser albergue de sacerdotes xubilados e/ou enfermos,; nunca chego a desempeñar esa función, dado que ao abandonalo os Maristas, foi hospital de urxencia, e ata a actualidade, Goberno Militar (Delegación de Defensa).
Nos seus primeiros anos esta foi a publicidade que fixeron os irmáns, nela apréciase que na súa primeira fundación , non era Colexio Marista "Santa María", senón Colexio "Dos Santos Anxos".
Entre eses muros estudou o Cardeal "Don Fernando Quiroga Palacios".
Etiquetas:
Os Maristas,
Publicidade
24/06/08
O Encoro de Velle
A fotografía e propiedade de Manuel Perez, Presidente da Asociación de veciños "Ribeira Miño" de Oíra
Algún pensará, este toleou, onde esta a presa de Velle?, pois aí esta hoxe, na foto aínda faltaban uns anos para que a construísen, nin sequera estaba feita a barcaza, que se utilizaba para o recreo no verán.
Os dous ciclistas circulaban polas areas da "Praia de Oíra", onde hoxe están as piscinas.
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense,
Pontes
"A Leiteira"
Esquina Paseo - Cardeal Quiroga
Aínda que a miña intención era non pór nada con menos de 50 anos de antigüidade, uns amigos, insistíronme, en que hoxe en día esta e outras estatuas que habitan na cidade, son tamén recordos do pasado, que a súa presenza no blog seria necesaria, por iso incluireinas.
Espero que aos que non veñen pola súa cidade desde fai tempo, gústenlles.
Etiquetas:
Detalles
23/06/08
Outra imaxe da Rúa Paz Novoa "Paseo"
Ano 1910 aproximadamente, pola beirarrúa da dereita, todo é coñecido, actual Caixanova e "Hotel Miño", pola esquerda no cruzamento con Cardeal Quiroga vemos o cine "Pinacho", era unha simple estrutura de madeira, co paso do tempo, converteuse en "Salón de Variedades", despois no "Salón Apolo",
nunha mala etapa, queimouse, e logo dun tempo, edificouse o solar, e paso a ser a sede do "Banco Pastor", hoxe en día é un comercio de roupa dunha coñecida cadea.
Etiquetas:
Os Edificios,
Rúas
"Boente"
O ano 1956, Don Luís Garcia-Boente Fernández,abre na cidade este comercio, que noutra localización desde fai moi pouco (Rúa Concello), aínda pervive, o ano da súa apertura anunciábase en "La Región".
Etiquetas:
Publicidade
Salesianos Ourense
A fotografía, obtívena nunha desas páxinas, e supoño que formase parte do arquivo do Colexio Salesianos Ourense e do ano 1953-54, na escalinata de Sta. María Nai.http://www.salesianos-ourense.com/
http://www.aula1955.es/
http://perso.wanadoo.es/elfloro/comienzo.html
Etiquetas:
Recordos estudiantis,
Salesianos
Outra Aldraba no edificio "Simeon"
Neste edificio, o que sobran, son portas, en seis delas, a aldraba é o modelo que ensine días atrás, nas portas que antigamente daban acceso á entrada de carruajés, esta é a aldraba que aínda hoxe conserva.
Etiquetas:
Detalles
21/06/08
A Construcción do Viaducto ano 1955
Via
Fotografía arquivo Carrileiros www.carrileiros.com
Aproximadamente, a partir do ano 1912, comezou a estudarse a construción desta estrutura arquitectónica, facíase necesaria, para o trazado da liña Zamora - Ourense.
O primeiro proxecto redactouse no 1913, pero o inicio da construción, viuse postergado, ata o ano 1930.
A súa inauguración celebrouse o 1 de xullo do ano 1957.
Etiquetas:
Pontes
19/06/08
Livraría "Resvie" (Albúm Literarío Sep y Oct 1888)
Neste articulo de setembro de 1888 do Álbum Literario,descubro que a "Librería Resvié", non estivo sempre, onde a coñecemos, nese ano instalábase nos baixos da casa do Sr. Navas na Praza Maior, como ben se di no articulo.
Se non me equivoco chego a ser centenaria nesa localización (creo que cerro no ano 1996), por alí pasaron todos os intelectuais da época, as opcións que tiñan de adquirir coñecemento eran "Resvié", "Casas" e "Álvarez".
Nos últimos anos de existencia, moitos recordámola, porque tiñan á venda as figuras dos beléns de Murcia.
O que se queda evidenciado, é a relación de amizade que unía a D. Severino Pérez Resvié, con D. Luciano Cid Hermida, Propietario do Álbum Literario, o cal nas súas notas de prensa, sacaba un brillo empalagóso ás virtudes do negocio do Sr. Resvié.
Etiquetas:
Publicidade
18/06/08
A estación do tren de "Ourense"
San

A primeira estación de tren da que se serviron os cidadáns de Ourense, púxose en marcha no ano 1881, estaba no Concello de Canedo (Rúa Vicente Risco), e froito das malas relacións daquela época entre concellos tan próximos, reclamábase para o de Ourense, unha estación propia.
Ao final no ano 1957 conseguírona, pero desde o meu punto de vista, acabou por imporse a lóxica, e aínda que segue existindo, a día de hoxe demostrouse innecesaria.
Etiquetas:
Os Edificios
16/06/08
Mestres Ourensáns na Arte de "Cúchares"
Que houbo praza de touros e Ourense, xa se viu noutras fotos, o que non é tan coñecido, é que Ourense é berce de grandes mestres na arte do toureo, como demostración aquí están estas dúas fotografías, en cor "O Moreiras" (empezou a tourear no 86), en branco e negro, "O neno das Burgas", (paseábase polo albero da praza das "Carmelas" dende o 62).

Pido desculpas pola publicación destas fotografías, é unha cuestión sentimental, unha pequena licenza que me permitín.
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense
Pereira 5 "Sanatorio Dr. Pol Piñeiro"
Fotografía do Arquivo dos Irmáns Maristas
Porta do sanatorio do Doutor Pol Piñeiro, posteriormente (1954), colexio Maristas, na avenida de Pontevedra nº5.Así como noutras entradas protesto pola destrución ou mala conservación de partes do noso patrimonio, neste caso hai que recoñecer que esta porta e a fachada son fiel reflexo do que foron no seu día.
Etiquetas:
Os Maristas
Fotografo "Aquilis Bocconi" El Avisador Orensano 1878
Nestoutra nota de prensa, facilitábanllenos os prezos polo traballo deste artista.

Non me consta que teña algunha fotografía de iste profesional, seica e posible que non firmaraos seus traballos, (que non o creo), ou que a casualidade non deixou caer nas miñas mans ningunha das suas obras, todo se andará.
Etiquetas:
Publicidade,
Vixiantes do pasado
"Episcopologio de Ourense"
Esta é a relación de bispos (coñecida), que tivo ao longo da historia, a sede de Ourense “Sedem Auriensem” Durante moitos anos ostentaron con maior ou menor acerto, o poder de Ourense (sede episcopal), na actualidade o seu papel cambiou moito, pero seguen sendo parte importante do desenvolvemento e conservación da cidade.
O que tamén é evidente, é que desde fai moito tempo, o ser nomeado Bispo de Ourense, é ter aberto o paso para ocupar cadeiras de dioceses consideradas de mais rango, (quero supor que soamente por que teñen maior número de habitantes).
(Fonte: páxina Web do Obispado de Ourense).
Para ampliar información consultar, "Episcopologio Ourensano 1848-2004" Enrique Bande -Deputación de Ourense
Episcopologio / Bispos de Ourense
0.- Árcadigo (no 43 ???).
Segundo un relato apostólico, (citado por D. Eduardo Carrero Santamaría na revista "Porta dá Aira" nº 9), que data a consagración da Igrexa de Santa María de Ourense (ao mesmo tempo, indícase que seria posible que non estivese exactamente, onde se levanto a actual), seria o primeiro bispo ourensán. ????
1.- Witimir ou Witimiro (cara a 570)
Primeira referencia á “Sedem Auriensem” participou no “II Concilio de Braga”, ocupando o terceiro lugar no sitial dos Bispos, indicativo da sua relevancia. Iste e outros datos fan pensar que ha Diocese a existía con anterioridade.

2.- Lupato (cara a 589)
3.- Teodoro (cara a 610)
3.- Teodoro (cara a 610)
4.- David (antes de 633 ata logo de 638)
5.- Gaudisteo (antes de 646 cara a 650)
6.- Somna ou Somoza (antes do 653 ata despois do 655)
7.- Alario ou Hilario (antes do 675 ata despois 683)
8.-
9.- Maydo (morreu cara ao 802)
10. Adulfo (cara a 820)
11. Sebastián (877-881) Bispo de Arcávica ( Toledo?, Segobriga?.)

Existen dúas crónicas da época, "A crónica de Sebastián", e "A crónica de Albelda" unha das dúas esta demostrado que a escribiu o bispo Sebastián, e a outra se lle atribúe ao rei D. Afonso O Magno, a pesar do nome, non esta claro quen é o autor de cada unha.
12. Censerico ou Genserico (cara a 884)
13. Sumna (886-890?)
14. Egila (cara a 900)
"Según el códice Toledano, debieron firmar las Actas, toda vez
que asistieron al concilio, los siguientes obispos, cuyos años de
pontificado notaré entre paréntesis :
Agila de Orense (887?-899 . . .)
Su inmediato predecesor Sumna era obispo de Orense en 28 de Agosto de 888 .
,77spaña Sagrada, tomo xvu (2." edición), pág. 57: Madrid, 1 789 ."
15. Esteban (vivía en 905)
16. S. Asurio (antes de 915 a 922)
17. Diego (942-958)
18. Freduífo (962)
19. Gonzalo (964)
20. Diego (974-977)
21. Vimarasío ou Vimarano (cara a 986, ao parecer non veu á Diocese).
Lugo rexía Ourense
22. Edoronio (1071-1088)
Reconstrúe Santa María Nai

23. Pedro (1088-1096)
24. Diego Velasco (1100-1132)
Dona Teresa de Portugal concédelle a xurisdición sobre a cidade, dita a "Carta Puebla" , reconstrúe o palacio episcopal, e levanta a torre de San Martin.
24. Diego Velasco (1100-1132)
Dona Teresa de Portugal concédelle a xurisdición sobre a cidade, dita a "Carta Puebla" , reconstrúe o palacio episcopal, e levanta a torre de San Martin.
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome
25. Martín (1132-1156)
26. Pedro Seguín (1157-1169)
Comeza a construción da catedral
27. Adam (1169-1173).
25. Martín (1132-1156)
26. Pedro Seguín (1157-1169)
Comeza a construción da catedral
27. Adam (1169-1173).
Continua ca obra do seu predecesor
28. Alfonso (1174-1213)
Consagra o altar maior da catedral de San Martin, traendo reliquias de Tours.
29. Fernando Méndez (1213-1218)
30. Lorenzo (1218-1248)
Pórtico do Paraíso, reconstrución da ponte romana, e modificación do Palacio Episcopal, hoxe Museo Arqueoloxico
31. Juan Díaz (1249-1276)
O Concello enfróntase ao poder episcopal rendendo vasallaje ao Rei Afonso X (Preito de Toledo) 1259

32. Pedro Yáñez de Novoa (1286-1308)
Os seus partidarios incendian o convento de San Francisco, iso levou o seu apresamento , foi excomulgado, e el e a súa familia foron condenados a reconstruír a sede do Franciscanos
33. Rodrigo Pérez (1310)
34. Gonzalo Daza e Osorio (1311-1319)
35. Gonzalo Pérez de Novoa (1320-1332)
36. Vasco Pérez Mariño (1333-1343).

Esta enterrado nun sepulcro de estilo gótico na catedral, doo a imaxe do Santo Cristo,que segundo a tradición apareceu flotando en Finisterre.
37. Alvaro Pérez de Viedma (1343-1351).
37. Alvaro Pérez de Viedma (1343-1351).
Foi tamén Bispo de Mondoñedo.
38. Juan Cardallac (1351-1361)
39. Frei Alfonso Pérez Noya (1362-1367).
38. Juan Cardallac (1351-1361)
39. Frei Alfonso Pérez Noya (1362-1367).
Perde a propiedade do Castelo Ramiro, a mans do Concello, e o Adiantado de Galicia
40. Juan García Manrique (1368-1376)
41. García (1379-1382)
42. Pascual García (1383-1390)
O Rei Juan I concédelle a realización da Feira de San Martiño, e devolvelle a propiedade do Castelo Ramiro.
41. García (1379-1382)
42. Pascual García (1383-1390)
O Rei Juan I concédelle a realización da Feira de San Martiño, e devolvelle a propiedade do Castelo Ramiro.
Levanta o que se demostrou ser una "vergonzante" muralla da cidade.
Foi tamén Bispo de Astorga
43. Diego Anaya Maldonado (1390-1392)
44. Pedro Díaz (1392-1408)
45. Francisco Alfonso (1409-1419)
É arroxado ao rio Miño por García Díaz de Cadorniga, Juan Pérez de Xunqueira e Pedro López Mosquera, afogouse no Pozo Maimón (Alongos).
46. Frei Afonso de Cusanca (1420-1424)
47. Alvaro Pérez Barreguín (1424-1425)
48. Diego Rapado (1425-1442)

Excomungou a Pedro Díaz de Cadórniga e os seus homes, po lo asalto da Sinagoga Xudea.
49. Frei Juan de Torquemada (11 Xul 1442-1447).
Foi tamén Bispo de Cadiz
50. Frei Pedro Silva (1447-1462)
Traslada a feira do Castelo Ramiro, a Praza Do Campo
51. Alonso López de Valladolid (1466-1469) (Alfonso de la Espina penso que tamén foi Bispo de Ourense ata 1469, poidera ser que Alonso López fora a mesma persoa, escribiu un Tratado sobor da fe "Fortalitium Fidei"
52. Diego de Fonseca (1471-1474)
53. Antonio Palavicini Gentili (1486-10 Set 1507)
54. Pedro Isaulles y Rijolis (1508-1511)
55. Orlando Carretto de la Rovere (1 Out 1511-1527).

Foi Arcebispo de Avignon
56. Fernando Valdés (12 Xan 1530- 1 Xul 1532).
56. Fernando Valdés (12 Xan 1530- 1 Xul 1532).
Foi Tamén Bispo de Oviedo
57. Rodrigo de Mendoza Manrique (1532-1537)
Foi tamén Bispo de Salamanca
58. Antonio Ramírez de Haro (1538-1539)
Foi tamén Bispo de Ciudad Rodrigo (Salamanca)
59. Fernando Niño de Guevara (1539-1542)
Foi tamén Bispo de Granada
60. Francisco Manrique de Lara (1542-1546)
Foi tamén Bispo de Salamanca
61. Francisco Blanco Salcedo (12 Xun 1556- 13 Abr 1565).

Construiu o "Hospital de la caridad de San Roque"
Foi o primeiro en tentar crear un Seminario na cidade
Escriviu un catecismo de doutrina cristiana con intencions de adoutrinar o pobo (magoa que non souperan leer)
Foi tamén Bispo de Malaga
Foi tamén Bispo de Malaga
E Arcebispo de Santiago de Compostela
62. Fernando Tricio (Tricioy) de Arenzana (1565-1578)
Construiu a Capela do Santo Cristo, (unha parte)
62. Fernando Tricio (Tricioy) de Arenzana (1565-1578)
Construiu a Capela do Santo Cristo, (unha parte)
Fonte do Bispo,
Foi tamén Bispo de Salamanca
63. Juan de San Clemente Torquemada (7 Xul 1578- 27 Xul 1587)
Foi Arcebispo de Santiago de Compostela
64. Pedro González de Acevedo (1587-1594)
Inaugura o coro da catedral, a pesar de que aínda non esta totalmente rematado

Foi tamén Bispo de Plasencia
65. Miguel Ares Canabal (19 Dec 1594- 1 Xan 1611)
Preito do Curral, pretendíase construír vivendas no corra do Bispo, impedindo que ese terreo destinásese ao uso publico.
65. Miguel Ares Canabal (19 Dec 1594- 1 Xan 1611)
Preito do Curral, pretendíase construír vivendas no corra do Bispo, impedindo que ese terreo destinásese ao uso publico.
Tomou posesión o 30 de Maio de 1595, donou moitas alfaias, xoias e ornamentos, que aínda hoxe duran e son os de máis prezo, especialmente o Tabernáculo, Custodia, lámpada, cáliz, vinagreiras, almofía e fontes de prata sobredouradas; pezas todas moi curiosas, grandes e ricas, que con tapicerías, pinturas e todo o seu Pontifical cedeulle antes de morrer.
66. Frei Sebastián de Bricianos (17 Ago 1611-5 Xan 1617)
67. Pedro Ruiz de Valdivieso (1617-1621)
68. Juan de la Torre y Ayala (1621-1626)
Foi tamén Bispo de Ciudad Rodrigo.
69. Frei Juan Venido Castilla (1626-1630)
67. Pedro Ruiz de Valdivieso (1617-1621)
68. Juan de la Torre y Ayala (1621-1626)
Foi tamén Bispo de Ciudad Rodrigo.
69. Frei Juan Venido Castilla (1626-1630)
Perde a jurisdición da cidade por decisión do Rey
Asina unha concordia co Rei Felipe IV
70. Diego de Zúñiga y Sotomayor (1631-1634)
Foi tamén Bispo de Zamora
71. Luís García Rodríguez (1634-1637)
Foi tamén Bispo de Astorga
72. Juan de Velasco y Acevedo (1637-1642)
73. Antonio Paiño Sevilla Osorio (1643-1653)
Foi tamén Bispo de Zamora
74. Frei Alfonso de San Vitores de la Portilla (1653-1659)
75. José de la Pena (1659-1663)
76. Francisco Rodríguez Castañón (1663-1667)
77. Frei Baltasar de los Reyes (1668-1673)

Escriviu anormas constitucionales do "Hospital da caridade de San Roque", pero o non publicalas, quedaronse nunhas normas internas. Nelas organizase o traballo, e danse directrices sobor do trato os enfermos.
78. Diego Ros de Medrano (1673-1694)
78. Diego Ros de Medrano (1673-1694)

79. Frei Damián Cornejo (1694-1706)
80. Juan de Arteaga y Dicastillo (1707)
80. Juan de Arteaga y Dicastillo (1707)
Tivo moi pouco tempo para deixar o seu sinal na diocese, foi nomeado o 11 de abril, ordenado en xuño, faleceu o 17 de setembro.
81. Marcelino Siuri Navarro (1708-1717)
81. Marcelino Siuri Navarro (1708-1717)
Foi tamén Bispo de Cordoba
82. Frei Juan Muñoz de la Cueva (1717-1728)
Constrúe a nova fachada do palacio episcopal e deixa o seu escudo nela, tamén no cárcere da coroa.
83. Frei Andrés Cid de San Pedro Fernández (15 Nov 1728- 8 Xun 1734)
84. Frei Juan Antonio de Zuazo y Tejada de Prado (1746)
85. Frei Ramón Francisco Agustín de Eura (1738-1763)
86. Frei Francisco Galindo Sanz (4 Mai 1764-23 Feb 1769)
87. Alonso Francisco Francos Arango (1769-1775)
88. Excmo. Cardeal Pedro Benito Antonio Quevedo Quintano (1776-1818)
Conseguiu parar a revolta dos campesiños, que estaban cansos de ter que pagar impostos abusivos.

Formou parte nas "Cortes de Cadiz", mais deixounas de forma apresurada e refuxiouse en (Turei) Portugal unha temporada.
Pon en marcha o seminario conciliar de San Fernando
Pon en marcha o seminario conciliar de San Fernando
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome.
89. Dámaso Egidio Iglesias Lago (1818-1840)Apoio o levantamento Carlista.
Propuxo e achego financiamento, para a substitución do altar maior da catedral.
90. Juan Manuel Bedoya (1847) (electo, renunciou)
Foi perseguido polos membros do partido liberal
Solicitou que a Rúa dos Zapateiros, se chamase da "Paz de Vergara"
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome
91. Pedro José Zarandia y Endara (1848-1851)Foi tamén Bispo de Huesca
92. Luís de la Lastra y Cuesta (1853-1857)Foi tamén Bispo de Valladolid
93. José Ávila Lamas (27 Set 1857- 2 Feb 1866)
94. José de la Cuesta y Maroto (1866-1871)
95. Cesáreo Rodrigo Rodríguez (1876-1895)
En recordo do seu paso pola cidade,hoxe un xardín da cidade leva o seu nome.
96. Pascual Carrascosa y Gabaldón (2 dec 1895- 15 Mai 1904)Promoveu a creación do circulo católico de obreiros.Foi senador na Cámara Alta, designado polo arcebispado de Santiago de Compostela.En recordo do seu paso pola cidade,hoxe unha rúa da cidade leva o seu nome
97. Eustaquio Illundáin y Esteban (1904-1921)Facilita a instalación dos Irmáns Maristas na cidade,foi tamén Arcebispo de Sevilla.
Foi senador na Cámara Alta, designado polo arcebispado de Santiago de Compostela
98. Florencio Cerviño González (7 Mar 1921- 31 Xan 1941)
99. Francisco Blanco Nájera (8 Ago 1944- 15 Xan 1952)
Impulsou a construcción da Igrexia de Fatima
Fundo a Congregación de Relixiosas Misioneiras do Divino Mestre.
100. Angel Temiño Saiz (1953-1987)
101. José Diéguez Reboredo (1987-1996)Bispo de Tuy Vigo
102. Carlos Osoro Sierra (1997-2002)
Bispo de Oviedo
103. Luís Quinteiro Fiuza (2002- Rexe a Diocese na actualidade).
Etiquetas:
A Hestorea
Un mariñeiro de Canedo
Do Viaduto cara a Velle, todo era campo, hoxe pouco campo queda.
Son como nenos, non?.
Son nenos, algún xa desde pequeno tiña inclinacións mariñas, magoa que Ourense teña o seu porto en Vigo, e non mais cerca.
Na foto estaba facendo practícas do P.E.R. por iso de maior resúltolle sinxelo obtelo, eu hoxe non o faría (bañarme nese auga), por se as verteduras.
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense,
Pontes
14/06/08
Rúa "Alejandro Pedrosa"
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense,
Rúas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)