Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

25/7/11

Agradecemento a Poio

 Sabedes que no verán adoito ser un pouquiño máis permisivo, con certos temas, e un deles, é o de abrirlle a porta a outras zonas distintas á nosa provincia.
Hoxe síntome obrigado a darlle o meu máis sincero agradecemento aos Padres Mercedarios custodios do Mosteiro de Poio; en primeiro lugar polas facilidades que lle están dando á miña irmá Beatriz (a ela tamén lle dou as grazas, pero xa se sabe a familia?.), para que poida investigar nos magníficos fondos que alí se conservan.
E en segundo lugar, por conservar a base do seu esforzo, a biblioteca do mosteiro, é conseguir que sexa unha das mellores que hoxe en día temos en Galicia.
A orixe da biblioteca podería dicirse que é tamén o das facultades de Dereito e Medeciña de Santiago de Compostela; desde que no ano 1482 os Mercedarios se instalaron no convento de Conxo, (anteriormente habitado polas monxas Benedictinas), comezaron a formar a sua excepcional biblioteca; durante anos, acrecentaron o volume e a calidade dela, mais foi a partir de 1649, data na que conseguiron a creación das dúas facultades en Santiago, cando se envorcaron na súa ampliación, para colaborar na preparación dos estudantes que aloxaban nas súas dependencias.
En 1835, coinciden, non por casualidade, senón por causalidade dous feitos significativos: os benedictinos de Poio, teñen que abandonar o seu convento, e os Mercedarios de Conxo, o seu; a causa foi a desamortización de Mendizábal. Os Mercedarios conseguen quedar ao cargo da parroquia de Conxo, volvendo anos máis tarde ao mosteiro (aprox. 1881).
Posteriormente en 1890, os padres aceptan o seu traslado desde Conxo, ata Poio, para deixar o Mosteiro ao cargo da Mitra compostelá, que quería instalar o sanatorio psiquiátrico.

Desde ese momento a biblioteca alcanza por fin unha situación estable e segura, polo que recupera o seu esplendor, e da man dos padres, aumenta o número de volumes, e con eles a calidade da propia biblioteca. O último fito a comentar, é o que máis o relaciona co meu interese en explorar esa biblioteca, e trátase do feito de que en 1958, reciben a doazón do bibliófilo Ourensán, Don Antonio Rei Soto, formada por gran cantidade de exemplares de prensa ourensá histórica, e exemplares bibliófilos de altísima calidade que don Antonio fora recompilando en vida, coa colaboración de dona Angelita Varela.

Reitero o meu agradecemento, aos Padres Mercedarios, que na persoa do padre Jerónimo, están proporcionando todas as facilidades ao traballo da miña irmá, á que espero que Deus llo  págue, ela xa sabe que estes traballos, só contan coa remuneración do agradecemento.
A portada que vos mostro, e a postal, son da colección que a Heliotipia Hallmeyer e Gautier fixo nos anos vinte do Mosteiro  

Espero non haber tido excesivos erros neste pequeno relato da historia da biblioteca, pero algún dos datos foime imposible contrastalo debidamente, eiqui vos deixo o enlace a web do Mosteiro, que supoño que sera totalmente fiable, e penso que non contradice os meus datos.
* fixen unha pequena corrección o día 28 de xullo, por datos aportados polo padre Jeronimo, a quen de novo agradezolle a sua colaboración.  

No hay comentarios: