Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

15/6/15

"As Roladas" 1922 R


Reeditada e correxida da entrada do 16 -11- 2008

  Esta entrada levo tempo pensando se ten lóxica que se faga neste blogue, e ao final aquí a tédes.

Non era unha revista, non era ourensá, o seu creador tampouco era de Ourense, e por riba editábase en Madrid, o que fai que figure neste blogue, é soamente a relación que había entre o seu creador e director Ramón Cabanillas, e os da Revista NÓS, de feito a súa distribución en Galicia, facíase como separata da dita revista NÓS, a maís doutros medios de reparto.
   Os datos que teño son escasos; nalgunha ocasión pensei que puidese ser un intento errado dun grupo de amigos, por facer unha pequena revista infantil, (como foi), o primeiro número, é o de maio de 1922, e o segundo saiu en Xuño dese mesmo ano, neles colaboraron:


O Marqués de Figueroa.
Leonardo Rodríguez.
Prudencio Rovira.
M. Portela Valladares.
Antonio Palacios.
Vicente M. Risco.
Alfonso R. Castelao
e Ramón Cabanillas.

   A sede da publicación era o enderezo particular en Madrid de Cabanillas, rúa Aduana 35.2º
   Imprimíase en Madrid, na "Editorial Ibérica"
   Para que vos fagades unha idea da súa orientación, aquí móstrovos un detalle da separata.

Tratábase dun proxecto ilusionante promovido por Cabanillas e a súa contorna, pra fomentar o uso e desenvolvemento do galego, entre os máis pequenos. O obxectivo era atribuírlles o encargo de estar atentos a calquera manifestación da nosa lingua que puidesen atopar na súa contorna. Os cantos dos maiores, os nomes de lugares e rúas, motes, esa infinidade de detalles que pasan desapercibidos habitualmente pero a curiosidade innata dos pequenos espoleada por un toque de responsabilidade, saberían distinguir.

   No número uno explícallenos como será a formación das "Roladas"

No hay comentarios: