Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

17/3/10

José Ruiz López (Jorulo)


Fotografía do arquivo de Don Marcial Feijoo, "Jorulo en Aviles 1948" .
Merécese unha entrada máis ampla, ou mellor aínda, alguén debería escribir a biografía deste Ourensán, pero polo de agora, sirva esta entrada, pra lembrar este gran ourensán.
O deporte Ourensán, á marxe dos gloriosos anos do noso Coren Ourense (1989...), en baloncesto, pouca repercusión tivo e ten a nivel nacional, por iso, deberiamos ter máis presentes, os meritos dos poucos ourensáns, que conseguiron éxitos no deporte de alto nivel.
José Ruiz López ou Jorulo como lle chamaban os amigos, foi un deses esforzados veciños, que ben merece un recoñecemento, penso que é o único que pode presumir de ser tres veces campión de España.
Escomezou a súa vida deportiva, practicando as carreiras campo a través; falamos dos anos 40, (tería sobre 16 anos), nos que as instalacións deportivas da cidade, eran unha quimera, (o pouco que había, se percorredes o blog, darédesvos conta que eran catro campos máis ou menos chairos, onde todo suplíase a base de tesón), a súa opción certamente dáballe liberdade para adestrar, (campo si que había dabondo); en pouco tempo, descubriu a "Marcha Atlética", e aí comezou a súa etapa triunfal.
No 1945, durante os campionatos galegos, disputados no estadio de Riazor, proclámase "Campión de Galicia", e establece o record da proba de 10 Km marcha, en 53´36", iso motívalle, e comeza a preparar metas máis altas, así é como en 1947, no estadio de Montjuic proclámase campión de España, por primeira vez, ante os sorprendidos atletas cataláns, que sempre dominaran a proba (a súa marca 49´44" ).
O ano seguinte 1948, era ano olímpico, e Londres agardaba aos mellores, para encumalos ao Olimpo, e José, decide prepararse a fondo, o obxectivo era factible tendo en conta a súa progresión, ponse en contacto cun ex campión mundial de marcha, quen lle envía un programa de adestramento, que José con moitas dificultades consegue desenvolver, (contaba ademais cun suplemento de adestramento diario; contable de profesión, a diario percorría a cidade en catro ocasións, desde o seu domicilio no barrio dás Eiroas, ata o seu traballo no Almacén dos Eire no Xardín do Posío), froito desa preparación, nos campionatos galegos dese ano, rexistra unha marca de 44´00"5, que de xeito evidente seria meritoria de facilitarlle a súa presenza en Londres, razóns non aclaradas, e algunhas críticas demostradamente infundadas, permitiron ao Catalán Villaplana acudir á cita olímpica, en lugar de quen merecidamente ¨tiña gañado o dereito, a título informativo, direivos que a medalla de ouro olímpica tivo unha marca de 45´13", moi lonxe da marca do noso Jorulo.
Durante un tempo mantívose á marxe da competición, pero a súa afección lévoulle a regresar, vencendo novamente o Campionato de España, en Barcelona no ano 1951, e repetindo a fazaña en Avilés o ano 1952.
Logo diso, e ante a falta de apoio, decidiu marcharse a Venezuela, onde residiu ata a década dos oitenta, en que voltou á súa cidade.
Faleceu no ano 2002 en Ourense.

A información da entrada, procede da memoria do amigo Marcial Feijoo, a excepción dos datos de fechas e marcas, que proceden da prensa da epoca, e as paxinas web oficiais das federacions galega, e española de atletismo.
Noutra ocasion que volva falar do Jorulo, facilitareivos datos, da súa faceta de adestrador; que tan bos recordos deixo entre os seus pupilos.

No hay comentarios: