Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/3/10

As respostas

Dun xeito ou doutro, en todas as entradas, teño que pedir desculpas, ou dar as grazas a alguén; pra non perder o costume, iniciamos este terceiro ano de andaina, pedindo desculpas.
Onte estaba previsto, que dese as solucións, aos exercicios da semana, pero entenderedes, que foi un descoido, dado que coincidía co aniversario. Pido desculpas por iso, e poño remedio á falta.
Exercicio 1. A rúa da Barreira, antes de abrir rúa doutor Marañón, aínda que ao final e logo de varias pistas vía mail, moitos recoñecestes o lugar, o que ninguén me dixo, é, que era ese edificio que tivo que caer pra abrir a nova rúa, queda pois pendente ese exercicio para outra ocasión.
Exercicio 2. Creo que o máis complicado, xa que a pesar do meu atrevemento ao tutear á Orde dos Franciscanos, aos que pido desculpas , non foron máis que tres persoas, as que me dixeron que se trataba da casa e solar da Orde, antes do traslado no 1929, ao parque de San Lázaro.
Exercicio 3. Nada que comentar, o barrio de San Francisco, coa vía e o seu túnel, a pesar de aparecer na imaxe practicamente espido, era fácil de recoñecer.

No hay comentarios: