Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

7/3/10

Fototeca Ourensán

Hoxe tampouco hai fotografía, vouvos contar unha das misions que colateralmente, (esta de moda o termo), intentareis facer 
A historia da fotografía en Ourense, ten estado agochada, co paso dos anos. Cantos de vos poderiades dicirme, os profesinais, que estiveron traballando na cidade antes do 36?; a gran maioria, coñecedes o gran José Pacheco, (mestre de fotografos, e incluso algun me ten dito que foi o primeiro, xa vo lo digo, non o foi), tamen sona o nome de Samaniego, e dende logo todos coñecedes Foto Villar, ou o estudo de Scrhreck, (por fortuna ainda abertos grazas o traballo dos seus descendentes); os mais interesados no tema, lembraran a estancia unhos anos de Don Jose Gil na cidade, e pode que o periodo de aprendizaje dos grandes Luis Ksado, e Xaime Pacheco; o que xa non sabemos, e se coñecedes do paso doutros mestres, o afamado en Lugo, onde botou mais tempo que eiqui, Pedro Varela, ou das andanzas de Pedro Ferrer; houbo un tempo que a lo menos dous dos irmáns Garita Onaindia exerceron o seu arte na cidade, Francisco Prieto, quen na sua epoca tivo un dos millores estudos fotograficos de Galicia, na centrica (daquelas) rúa Pelayo, o curto periodo na cidade de Uxio Mora, etc.
De todos estes mestres, quedan moitos tesoros que descubrir, e moitos datos da sua biografia profesional que a lo menos pra nos son totalmente descoñecidos. Demasiadas preguntas, que intentarei ca vosa axuda e se son capaz, (voluntad teño, o caso e contar co coñecemento necesario), respostar. Que maquinas tiñan?, como eran os seus estudos?, como solucionaban os problemas da iluminación?, etc.
Estoume a esquezer dunha das preguntas que mais voltas me ten feito dar, e ainda non teño a resposta, agardo que ca vosa axuda, podamola resolver, quen foi o primeiro na cidade?.
Xa en varias ocasións, pensei ter a resposta; Aquillis Bocconi o italiano, foi quen primeiro estivo nese posto no meu ranking, pero en pouco tempo cedeu o posto a Don Uxio Mora, e ou a Don Pedro Varela, ambolos dous coñecidos, pero non sabia do seu paso por Ourense, non debeu ser moi longa a sua estadia, pero eso non quita de que poideran ocupar o primeiro posto, nesas andaba, cando aparecen informacions, das visitas doutro mestre Gervasio Alonso Montenegro, eiqui pouco o nada lembrado, pero na cidade de Xerez, considerado un dos millores profesionales, a mais de que deixou escola, co seu discipulo, Diego González Lozano.
Pois vai ser que non esta claro que don Gervasio ostente tal honor, fai pouquiño tempo, atopei unha información (escasa), de que a lo menos outros dous profesionales, andiveron por estas rúas, en datas proximas, que poideran ser anteriores, douvos o unico dato que teño de cada un :
Constancio L. Corona , mestre e pintor, participou na exposición Rexional Galega (Santiago) no ano 1858, con varios cadros, e a lo menos unha fotografía de titulo "O patio dos Leons" de Granada .
E outro profesional de apelido Garcia, nesas datas, posiblemente un pouco despois tivo estudo na rúa das Tendas.
Acercamonos así xa moito os inicios documentados da fotografía en Galicia, que en canto a Apertura de estudos, datan a primeira no ano 1856 en Santiago de Compostela, (Andres Cisneros), e en canto a presenza de fotografos, dos chamados ambulantes, no 1842 (Enrique Luard Falconier, A Coruña).
Por hoxe deixamola hai, pero seguiremos co tema, o asunto e contar ca vosa axuda, e entre todos poder recuperar toda a historia en imaxes da cidade.
Recordovos o mail, pra que podades colaborar.

No hay comentarios: