Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

30/8/12

Ourense por Barrios XI "As Mercedes"


AS MERCEDES
            De 1441 a 1850 coñeceuse como “Pía de la Casca”. xa que alí se situaba un depósito da auga onde se deixaban a remollo as peles dos curtidores. En marzo de 1850 noméase como “Calle de las Mercedes”, e, en 1934  como “Praza de Vigo” (a placa continúa colocada no lugar). Obviando as variacións, popularmente coñeceuse como “Campo das Mercedes”, pola capela alí localizada, adicada a Nosa Sra. das Mercedes, adherida ao covento do mesmo nome, fundado no século XVI.
            A “praza das Mercedes”, lonxe do espazo de lecer que hoxe constitue, foi durante moito tempo un referente da vida social de Ourense. Nela estivo ubicado o Xulgado Municipal, o “Centro Obrero” e a “Gota de Leche”, institución que alimentaba gratuítamente a os nenos lactantes, que funcionou en Ourense entre 1912 e 1933.
            Coa reforma do colexio das Mercedes ordeada polo Cardeal Quevedo, nace o  Hospicio. En 1856, o edifcio destinarase a Hospital Provincial, en 1931, a Escola de Artes e Oficios, e, de novo ao ensino coa aparición do "Colexio Menor da Mocidade Calvo Sotelo". Poderíamos falar da palleira do Concello, do parque de Bombeiros, e de outros segredos que o “Campo das Mercedes” agocha ,…, tal vez noutra ocasión.
Arquivo visual Ourensán fondo Augusto Guedes y Museo Etnoloxico de Ribadavia
Fotografía propiedade M.E.R
Fotografo, Don José Pacheco
Texto Fernando Valcarcel

No hay comentarios: