Buscar neste blog

Cargando...

Consellos

Usar as pestanas que están encima desta advertencia.
Os que non utilizades Explorer, debedes usar as etiquetas que están na dereita o fondo do blogue.
As imaxes das páxinas web non adoitan ser de dominio público, pois están suxeitas a dereitos de autor e teñen copyright.
As imaxes de dominio público son as que o propio autor libera, ou aquelas feitas por alguén que morreu hai máis de 70 anos.
Só se poden considerar imaxes de dominio público aquelas que "explicitamente" son publicadas baixo esta condición.
As imaxes suxeitas a dereitos de autor poderanse utilizar sempre que teña unha finalidade didáctica e sen animo de lucro.
No meu caso, as fotografías que son da miña propiedade, non teño inconvinte en que se utilizen, sempre que non sexa para obter un beneficio.
As que se me prestan con fines didácticos e históricos, depende dos seus propietarios dar a autorización pertinente para seren utilizadas.

28/08/08

Rúa Valle Inclan (1956) O colexio novo

Obra

Fotografía do arquivo dos Irmáns Maristas
No seu regreso á cidade no 54, os Irmáns Maristas, viñan coa idea de establecerse de forma definitiva, para iso instaláronse provisionalmente na rúa Pereira 5 antigo sanatorio do doutor Pol Piñeiro (pódese ver noutra fotografía).
O seu colexio novo, foi unha gran obra na cidade, na foto pode observarse, o método utilizado, para subir as pedras, se recheo de terra a rúa, para poder reducir a altura; loxicamente, a rúa non existía neses momentos.
Nota
En datas próximas, comezarán as celebracións do centenario da chegada, dos irmáns, e o cincuentenario da apertura do novo colexio.