Páginas

31/10/11

Liga de amigos de Orense (2012)

Supoño que vos vai chamar a atención, ver o ano 2012 pegado o titulo,pero todo ten a súa explicación.
A semana pasada; Fernando Valcárcel, o meu colaborador dos luns, envíoume este texto, que poderedes ler abaixo, falando da Liga de Amigos de Ourense; xa sabiamos da súa existencia no blog; pero el coida máis o detalle que eu, polo cal corrixirei a miña.
Ao que imos; ese mesmo día o amigo Moncho Conde Corbal casualmente, remitiume un correo electrónico, no que me comentaba a súa idea de retomar o costume que en Pontevedra, unha asociación moi parecida ao que foi a liga de amigos de Ourense, mantén dende hai anos; e non é outra, que a de premiar algún dos moitos conveciños que estando fóra de Ourense, fixesen méritos para ter un recoñecemento, idea que me parece totalmente acertada.


Ante esa casualidade, de recibir os dous correos electrónicos o mesmo día, resultou sinxelo, buscarlles unha asociación. Para contrastar opinións, déixovos lendo o texto de Fernando, para que se queredes me comentedes, se vedes factible, intentar recuperar algo similar actualmente na cidade; sería o renacemento da Liga de amigos de Ourense nun 2012 que nos auguran complicado.

Liga de Amigos de Orense e Celso Ferro  (Fernando Valcarcel)
Nos albores do século XX, a burguesía comercial, mostraba públicamente o seu poderío económico en pomposas reunións sociais, bailes, certames,…
           En 1916, a recén nada “Liga de Amigos” aglutinaba a estes exitosos comerciantes que organizaban as festas da cidade (agora ás veces chamadas “do Corpus”, outras “de Ourense”), tertulias, actos benéficos, desfíles e pasarúas, corridas de touros, botaduras de fogos de artificio e concursos poéticos.
          Entre outros, formaron parte da Liga de Amigos Francisco Villanueva, Alfonso Junquera, Alejandro Rodríguez Cobelas, Amador Villar, Arturo Pérrez Serantes, Candido Cid, Fermín García ou  Celso Ferro Vázquez.
         Este último, dende o seu negocio da  praza de Santa Eufemia, ofertaba toda clase de tecidos e confeccións. Nos seus almacéns exaltábase a “exclusividade” do produto, xa que, dispuñan en primicia de coleccións completas, resultado das viaxes realizadas por el mesmo a outros puntos do país e ao extrranxeiro. Traballaba marcas que non se atopaban en outros negocios do ramo como “Medical”, que fabricaba tecido de punto contra o frío e o reuma.
         En momentos difíciles para gran masa, o seu establecemento publícitábase a toda páxina na prensa local. Eran tempos de bonanza para un sector do comercio ourensano afeccionado á “festa nacional”, que, posicionado contra o “descanso dominical”, buscaba o máximo beneficio e, para elo , situábase en lugares preferentes por medio da política.
      Repasando os concelleiros e alcaldes de un Ourense non tal lonxano, reafirmome neste aspecto, xa que o comercio local tivo un importantísimo papel na vida política desta nosa cidade.
        A “Liga de Amigos”, xurde coa pretensión de “facer cidade”, e, así, comprometida con Ourense, financiará melloras no adoquinado e o alumeado público, obras cuxo custe non podían afrontar as  naquel tempo precarias arcas municipais.
Nesta segunda fotografía, temos a fortuna de que aparecen os personaxes numerados, e no pe de foto veñen os nomes. Estes son 1.-  José F. Gallego  2.- Antonio Malingre  3.- Fernando M. Monje  4.- Celso Ferro  5.- Alejandro R. Covelas  6.- Enrique Enriquez  7.- Fermín García. Algun deles aparece tamen na primeira fotografía, na que temos identificados a Candido Cid, sentado con zapatos brancos, Constantino Añel, que aparece desenfocado de pé na dereita da fotografia, e un Antonio García (Perniñas), que aparece de terceiro pola dereita tamen de pe. Agora que temos mais nomes gracias o traballo de Fernando, a ver si lle poñemos as caras.

30/10/11

Dia de Nós

Hoxe cumprense 91anos da saida a rúa da nosa Revista Nós, como vos estou contando estes días a maioria das asociacions culturais da cidade, ca colaboración das institucions, pretenden que o centenario sexa digno do traballo que no seu dia puseron en marcha eses nosos conveciños.
Con ese motivo ano tras anos se intentara acercar a todo o mundo aocoñecemento de Nós. Ourense no Tempo cas suas limitacions quere poñer o seu granito de area, e ofrecevos a posibilidade de poder leer con calma un dos exemplares da Revista. O numero 12, o que normalmente sairia no 1º cumpleanos, pero que debido posiblemente as propias dificultades dos edittores non foi así.
O mesmo tempo, e posiblemente o numero dos da primeira epoca, que conten maior numero de fotografías.
Pra ler ou descargar a publicación facede clik aquí Revista Nós nº 12
Se queredes descargalo, tede en conta que o arquivo e bastante grande, co cal vai tardar un pouco, nos vos poñades nerviosos e deixadeo baixar, segun o voso tipo de conexión tardara entre 1 min, e 5, nalgun caso pode que mais.

Na rede podense atopar tamen os tres primeiros numeros da publicación, e como sabedes o Concello de Ourense publicou o ano pasado una edicción facsimil do numero 1.
Perdon os que intentaron descargalo a primeira hora, por un problema no enlace de "scribd", non era posible, penso que agora esta arranxado

29/10/11

A festa da Bela Auria cas celebracions de Nós

Os amigos de A Bela Auria, quiseron este ano xuntar a sua festa cos actos do aniversario de Nós, e ofrecennos un programa digno de aproveitar. Estas son as suas intencions e a sua programación.
 Animadevos e participar.
 
Como Ciceron, en A Bela Auria, tamén cremos que é imprescindible coidar a memoria. Especialmente nestes tempos escuros que gardan tantos paralelismos co final dos anos 20. Dispostos como estamos a non ser golpeados por unha crise que se ceba na cultura, aínda que sexa a falta desta a que a provoca, presentámosvos o programa de A Bela Auria que aínda que sen orzamento adecuado e coa merma do número de organizadores non quixemos que se dividise, que perdese ou que permacese igual. Quixemos que esta segunda se multiplicase por dous con máis días e novas perspectivas para as actividades. Uníndonos á celebración do aniversario de Nós e intentando manter o espírito.
Por iso, a deshora, probablemente non coas mellores formas, á maneira imperiosa que soen dictar as circunstancias, dirixímosnos a vos para pedir, humildemente, a vosa participación  nesta A Bela Auria x2. Aquí vos deixamos un resumo do programa acompañado do programa da celebración do Aniversario da publicación da revista Nós.

A Bela Auria x 2 (programa de A Bela Auria e de Nós adxunto)

Do 24 ao 28 de Outubro. conferencias de historia contemporánea no Liceo de Ourense (organiza Alehou e colabora A Bela Auria)

29 de Outubro. Café Cantante no Liceo
21. 00 O Home Mosca de Harold Lloyd musicado a piano por Irma Fernández
22.30 Concerto de All Latin Jazz
24.00 Actuación de Dillei Royalti musica anos 20 e 30
30 de Outubro. A romaría dos nenos no Xardín
12.30 Banda Municipal e cabezudos da Esmorga
13.30 Xantar con polbeira
16.30-20.00 obradoiros gratuítos de esgrima, arqueoloxía, xogos tradicionais, xoguetes tradicionais
12.30-20.00 exposición o século dos nenos

28/10/11

A fotografía na Revista Nós (3)


Edicion Facsimile do nº 1 XC aniversario Revista Nós
Continúan aparecendo no número 10 fotografías do Mestre Pedro Ferrer (supostamente), ilustrando os textos de Cuevillas, que nesta ocasión nos fala da Cibdade de San Ciprian de Las.

Aparece o número 11 orfo de imaxes, para encontrarnos no 12 a maior cantidade de fotografías da primeira etapa de Nós. Altérnanse nesta ocasión traballos de campo de Pedro Ferrer, con traballos feitos con toda probabilidade nas instalacións do Museo Arqueolóxico daquelas situado no actual Instituto Oteiro Pedrayo, por José Samaniego.

No número 13 desaparece o anuncio do estudio Samaniego, pero continúan aparecendo traballos asinados por el na continuación do traballo de Florentino Cuevillas sobre San Ciprian de Las; aparece tamén por primeira vez nas Re vista, unha fotografía publicitaria, trátase da que ilustra o anuncio da empresa Hermanos Rodríguez, (aparece tamén como Rodríguez Sánchez e Vázquez)

As seguintes publicacións, non tiveron imaxes fotográficas, ata o número 18, no que ilustrando unha colaboración á sección arqueolóxica de don Florentino enviada por Don Ángel del Castillo (trata da eirexa visigótica de San Martiño, que antecedeu na situación á actual Santa María Madre), aparece unha fotografía obtida polo propio autor.

Fotografía de Ángel del Castillo
Complementando a sección arqueolóxica dese número, Cuevillas presenta o seu artigo, e engade unha referencia ao descubrimento dunha lápida, da cal nos mostra imaxe, pero sen identificar o fotógrafo.

Dende este número, ata o 24 só encontramos na contraportada a fotografía do anuncio da xastraría Crecente Da coruña. Se non temos en conta unha serie de debuxos que poderían ter sido fotografados, que aparecen nun artigo sobre arte popular galega de Fermín Bouza Brey no número 21.

Teriamos que esperar despois ata o número 32 para encontrar outra fotografía, pero iso xa o comentaremos o próximo ano para celebrar o aniversario de Nós.

A publicación faciase a estas álturas na Coruña e a publicidade Ourensá decae

Este ano para rematar con esta serie de Nós; o domingo día 30 que se cumpren 91 anos do nacemento da Revista, fareivos un agasallo que espero sexa do voso agrado.

Revisade o programa de celebracions que tedes na entrada do martes, e ide disfrutar as festas de A Bela Auria 

27/10/11

A fotografía na Revista Nós (2)

Primeira portada de Castelao nº 10
 Á marxe da publicidade de José Samaniego que como xa vos comentei mantivose ata o numero 12; encontramos no n.º 7 unha fotografía do doutor Leonardo Coímbra, ilustrando dous artigos que se publicaron na súa honra a raíz dunha visita que fixo naqueles días a Galicia, (descoñecemos o autor da fotografía).

Terence Mac Swiney

No n.º 8 dedicado á memoria do alcalde de Cork, Terencio Mac Swiney, heroe da loita irlandesa, aparece a fotografía de Mr. De Valera, Eduardo; presidente da asemblea constituínte de Dublín e a do propio Mac Swiney, ambas as dúas de autor descoñecido.
A partir do número 9 comezan a publicarse os artigos sobre arqueoloxía asinados na súa maioría por Florentino López Cuevillas, e que habitualmente aparecen ilustrados con fotografías, as deste primeiro número pola firma que aparece en dúas delas, sabemos que son da autoría do fotógrafo e impresor coruñés Pedro Ferrer, quen probablemente con anterioridade tivese recibido o encargo de realizar unha reportaxe fotográfica dos monumentos da provincia de Ourense. As catro fotografías que aparecen neste número, son da mansión de Aquis Querquernis, e da Igrexa de Santa Comba de Bande.

Fotografía de Pedro Ferrer

Continua maña

26/10/11

A fotografía na Revista Nós (1)

 Acompañando os actos dedicados á revista Nós, nos que o A.v.O. colabora humildemente, queremos achegar o noso granito de area, ao coñecemento desta histórica publicación. Con esa intención as próximas entradas do blog, intentasen resumir a participación e relación dos profesionais da fotografía, coa publicación.

Supoño que debido ás limitacións técnicas da imprenta, e ao custo que podería supoñer a inclusión de fotografías nunha publicación deste estilo. Non foi precisamente profusa a aparición de fotógrafos en Nós.
Iso non quere dicir que non poidamos falar de traballos fotográficos ou colaboracións destes profesionais.
Dende o número 1 da revista de data 30 de Outono de 1920, aparece o anuncio publicitario de Don José Samaniego Piñeiro; non podemos dicir se se tratou dunha cuestión meramente publicitaria, dunha cuestión de amizade cos promotores da nova publicación aos que pretendía axudar, ou se como nos inclinamos a pensar, esa publicidade foi unha forma de pagamento ou agradecemento pola colaboración profesional do mestre Samaniego.
Sexa como for, aparecen nos tres primeiros números anuncios de Samaniego, co formato que tedes de primeiro, e dende o número 4 ata o 12, con este outro.


Á marxe deses anuncios, na revista aparecían unhas imaxes que a editorial citaba como fora de texto; entre as que figuran traballos de diferentes artistas, como son os debuxos de Castelao, A Voda de San Xoan que aparece no número 1 e A Tola do Monte no numero 2 ou o Retrato o carbón de Farruco Lamas do número 5 que aquí vos mostro. Esas imaxes como demostra o pé que aparece no último citado parece ser que se levaban a imprenta despois de ser fotografados por Samaniego, se ben a falta de datos só nos permiten aseguralo neste caso, nos demais debemos apuntalo como unha simple suposición.

seguimos maña

25/10/11

Preparando o centenario de Nós

No ano 2020 a revista Nós, cumprirá 100 anos; esta publicación supuxo e en xustiza debe continuar séndoo, un dos piares da cultura galega.
A cidade de Ourense non por casualidade, tivo o privilexio de ser o lugar de nacemento desta publicación; e como tal entendemos que debe envorcarse na celebración desta efemérides. Para iso a maioría das asociacións culturais da cidade, puxéronse en marcha, dende xa, (realmente o ano pasado cos noventa anos xa comezou a prepararse), para conseguir, ou polo menos intentalo, darlle a difusión que merece.
Agardar a chegada do aniversario, para realizar multitude de actividades, consideramos que sería insuficiente, pola enorme cantidade de temas relacionados con esta publicación, autores, personaxes, ideas, marco etc, deben tratarse en detalle, para facilitar o achegamento de todas as xeracións ao seu coñecemento.
Co cal imos adiantarnos ao momento cumio, que será nese ano 2020, e pouco a pouco, recuperar "Nós".
Hoxe cun involuntario pequeno atraso, o blog Ourense non Tempo, faise eco do programa de actividades deste ano, que dende onte e ata o día catro de novembro celebraremos na cidade.

Ourense no Tempo Programa Man NOS

24/10/11

Licores Viso (Fernando Valcarcel)

Espero que me disculpedes por repetir esta fotografía, pero e que non atopei ningunha millor para ilustrar o texto do amigo Fernando; e a que remata a entrada non e miña, que e prestada polo diario La Region.

LICORES VISO

No verán de 1933, Eloy Viso Loeda instala no número 101 da estrada do Progreso (herdeira da de “Villacastín a Vigo”, que será posteriormente “avenida”, para rematar en “rúa”), a súa fábrica de licores e almacén de “vinos generosos”, entendendo por tales, aqueles viños aos que se lle adiciona alcohol vínico, o que lles proporciona características distintivas, e aumenta a gradación alchólica entre os 14 e os 23 graos. Estes viños doces e robustos, responden ao perfil do Xerez (España) ou o Oporto (Portugal).

No inmaculado baixo revestido de azulexos brancos da rúa do Progreso, elaborábase unha gran gama de alcohois entre os que estaban o ron cubano, o ponche 850, o licor café, a xenebra aromática, o “licor amarillo”, o curaçao, a crema de moca, o licor de laranxa, a crema de menta, o licor “chastreus”, ou o vodka. A próspera industria contou cunha fábrica no barrio de ” O 21”, foi alí onde D.Eloy perecería de xeito tráxico nun accidente.
Na década dos anos 30, existiron en Ourense outras dúas industrias adicadas a fabricación e ditribución de licores: a de Fermín Fernández, e a de Patricio Martín Sánchez (Ponches la Gallega). Dende o respecto, afirmarei que ningunha delas acadou o éxito e a repercusión económica e mercantil dos Licores Viso, que, penetraron rápidamente nos fogares ourensanos con sinxelos e directos eslogans, reproducidos en prensa, radio e programas de festas, como “Pida siempre Viso, beberá lo mejor”.
Brindemos por Ourense. Saude!.

Interior da fabrica no 1933, (publicada polo diario La Región)

23/10/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios VIII)


AMARGURA
            A que hoxe coñecemos como rúa “Arturo Perez Serantes”, denominouse dende o ano 1850 “da Amargura”, e, descoñecéndose o porqué, poida que fora pola tortuosa subida que se vislumbraba dende a estrada de Trives (hoxe Avda. de Buenos Aires), ou, se cadra, porque, era, xunto coa Carreiriña dos Defuntos (hoxe “Juan Manuel Bedoya”), vía de acceso ao cemiterio de San Francisco.
            En marzo de 1955, a Corporación Municipal, aproba o cambio de denominación, polo de Arturo Pérez Serantes, recoñecéndolle deste xeito os “fructíferos” 11 anos ao frente da Exma. Deputación dende a que impulsou a creación da “Escuela de Comercio”, do “Hogar Infantil”, a ampliación dos servizos do desaparecido “Hospital-Modelo”, e, a mellora dos camiños e vías de comunicación  desta nosa cidade.
            Hoxe, un vello letreiro que desafía o paso do tempo, nomea como “Amargura” a canella sen saida á que se accede pola rúa San Francisco.
                O cambio de nome serviu para achegarnos a un ourensano de pro, pero, supuxo a ignominia doutra das denominacions “populares” do noso rueiro. Por todo elo, vémonos na obriga de cuestionar a desaparición do auténtico ao amparo da “modernidade”.
Arquivo visual Ourensán fondo M.E.R.
Fotografía propiedade do Museo Etnoloxico de Ribadavia
.Fotografo, Don Augusto Pacheco (anos 60)
Texto Fernando Valcarcel

22/10/11

Notas de Patrimonio 19 2011 M Á Gonzalez García

Hoy don Miguel Ángel nos acerca a un pequeño trabajo de Don Daniel Vazquez Gulias, no todo fueron grandes obras, un arquitecto tiene tambien estos trabajos. De todas formas en este caso hablamos de patrimonio con lo cual era necesario un buen trabajo.
Para leer o descargar el texto,  clic aquí 

21/10/11

A esquina do Patin Vello

Levo tempo sen porvos exercicios, por non poder responder os vosos mails, (xa sabedes o tempo é sempre escaso, non é que agora este máis libre, pero...);  entre que é moi fácil, e que realmente xa vos estou dicindo co titulo onde estaba ou esta; porque non caeu, o único que pasou é que se lle limpou un pouco a cara. Supoño que seredes poucos os que teñades dúbidas e preguntédesme.

Como dato adicional dareivos un comentario de Pastor, sobre a rúa que sae do Patín: nela labrábase a pedra para facer a "obra" da..... , anos despois o Conde de Lemos intentou destruír o seu traballo, e rematou pagando  el  aos canteiros.

Máis fácil imposible.
De todolos xeitos se algun se despista, xa sabedes o mail ourensenotempo@hotmail.com  

20/10/11

A praza de Ourense por José Pacheco

 En Xuño do ano 1907 publicaba o xornal Gaceta de Galicia, o anuncio de que José Pacheco, con motivo do concurso de orfeóns programado durante as festas dese ano; realizara unha fermosa colección de tarxetas conmemorando o acto.
O concurso sabemos que se celebrou na praza de Toros desmontable, se ben descoñecemos a situación desta, xa que era aleatoria; uns anos estaba no que hoxe coñecemos como as Lagoas, (daquelas parte do campo dás bestas), e outros no campo de Los Remedios, onde hoxe temos o Pavillón de deportes.
Desa colección de tarxetas conservamos no Arquivo visual Ourensán unha boa parte dela, unida á que Don José realizo das corridas de touros da época; de feito, durante bastante tempo noso descoñecemento do tema, fixo que pensásemos que todas as tarxetas correspondían coa celebración das festas taurinas, cando realmente a maioría parece ser que se corresponden co concurso de orfeóns; apunta con bo criterio o amigo Pastor Fábrega que don José probablemente durante o concurso aproveitando que non existía perigo pola falta de morlaco, obtivo imaxes de todo o público, dende o centro da praza.
Intentaremos reunir toda a serie e cos modernos medios informáticos, reconstruír unha vista xeral de toda a praza. Pero iso será con tempo, por agora contentarvos con estas dúas mostras.
Agora que temos o dato, é máis comprensible a  segunda fotografía, tanto persoal na arena, non era normal, pero si que é máis habitual nun concurso de orfeóns, ou non?.

19/10/11

O Cadelo e o Ardillita


Como diciamos onte, (como me gusta esa frase); Praza de touros e espectáculos taurinos, durante moitos anos gozáronse na cidade.
Do que case non temos datos, é da incursión dalgún Ourensano no mundo do touro. Grazas a Manuel Outeiriño, (máis coñecido por Manolo Santamaría) e a Pastor Fábrega, nos últimos tempos souben de dous destes profesionais do toureo.
Cóntanme que a súa traxectoria non foi moi longa, e tampouco alcanzaron gran renome, pero aínda así, temos probas da súa actividade.
Benxjmín O Cadelo, descóbremo Manolo, como un home afable e servizal, con boa planta toureira como vedes na fotografía; dedicouse ao mundo do toureo, coincidindo con mestres como Marcial Lalanda e Juan Belmonte, nos anos trinta, na cidade foi moi coñecido, porque realizaba tarefas de matachín, traballaba no servizo de limpeza municipal, e era integrante da banda de música.
Do outro personaxe só podo dicirvos que era o Ardillita, e que tivo unha carnizaría na rúa Bedoya, neste caso polo que me di Pastor a súa actividade non é tan afastada no tempo como a de Benjamín.
Seguirei atento a conseguir datos destes dous personaxes, e algún máis que seguramente descubriremos; de momento queda no tinteiro algunha anécdota simpática, que acompañase novas imaxes que vaian xurdindo.

18/10/11

Semana de touros en Ourense



Esta semana aínda que non son festas maiores, ocorréuseme rescatar un antigo costume que os nosos maiores gozaban e non obstante hoxe en día Ourense retirouse do circuíto, e no resto do país sopran malos ventos para ela.

Falo da chamada Festa Nacional, os Touros.
Dende logo o coso ourensán, nunca foi dos importantes para a festa, pero de aí, a pensar como lles acontece a moitos dos ourensanos, que non existiu, hai unha gran diferenza.
Nalgunha entrada anterior, xa comentamos o tema das diferentes situacións que tivo ao longo do tempo, mesmo o proxecto que houbo de construír unha praza fixa na Avda. de Zamora, tras a igrexa de San Pio X. Pero do que nunca falamos foi de mestres Ourensanos na arte de cuchares. Bo se, andan polo blog unhas fotografías duns individuos vestidos co traxe de luces, pero que de toureiros tiñan pouco, podedes velas neste enlace clic eiqui.
O caso é que algún mestre saíu desta terra, certo é que non chegaron a destacar en exceso no panorama nacional, pero intentos e polo que se conta valor, si que demostraban. Mañana contareivos o pouco que conseguín descubrir destes cabaleiros, e o máis importante, mostrareivos a fotografía dun deles coas galas toureiras.
Por hoxe conformarvos que non é pouco, con esta fotografía feita por don José Pacheco, creemos que a principio do século XX (1902-1905).
 O marxe de presentar a eses gallardos novilleros, algún pode que Ourensano, ten outro detalle de interese; o lugar onde pousan os personaxes, existe a dúbida de se podería ser a estación de tren de Canedo.

17/10/11

Universidade Laboral (Fernando Valcarcel)


A UNIVERSIDADE LABORAL

En setembro de 1974 comezaban as obras da “Universidade Laboral”. O importe das mesmas ascendería a 208 millóns de pesetas, dos que 168 adicanse ao edificio.
O arquitecto redactor do proxecto foi o madrileño Julio Cano Lasso, en colaboración co seu colega José María Sanz Sanz. Ambos deseñaron un inmoble funcional en hormigón armado, un exemplo de arquitectura racionalista, que curiosamente pretendía imitar á “arquitectura popular galega”, polo emprego de grandes galerías acristaladas orientadas ao sur que permitiran a entrada de luz.
O modelo da “Universidade Laboral” tentaba abranguir máis aló do meramente pedagóxico, e, plantéxase como un “compromiso social” como resposta ás imperantes necesidades da nosa provincia no eido cultural e educativo, por elo, incluirá nas súas instalacións dúas residencias para alumnos, aulas e talleres, equipamentos deportivos, culturais e recreativos,…
Pese á magnitude da obra, esta inaugúrase en outubro de 1975. Nela traballaron uns 300 obreiros a turnos de día e de noite.
Na web da Universidade Laboral:  http://www.universidadelaboral.com/ , dende o enlace “O noso centro”, accederemos a moita, e máis detallada información sobre esta singular edificación: o lugar, materíais, interiores, galerías,….
A D. Julio Cano Lasso, outorgouselle a “Medalla de Oro de Arquitectura 1991”, o maís grande recoñecemento que concede o Colexio de Arquitectos de España polos méritos realizados en favor da Arquitectura.
Ás veces non valoramos o que temos preto. Serva esta humilde reseña para ensalzar unha gran obra da arquitectura comtemporánea que os ourensáns temos a sorte de disfrutar.

16/10/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXVIII)


Esta Semana foi a cousa de minuteiros e coincidentemente unha das fotografías publicadas polo diario La Región durante a exposición, foi esta que nos enviou o amigo Guillermo Álvarez, por certo, parente do gran Paco Paco que leva tempo sen aparecer polo blog, a ver se esta semana podo arranxalo....
A fotografía é do ano 1939, e como vedes en Ourense era posible navegar en lancha motora. Algún haberá que se fixe na botella de coñac que mostra o capitán, e aproveite para dicir que o botellón da alameda xa era habitual naqueles tempos; que non se confunda, esa botella posiblemente fose o premio obtido na barraca de tiro do Gonzalo, ou na tómbola do Cucurucho, e o seu destino era ser consumida probablemente como fin dunha comida de domingo, que non estaban as cousas para tirar foguetes, o 39 foi o 39.
Gustaríame que revisásedes o voso álbum de fotos, e se encontrades algunha destas marabillas, mas deixedes ver; no estudo da historia da fotografía, a parte que corresponde aos minuteiros, faise moi complicada debido á mobilidade que estes profesionais tiñan, en boa lóxica, pasábanse a vida en busca de festexos que lles permitisen aumentar a súa clientela. Poder ver a maior cantidade de fotos posibles, é o único xeito de intuír a frecuencia coa que desenvolvían o seu traballo na nosa cidade.
Que non vos preocupe que o barco se chame Coruña, ou na amura luza La Viguesa, perfectamente a fotografía puido obterse na nosa alameda, xa sabedes que para certos temas o Miño era navegable.

15/10/11

Historias Menores 12-09 M A Gonzalez García

Fiel a su cita, aqui tenemos una nueva entrega de las publicaciones de Miguel Ángel Gonzalez García, en este caso nos da una muestra de la minuciosidad, con que se gestionaban los gastos por las autoridades eclesiasticas, incluso cuando se trataba de actos relacionados con sus altos mandatarios.
Cera, mortaja, ornamento, son algunos de los gastos reflejados en la contabilidad, de unos actos, que constituian un acontecimiento en pequeñas ciudades como la nuestra.
Para leer y descargar el texto,   Clic aqui  .

14/10/11

A panificadora civico Militar

O amigo Javier Torres, tenme deixado autenticas maravillas fotograficas, (por certo a que onte ia de primeira e da sua colección, que esquecin decilo). Unha delas, e a que hoxe vos mostro, e que me fai sentir, duas sensacions ben distintas.
Por unha banda lembro a primeira entrada que fixen ala polo ano 2008, falando deste solar, na que todo eran dubidas, e por outra alegrome xa que gracias os amigos, hoxe temos no arquivo vistas deste vello edificio, dende todolos angulos posibles.
Espallados plo blog andan datos que falan da Cooperativa Civico Militar, dos seus fundadores, do servicio que daba, e algunha cousa mais. Pero hoxe prefiro que disfrutes da fotografia, sin liarvos con datos. Tempo teremos de recopilalos todos, e facer unha entrada en condicions.

13/10/11

Mais fotos do minuto

Poucas son as oportunidades que temos na actualidade, de conseguir unha imaxen orixinal, co sabor das de antes; nas festas xa non se atopan, e profesionais que poideran facelas, xa que os coñecementos sobranlle, como Lisardo Mazaira, prefire disfrutar a sua xubilación, algún dia de xeito puntual intentaremolo convencer de que nos faga unha demostración eiqui na cidade.
Eu seguindo ca busqueda de datos da historia da fotografia na nosa cidade, teño atopado algun nome mais que se ven sumar os xa coñecidos Mazaira e Sanjurjo, e os tamen coñecidos ainda que un pouco menos "duraderos", Jose Seara, Venerando Doval, Manuel Sutil e Danieliño; pero de todos os que levo atopado e o amigo Lisardo o unico accesible, ainda que como xa vos dixen non ten moitas ganas de facer traballar a minutera.
Polo de agora se temos o antoxo de facer unha destas fotografias, temos a opción de ir a Santiago de Compostela; fai anos habia un fotografo minuteiro na Herradura, que non sei se sigue por alí, o que si descubrin esoutro día, e que traballa un en Fonseca. Non vin que tivera fondos, que eran os que lle daban o ton festivo o tema, pero ainda así pode merecer a pena.
Durante a pasada exposición do AvO Ourense un Século de fotografia, tivemos a oportunidade de disfrutar dos fondos que o amigo Arcadio de Monforte tivo a bondad de prestarnos; sabemos que moitos ourensans aproveitaron pra sacar instantaneas na sala con eses fermosos fondos fotograficos, pra eso estaban. E como non, os socios do Arquivo visual Ourensán, tamen aproveitamos pra facernos unhas fotos para presumir de vehiculos.
Usando unha desas imaxes como base, fixen unhas probas dandolle aspecto de "orixinais". Eiqui volas deixo por si vos gustan. 



12/10/11

As imaxes de defuntos

En contra das normas do blog, e pra que de ningún xeito se poda identificar a familia, non citarei o propietario da fotografía

Levo moito tempo, negándome a publicar este tipo de fotografías, pero evidentemente non se pode esconder a realidade.
Houbo un tempo na historia da fotografía en que uníndose varios factores, converteuse en costume habitual realizar este tipo de fotografía que eu considero "tétricas".

Os antecedentes atópanse nas pinturas fúnebres que se popularizaron no século XVI, os personaxes ilustres, reis, aristócratas e persoas adiñeiradas, non tiñan inconveniente en retratarse en vida para a posteridade; con todo a maioría das ordes relixiosas consideraban como un acto de vaidade, facerse en vida ese retrato que prolongase a súa existencia, mantendo vivo o recordo; polo cal o retrato realizábase ao falecer.

En base a esa concepción de que a imaxe facilitaba o recordo, comezaron a ser habituais en todos os estamentos sociais, este tipo de fotografía. Non é estraño ver imaxes, nas que a persoa falecida colócase para a fotografía coma se continuase viva, e formase parte dunha escena cotiá familiar, de feito hoxe en día se continua maquillando e preparando ao falecido, ... Permitídeme que non profundice no tema; na rede tedes moita máis información, se o considerades preciso.
Eu vou limitarme a comentar unha parte triste, pero no fondo fermosa deste tipo de imaxes. Trátase do principal motivo polo que se obtiñan fotografías de nenos, na maioría dos casos recentemente nados, falecidos.
Este non era outro, que a crenza, de que ese ser considerábase puro, como non podía ser doutro xeito, co cal era un Anxo. Ata (supoño que sería un forma de suavizar a pena), dicíase que esa familia fora bendicida cun anxeliño no ceo.

Noutro momento, comentareivos outro tipo de fotografías, dalgún xeito relacionadas co tema, como eran as montaxes que os profesionais realizaban con persoas xa falecidas, pero aos cales retrataran en vida; a fin de poder mostrar a amigos e familiares, unha imaxe familiar imposible doutro xeito. Era moi frecuente entre familias de emigrantes.

11/10/11

Festas e Minuteiros

Fotografia propiedade de  Carlos Diaz.

Para que non vos colla desprevidos, avísovos que a entrada de mañá, non é precisamente das máis alegres que poboan este blog.
A temática, cando menos debo cualificala, como triste.

Debido a iso, decidín que as entradas que a flanqueen, toquen temas distendidos, e nese plan un dos meus favoritos, relacionado coa fotografía, é o dos minuteros.
Hoxe como aperitivo, e porque a fotografía meréceo, móstrovos soamente unha imaxe.
Non teño datos, pero puidese ser que deste trampantoxo fotográfico derívese a coñecida frase, de non ver tres nun burro. O tamaño da reprodución era o culpable, xa que as medidas reais son de aproximadamente 2 x 3, e xa sabemos que antigamente o uso de lentes, estaba moi limitado, se seica algún podente, levaba unha lupa ca cal mirar o reloxo.
Quen ideo a lona pensou en todo, non esquecéndose de darlle un toque picaron, fixarvos senón nas esculturales pernas da damisela; pero ao mesmo tempo casto, como demostra a posición que adoptan os acompañantes.
A min que me encantan este tipo de fotografías, sempre me chamou a atención un fallo que tiñan case que todos os profesionais que se dedicaban a estes traballos: e non era outro, que o de non aconsellar aos clientes a posición que debían adoptar, para darlle un pouco mais de verosimilitude á imaxe; tamén é posible que eles o fixesen, pero o ambiente festivo que rodeaba a escena, posiblemente fose o culpable, de que estes non fixesen nin caso. Verdadeiramente estas fotografías non eran para o recordo familiar, senón para facer unhas risas entre amigos.

10/10/11

A Industria de Rogelio Fernandez


Nova entrega do amigo Fernando, a que unicamente tiven que añadir a imaxen que tedes arriba, de unha das fermosas chapas publicitarias que se facian nos anos 40.

A Industria de Rogelio Fernandez (texto de Fernando Valcarcel).

En 1920, Rogelio Fernández González chega a Ourense con 20 anos dende o seu Bande natal. Establece a súa industria de construccións metálicas e calefacción no número 9 de Cardeal Quevedo, e, en 1932 múdase ao número 10 da mesma rúa.
Nos anos 30, o negocio da cerraxería metálica e fundición, auguraba un futuro próspero. Existían 24 talleres en Ourense, entre os que destacaban xunto ao de D. Roxelio, o de Severino Fernández Varela, no número 5 da rúa Liberdade, o dos irmáns Fraga en Cardeal Quevedo 8, ou, o de Manuel Malingre Lamas, no Couto.
Na fábrica de Cardeal Quiroga pàsase da elaboración de cerramentos verxas, vigas e materiais metálicos para a construcción a outros máis complexos como motocarrís, reductores de engranaxe, estruturas para a extracción de pozos mineiros e máquinas de elevación como grúas, cabestrantes ou pontes-grúa. Para tal cometido, precisaban un local de maior superficie,e , por elo transládanse á Estrada da Lonia. O esquelete desta instalación onde tantas veces se instalaou o circo segue en pé ao lado da residencia universitaria “As Burgas”. Os ABC de 1954 e 55, engrandecen este lugar degradado, acreditando un pasado mellor.


Fotografía aparecida en varias publicacions, e folletos publicitarios, do interior da fabrica da Lonia

9/10/11

La Ilustración Gráfica en Galicia 1880 - 1936

O venres, tiven a fortuna de asistir a presentación dunha nova publicación, da profesora Dª Maria Victoria Carballo-Calero Ramos; para facer o traballo, contou ca colaboración do equipo de investigación AH2; Susana Cendán Caaveiro, Roberto Vazquez Rozas, Jorge Varela Barrio, Angel Dominguez Lopez, Mercedes Bangueses Vazquez, Marta Lopoz Lopez e  Jose Luis Martinez Orge.
O libro encuadrase dentro dun proxecto de investigación auspiciado polo Ministerio de Ciencia e Innovacion, (ano 2008), que se complementa ca Web Ilustración en Galicia que podedes visitar neste enlace clic aqui .
Na presentación contaron ca presencia de dous dos principais estudosos do tema a nivel nacional, como son Andres Trapiello, e Juan Manuel Bonet.
A publicación dalgun xeito ven continuar o traballo que a profesora comezou fai anos ca publicación de La ilustración en la Revista Nós (1983), ainda que nesta ocasión abarca a practica totalidade das publicacions feitas en Galicia ata o ano 36. Casualmente unha das publicacions recollidas no libro, e a Revista Céltiga,  da que tedes desde fai dous días o numero 1 de agasallo no blog.  
En definitiva un traballo moi ben feito, tanto a publicación como a Web, que se constituen como de consulta obligada pra profundizar no tema.

8/10/11

Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense 7 (M.A. Gonzalez Garcia)

Don Miguel Ángel, continua aportandonos sus cuadernos, nunca exentos de interes.
En esta ocasión nos habla de la colaboración que la iglesia en este caso en la persona del Parroco don Antonio Borrajo, realizaba con las autoridades, en materia sanitaria.
Cualquier hecho relevante, durante los periodos de epidemias, era informado al Obispado, quien lo pondria en conocimiento de las autoridades sanitarias, para facilitar un mejor control de dichas epidemias.
en este caso, os aseguro que lei el texto con interes, por si algun pariente mio habia sucumbido durante el colera del 1855; de aquella zona son los antepasados paternos, y algun pariente aun me queda, que disfruta de aquellos parajes. Bueno por lo que cuenta don Antonio, mis parientes no fueron afectados.
Para descargar y leer el texto, haz  Clic aqui .

7/10/11

Periodistas

Redacción do diario "El Eco de Orense". e. a d. Enrique Cantón, José Adrio, Modesto Carbajal, Antonio Fuentes, Alfonso Carballo Rey, Julio Carballo Enriquez, Juan J. Reza, Antonio López. O fondo ainda que a calidade da copia non permite velo con claridade, pode verse o retrato do que foi seu director ata 1906, Valentin Lamas Carvajal. .
 Fotografía da Revista Vida Gallega, 1912

Se non xorde ningún inconveniente, hoxe estarei na capital de Galicia gozando a compañía do meu amigo Manuel Outeiriño, e duns futuros xornalistas.
O obxectivo da reunión, é falar da historia da fotografía no noso Ourense, ou con ese argumento polo menos invitóulleme. Creo non equivocarme ao pensar que eles, refírome aos futuros xornalistas, preferirán que no canto de relatarlles a lista dos fotógrafos Ourensáns, (para iso xa existía a lista dos Reis Godos, aínda que agora xa non se estuda), achéguelles un pouco a historia da fotografía e fálelles dos cambios que o tempo foi producindo neste relativamente nova arte. Na medida das miñas posibilidades, intentarei que sexa o máis ameno posible.
Buscando datos da relación entre fotografía e xornalismo, atopei esta fotografía publicada nun dos diarios máis importantes de Galicia, e posiblemente o primeiro dos galegos que intento espremer ao máximo as posibilidades que daba a fotografía ao xornalismo, falo de revísta Vida Galega fundada en 1909 por Jaime Sola, e que enlaza perfectamente co tema da reunión, dado que o seu primeiro director artístico, foi don José Gil, quen estades fartos da saber que foi un dos nosos mellores fotografos, agas do director e realizador da primeira pelicula galega Miss Ledyia.

6/10/11

Un pequeno agasallo

Colleume por sorpresa, a cantidade de amigos que me felicitaron este domingo, polo meu aniversario; naquel momento non puiden facer nada, xa que normalmente celébroo, coa familia, e algún amigo, e estaba todo previsto. Desde logo que non podo plantexarme invitarvos a todos, pero tampouco me gustaría quedar como un desagradecido.
Con esa idea, ocorréulleme, facervos a todos un agasallo, que espero que vos guste.

Na miña pequena biblioteca, teño algunha (pra min) xoiiña, que nalgún caso son se non imposibles, se moi difíciles de atopar, como moito algún dos exemplares pódese atopar en facsímil, ou nunha edición recompilatoria.
Un deles, é este exemplar da Revista Céltiga  Descargar o documento    que os membros das Irmandades dá fala puxeron en marcha en 1922. Trátase do número 1, e recolle a óbra Saudade escrita polo director da publicación Xaime Quintanilla.
Nesta colección que ao final se limitou, polo que eu sei, a trece* números, colaborou a inmensa maioría da intelectualidade galega da época. Castelao, Farruco Lamas, Risco, Irmáns Villar Ponte (eran xerentes da editorial), Losada Diéguez, Blanco Torres, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Eugenio Montes e un longo etc. de escritores, e artistas.

Outro día que me deades motivo para iso, poida que regálevos outro número desta mesma colección, trátase do que facia o número sete, e polo que teño entendido, foi a forma que o seu autor utilizou para dalo a coñecer por primeira vez.

A modo de exercicio, que fai moito que non vos poño traballo, a ver se sodes quen de dicirme, de que obra se trata?.

Respostas ao mail ourensenotempo@hotmail.com 

Espero que vos guste a obra. E de novo grazas a todos por acordarvos do meu aniversario, certo é que o feisbú facilítao, pero grazas igual.

* Casualidades da vida, hoxe pola maña, tiven a fortuna de asistir a presentación do libro La Ilustracción Gráfica en Galicia, 1880-1936, de Mª Victoria Carballo-Calero e Jorge Varela Barrio, no que falan precisamente entre outras moitas publicacions, desta de Céltiga, e afirman que os numeros publicados foron dezaseis. Dou por correcto o seu dato, co cal amargamente, terei que buscar tres numeros mais dos que eu pensaba, pra ter a colección completa. Que se lle vai facer.
Comentar tamén que algun envioume un mail, comentando que pra facer a descarga do libro e preciso rexistrarse en Scribd, feita a comprobacion, vexo que e certo. Debeu cambiar a politica de Scribd, sin me enterar. No tempo que atopo un sistema mais comodo, suxirovos que fagades o rexistro nesa paxina, non supon coste de ningun tipo, nin mais molestia que a de aportar un mail e unha contraseña de entrada.