Acompañando os actos dedicados á revista Nós, nos que o A.v.O. colabora humildemente, queremos achegar o noso granito de area, ao coñecemento desta histórica publicación. Con esa intención as próximas entradas do blog, intentasen resumir a participación e relación dos profesionais da fotografía, coa publicación.
Supoño que debido ás limitacións técnicas da imprenta, e ao custo que podería supoñer a inclusión de fotografías nunha publicación deste estilo. Non foi precisamente profusa a aparición de fotógrafos en Nós.
Iso non quere dicir que non poidamos falar de traballos fotográficos ou colaboracións destes profesionais.
Dende o número 1 da revista de data 30 de Outono de 1920, aparece o anuncio publicitario de Don José Samaniego Piñeiro; non podemos dicir se se tratou dunha cuestión meramente publicitaria, dunha cuestión de amizade cos promotores da nova publicación aos que pretendía axudar, ou se como nos inclinamos a pensar, esa publicidade foi unha forma de pagamento ou agradecemento pola colaboración profesional do mestre Samaniego.
Sexa como for, aparecen nos tres primeiros números anuncios de Samaniego, co formato que tedes de primeiro, e dende o número 4 ata o 12, con este outro.

Á marxe deses anuncios, na revista aparecían unhas imaxes que a editorial citaba como fora de texto; entre as que figuran traballos de diferentes artistas, como son os debuxos de Castelao, A Voda de San Xoan que aparece no número 1 e A Tola do Monte no numero 2 ou o Retrato o carbón de Farruco Lamas do número 5 que aquí vos mostro. Esas imaxes como demostra o pé que aparece no último citado parece ser que se levaban a imprenta despois de ser fotografados por Samaniego, se ben a falta de datos só nos permiten aseguralo neste caso, nos demais debemos apuntalo como unha simple suposición.
seguimos maña
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias