Colleume por sorpresa, a cantidade de amigos que me felicitaron este domingo, polo meu aniversario; naquel momento non puiden facer nada, xa que normalmente celébroo, coa familia, e algún amigo, e estaba todo previsto. Desde logo que non podo plantexarme invitarvos a todos, pero tampouco me gustaría quedar como un desagradecido.
Con esa idea, ocorréulleme, facervos a todos un agasallo, que espero que vos guste.
Na miña pequena biblioteca, teño algunha (pra min) xoiiña, que nalgún caso son se non imposibles, se moi difíciles de atopar, como moito algún dos exemplares pódese atopar en facsímil, ou nunha edición recompilatoria.
Un deles, é este exemplar da Revista Céltiga Descargar o documento que os membros das Irmandades dá fala puxeron en marcha en 1922. Trátase do número 1, e recolle a óbra Saudade escrita polo director da publicación Xaime Quintanilla.
Nesta colección que ao final se limitou, polo que eu sei, a trece* números, colaborou a inmensa maioría da intelectualidade galega da época. Castelao, Farruco Lamas, Risco, Irmáns Villar Ponte (eran xerentes da editorial), Losada Diéguez, Blanco Torres, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Eugenio Montes e un longo etc. de escritores, e artistas.
Outro día que me deades motivo para iso, poida que regálevos outro número desta mesma colección, trátase do que facia o número sete, e polo que teño entendido, foi a forma que o seu autor utilizou para dalo a coñecer por primeira vez.
A modo de exercicio, que fai moito que non vos poño traballo, a ver se sodes quen de dicirme, de que obra se trata?.
Respostas ao mail ourensenotempo@hotmail.com
Espero que vos guste a obra. E de novo grazas a todos por acordarvos do meu aniversario, certo é que o feisbú facilítao, pero grazas igual.
* Casualidades da vida, hoxe pola maña, tiven a fortuna de asistir a presentación do libro La Ilustracción Gráfica en Galicia, 1880-1936, de Mª Victoria Carballo-Calero e Jorge Varela Barrio, no que falan precisamente entre outras moitas publicacions, desta de Céltiga, e afirman que os numeros publicados foron dezaseis. Dou por correcto o seu dato, co cal amargamente, terei que buscar tres numeros mais dos que eu pensaba, pra ter a colección completa. Que se lle vai facer.
Comentar tamén que algun envioume un mail, comentando que pra facer a descarga do libro e preciso rexistrarse en Scribd, feita a comprobacion, vexo que e certo. Debeu cambiar a politica de Scribd, sin me enterar. No tempo que atopo un sistema mais comodo, suxirovos que fagades o rexistro nesa paxina, non supon coste de ningun tipo, nin mais molestia que a de aportar un mail e unha contraseña de entrada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias