Páginas

31/10/11

Liga de amigos de Orense (2012)

Supoño que vos vai chamar a atención, ver o ano 2012 pegado o titulo,pero todo ten a súa explicación.
A semana pasada; Fernando Valcárcel, o meu colaborador dos luns, envíoume este texto, que poderedes ler abaixo, falando da Liga de Amigos de Ourense; xa sabiamos da súa existencia no blog; pero el coida máis o detalle que eu, polo cal corrixirei a miña.
Ao que imos; ese mesmo día o amigo Moncho Conde Corbal casualmente, remitiume un correo electrónico, no que me comentaba a súa idea de retomar o costume que en Pontevedra, unha asociación moi parecida ao que foi a liga de amigos de Ourense, mantén dende hai anos; e non é outra, que a de premiar algún dos moitos conveciños que estando fóra de Ourense, fixesen méritos para ter un recoñecemento, idea que me parece totalmente acertada.


Ante esa casualidade, de recibir os dous correos electrónicos o mesmo día, resultou sinxelo, buscarlles unha asociación. Para contrastar opinións, déixovos lendo o texto de Fernando, para que se queredes me comentedes, se vedes factible, intentar recuperar algo similar actualmente na cidade; sería o renacemento da Liga de amigos de Ourense nun 2012 que nos auguran complicado.

Liga de Amigos de Orense e Celso Ferro  (Fernando Valcarcel)
Nos albores do século XX, a burguesía comercial, mostraba públicamente o seu poderío económico en pomposas reunións sociais, bailes, certames,…
           En 1916, a recén nada “Liga de Amigos” aglutinaba a estes exitosos comerciantes que organizaban as festas da cidade (agora ás veces chamadas “do Corpus”, outras “de Ourense”), tertulias, actos benéficos, desfíles e pasarúas, corridas de touros, botaduras de fogos de artificio e concursos poéticos.
          Entre outros, formaron parte da Liga de Amigos Francisco Villanueva, Alfonso Junquera, Alejandro Rodríguez Cobelas, Amador Villar, Arturo Pérrez Serantes, Candido Cid, Fermín García ou  Celso Ferro Vázquez.
         Este último, dende o seu negocio da  praza de Santa Eufemia, ofertaba toda clase de tecidos e confeccións. Nos seus almacéns exaltábase a “exclusividade” do produto, xa que, dispuñan en primicia de coleccións completas, resultado das viaxes realizadas por el mesmo a outros puntos do país e ao extrranxeiro. Traballaba marcas que non se atopaban en outros negocios do ramo como “Medical”, que fabricaba tecido de punto contra o frío e o reuma.
         En momentos difíciles para gran masa, o seu establecemento publícitábase a toda páxina na prensa local. Eran tempos de bonanza para un sector do comercio ourensano afeccionado á “festa nacional”, que, posicionado contra o “descanso dominical”, buscaba o máximo beneficio e, para elo , situábase en lugares preferentes por medio da política.
      Repasando os concelleiros e alcaldes de un Ourense non tal lonxano, reafirmome neste aspecto, xa que o comercio local tivo un importantísimo papel na vida política desta nosa cidade.
        A “Liga de Amigos”, xurde coa pretensión de “facer cidade”, e, así, comprometida con Ourense, financiará melloras no adoquinado e o alumeado público, obras cuxo custe non podían afrontar as  naquel tempo precarias arcas municipais.
Nesta segunda fotografía, temos a fortuna de que aparecen os personaxes numerados, e no pe de foto veñen os nomes. Estes son 1.-  José F. Gallego  2.- Antonio Malingre  3.- Fernando M. Monje  4.- Celso Ferro  5.- Alejandro R. Covelas  6.- Enrique Enriquez  7.- Fermín García. Algun deles aparece tamen na primeira fotografía, na que temos identificados a Candido Cid, sentado con zapatos brancos, Constantino Añel, que aparece desenfocado de pé na dereita da fotografia, e un Antonio García (Perniñas), que aparece de terceiro pola dereita tamen de pe. Agora que temos mais nomes gracias o traballo de Fernando, a ver si lle poñemos as caras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias