Páginas

28/10/11

A fotografía na Revista Nós (3)


Edicion Facsimile do nº 1 XC aniversario Revista Nós
Continúan aparecendo no número 10 fotografías do Mestre Pedro Ferrer (supostamente), ilustrando os textos de Cuevillas, que nesta ocasión nos fala da Cibdade de San Ciprian de Las.

Aparece o número 11 orfo de imaxes, para encontrarnos no 12 a maior cantidade de fotografías da primeira etapa de Nós. Altérnanse nesta ocasión traballos de campo de Pedro Ferrer, con traballos feitos con toda probabilidade nas instalacións do Museo Arqueolóxico daquelas situado no actual Instituto Oteiro Pedrayo, por José Samaniego.

No número 13 desaparece o anuncio do estudio Samaniego, pero continúan aparecendo traballos asinados por el na continuación do traballo de Florentino Cuevillas sobre San Ciprian de Las; aparece tamén por primeira vez nas Re vista, unha fotografía publicitaria, trátase da que ilustra o anuncio da empresa Hermanos Rodríguez, (aparece tamén como Rodríguez Sánchez e Vázquez)

As seguintes publicacións, non tiveron imaxes fotográficas, ata o número 18, no que ilustrando unha colaboración á sección arqueolóxica de don Florentino enviada por Don Ángel del Castillo (trata da eirexa visigótica de San Martiño, que antecedeu na situación á actual Santa María Madre), aparece unha fotografía obtida polo propio autor.

Fotografía de Ángel del Castillo
Complementando a sección arqueolóxica dese número, Cuevillas presenta o seu artigo, e engade unha referencia ao descubrimento dunha lápida, da cal nos mostra imaxe, pero sen identificar o fotógrafo.

Dende este número, ata o 24 só encontramos na contraportada a fotografía do anuncio da xastraría Crecente Da coruña. Se non temos en conta unha serie de debuxos que poderían ter sido fotografados, que aparecen nun artigo sobre arte popular galega de Fermín Bouza Brey no número 21.

Teriamos que esperar despois ata o número 32 para encontrar outra fotografía, pero iso xa o comentaremos o próximo ano para celebrar o aniversario de Nós.

A publicación faciase a estas álturas na Coruña e a publicidade Ourensá decae

Este ano para rematar con esta serie de Nós; o domingo día 30 que se cumpren 91 anos do nacemento da Revista, fareivos un agasallo que espero sexa do voso agrado.

Revisade o programa de celebracions que tedes na entrada do martes, e ide disfrutar as festas de A Bela Auria 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias