En setembro de 1974 comezaban as obras da “Universidade Laboral”. O importe das mesmas ascendería a 208 millóns de pesetas, dos que 168 adicanse ao edificio.
O arquitecto redactor do proxecto foi o madrileño Julio Cano Lasso, en colaboración co seu colega José María Sanz Sanz. Ambos deseñaron un inmoble funcional en hormigón armado, un exemplo de arquitectura racionalista, que curiosamente pretendía imitar á “arquitectura popular galega”, polo emprego de grandes galerías acristaladas orientadas ao sur que permitiran a entrada de luz.
O modelo da “Universidade Laboral” tentaba abranguir máis aló do meramente pedagóxico, e, plantéxase como un “compromiso social” como resposta ás imperantes necesidades da nosa provincia no eido cultural e educativo, por elo, incluirá nas súas instalacións dúas residencias para alumnos, aulas e talleres, equipamentos deportivos, culturais e recreativos,…
Pese á magnitude da obra, esta inaugúrase en outubro de 1975. Nela traballaron uns 300 obreiros a turnos de día e de noite.
Na web da Universidade Laboral: http://www.universidadelaboral.com/ , dende o enlace “O noso centro”, accederemos a moita, e máis detallada información sobre esta singular edificación: o lugar, materíais, interiores, galerías,….
A D. Julio Cano Lasso, outorgouselle a “Medalla de Oro de Arquitectura 1991”, o maís grande recoñecemento que concede o Colexio de Arquitectos de España polos méritos realizados en favor da Arquitectura.
Ás veces non valoramos o que temos preto. Serva esta humilde reseña para ensalzar unha gran obra da arquitectura comtemporánea que os ourensáns temos a sorte de disfrutar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias