En contra das normas do blog, e pra que de ningún xeito se poda identificar a familia, non citarei o propietario da fotografía
Levo moito tempo, negándome a publicar este tipo de fotografías, pero evidentemente non se pode esconder a realidade.
Houbo un tempo na historia da fotografía en que uníndose varios factores, converteuse en costume habitual realizar este tipo de fotografía que eu considero "tétricas".
Os antecedentes atópanse nas pinturas fúnebres que se popularizaron no século XVI, os personaxes ilustres, reis, aristócratas e persoas adiñeiradas, non tiñan inconveniente en retratarse en vida para a posteridade; con todo a maioría das ordes relixiosas consideraban como un acto de vaidade, facerse en vida ese retrato que prolongase a súa existencia, mantendo vivo o recordo; polo cal o retrato realizábase ao falecer.
En base a esa concepción de que a imaxe facilitaba o recordo, comezaron a ser habituais en todos os estamentos sociais, este tipo de fotografía. Non é estraño ver imaxes, nas que a persoa falecida colócase para a fotografía coma se continuase viva, e formase parte dunha escena cotiá familiar, de feito hoxe en día se continua maquillando e preparando ao falecido, ... Permitídeme que non profundice no tema; na rede tedes moita máis información, se o considerades preciso.
Eu vou limitarme a comentar unha parte triste, pero no fondo fermosa deste tipo de imaxes. Trátase do principal motivo polo que se obtiñan fotografías de nenos, na maioría dos casos recentemente nados, falecidos.
Este non era outro, que a crenza, de que ese ser considerábase puro, como non podía ser doutro xeito, co cal era un Anxo. Ata (supoño que sería un forma de suavizar a pena), dicíase que esa familia fora bendicida cun anxeliño no ceo.
Noutro momento, comentareivos outro tipo de fotografías, dalgún xeito relacionadas co tema, como eran as montaxes que os profesionais realizaban con persoas xa falecidas, pero aos cales retrataran en vida; a fin de poder mostrar a amigos e familiares, unha imaxe familiar imposible doutro xeito. Era moi frecuente entre familias de emigrantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias