Páginas

8/11/09

Moscos ou moscas

Neste Ourense noso, sempre gozamos de xente ocurrente e orixinal; vou contarvos hoxe unha anécdota, que forma parte da tradición oral e que quen ma contou, asegura que os personaxes eran dous Ourensáns, non sei se da capital ou a provincia, eu por discreción vou empregar identidades ficticias, dado que realmente non veñen ao caso.
E para adornar o relato, móstrovos a fermosa fotografía da Farmacia Sánchez García de Ribadavia 1915, (publicada no libro de COFARES "Las FARMACIAS" Imagenes de nuestra memoria).
"Contan que Don Leoncio, boticario de prol, e amante da guasa e cuchufleta, recibía anualmente dun amigo apicultor da comarca, unha cántara de mel, necesario pra elaboración das súas pócimas curativas.
Chegou Pepiño ca cántara unha mañá, e Don Leoncio presto descubriu a tapa, e o papel protector a fin de probar o produto; como adoita ocorrer nestes casos, onde primeiro se pouso a vista do ínclito Don Leoncio foi nunha pobre mosca que presa de patas, agonizaba no doce néctar, (algún congénere diría ¡vaia morte mais envexable!, pero non imos entrar nesas disquisiciones).
Rápido de sesera, Don Leoncio decidiu burlarse de Pepiño, e para iso, logo de facer notar claramente a presenza do insecto, pregunta polo prezo da cántara.
Pepiño con certas dúbidas mantén o prezo do ano anterior,
"oito pesos Don Leoncio",
e para a súa sorpresa escoita esta inesperada resposta,
"Dacordo oito pesos polo mel e unha cadela pola mosca".
Perplexo Pepiño de inmediato pregúntalle,
Don Leoncio pero de verdade quere comprar moscas?, eu tráiolle as que queira.
Si, home non sabes, que con elas fábrico un "tónico" excelente?, (estaba de moda a Cantárida).
Terminada a conversación, a semana seguinte entrou Pepiño na botica, e sorrindo deulle un bote con máis de 300 moscas a Don Leoncio, este, que xa tiña prevista a xogada, estendeu na mesa o contido e axudado dun lapis, empezou a separar os insectos, cara a un lado apartaba a gran maioría, dicindo, mosco, mosco, mosco..., e só en catro ocasións aparto, peza cara ao outro lado dicindo "mosca".
Rematado o reconto entregou catro cadelas a Pepiño, quen non saía do seu asombro, e requiriu unha explicación.
Don Leoncio sen perder a compostura explícoulle,
eu pedinche moscas, e ti tráesme moscos, estes non me serven, tiñas que haberche fixado.
Continuase...
Noutra entrada contareivos a vinganza do Pepiño, pero non quero alargar mais a entrada de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias