As tan esperadas choivas deste inverno, fai uns días comezaron a aparecer, e causar as molestias habituais, (nunca estamos contentos; como se dicía antes "nunca chove a gusto de todos"), o caso é que o outro día pasaba pola ponte de Ervedelo, e era un espectáculo observar o caudal e a forza que levaba o humilde Barbaña, traendo á miña memoria esta fotografía.
O ano 45, recórdase como o da riada, (segundo os datos non foi pra tanto), o Barbaña baixaba atronador, e levándose por diante todo o que atopaba ao seu paso, a Ponte Pelamios, que aquí vedes, foi unha das súas vítimas, un pouquiño máis adiante, tamén caeu a Ponte Pequena, pero esta realmente non tiña a categoría de Ponte, por iso noméase moito menos.
Outras crecidas sufrimos na cidade; realmente cada ano, durante uns días, o Pai Miño, se envalentona e acariña terras, que se cren a salvo do seu poder. Pero a do 45 é a que os maiores recordan con máis paixón.
Se buscades polo blog atoparedes unha fotografía desta ponte en pé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias