Páginas

13/11/09

Casa Taboada

O ano 1918, comezou a xestarse a construción do edificio máis representativo do modernismo, na cidade.
Case desde o primeiro momento, coñecéuselle como Edificio Taboada, (debido á botica que no 1935 instalouse no baixo, propiedade de Dona Josefa Taboada Allú), aínda que, diversas fontes, asignan a propiedade á familia Anta (Alejandro Anta Nóvoa, solicitou a licenza o 19 de Novembro de 1918).
O bosquexo, é xa, de seu unha xoia, e mostra o proxecto inicial, de Don Daniel Vázquez-Gulias Martínez, (segundo o libro de Dona Mª Vitoria Carballo Calero "La transformación de una ciudad - Orense...", o proxecto atópase "desaparecido").
Non podo confirmarvos, se nun primeiro momento, chegou a contar con esa preciosa cúpula que remataba a estrutura, o certo é que actualmente non a ten, do mesma xeito, que se aprecian mais modificacións na fachada (baixo).
O que si podo afirmar, é que o edificio está considerado como a obra cume do modernismo en Ourense, como ben afirma dona Mª Victoria Carballo Calero, no seu libro, "achégase a unha concepción gaudiana" (en referencia ao arquitecto Antonio Gaudí).

Buscando información pra facer esta entrada, descubrín a existencia doutro libro biografico sobor de Don Daniel editado por "Caixanova", ao cal non teño acceso. Esperemos que algún alma caritativa póidamo prestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias