Con calma, pero intentarei completar a historia dos fotógrafos ourensáns, mellor dito que traballaron en Ourense, incluíndo aos que tiñan os seus estudos fóra da cidade; Chao (Ribadavia), Godas (Carballiño), Álvarez (Celanova), Campinas, Barrio, Branco etc.
Hoxe grazas á amabilidade de Matilde Chao, (aproveito para recomendarvos que visitedes o seu blogue "Fotos del cajón de los recuerdos", vaivos a gustar).
, temos a visita do Estudo Chao de Ribadavia. (Hoxe fai a súa presentación, e en próximas entradas, iremos presentando ao resto da Saga Chao)
Fotografía feita por Don Serafín Rodríguez Rodríguez.
O nacemento deste estudo fotográfico, prodúcese en Ribadavia, aproximadamente no fin do Século XIX, (1899- 1900?), o cal converte a este estudo, nuns dos primeiros, (posiblemente entre os dez primeiros), que se estableceron na provincia, o seu fundador foi Don Serafín Rodríguez Rodríguez, e posiblemente como a gran maioría dos fotógrafos da época, fóra autodidacta.
Sabese pouca cousa do traballo de Don Serafín, artista que por desgraza tivo pouco tempo para desenrolar a súa profesión, naceu o ano 1883 en Ribadavia e debeu abrir o estudo sendo ainda moi noviño, dado que faleceu os 24 anos e consta que o estudo funcionou durante uns cantos aniños.
Do traballo de don Serafín son escasas as obras que se conservan, a que podedes ver na parte superior e a única que eu coñezo, e seica no museo Etnoloxico de Ribadavia conservan alo menos outras dúas.
(Se podo ampliar nalgún momento datos, non dubidedes que o farei).
Ao falecer Don Serafín no ano 1907, o estudo pasa por herdanza á súa irmá Asunción, casada con Don Luís Chao Sobrino; a falta de coñecemento da técnica fotografica fai pensar nun primeiro momento ao matrimonio en vendelo, pero finalmente Don Luís decide intentar adquirir a formación necesaria, e continuar coa empresa; para iso trasládase a Ourense (onde non puiden saber quen foi o seu mestre, aínda que existían poucas opcións), pero polos datos que teño, Don Luís non quedo plenamente satisfeito, tendo que terminar de formarse pola súa conta.
O espírito emprendedor deste cabaleiro, non lle permitía arredrarse ante as dificultades, (chego a xestionar á vez, unha xoiería, o estudo fotográfico, unha mercería, unha fábrica de confección de roupa, e unha fábrica de cadaleitos), e con esforzo, conseguiu dominar a técnica fotografica.
Especializouse na fotografía de estudo, e aos poucos foi formando aos seus fillos para que puidesen continuar os seus negocios; pero iso será outra historia.
Actualmente consérvase gran parte da súa obra, depositada no museo Etnológico de Ribadavia, xunto co resto da colección de Foto Chao, pero non é difícil atopar obras súas na maioría das casas de Ribadavia, e toda a súa contorna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias