Fai uns días, estaba agardando a un amigo, preto dunha das paradas do autobús que temos na cidade, e de raspallón escoite esta conversación, que vou a transcribir; os personaxes eran: un señor que debía pasar con fartura os setenta anos e unha señora que non chegaba aos cincuenta, o señor chega á parada onde xa estaba a señora, e saúdaa:
"Vaia nena perdiches o carrito?"
A señora mira con rapidez ao seu lado, e vendo que o seu carro da compra segue alí, respóndelle
"Non, Don Manuel, téñoo aquí"
A conversación non se porque rematou aí, durante o breve momento en que eu estiven cerca, non volveron falar.
Ao cabo dunhas horas, volveu á miña cabeza aquela escena, e non entendín porque ningun deles intento sacar ao outro do erro, supoño que a gran maioría polo menos, recordaredes que "Carriño" ou "Carrito", era como se lle chamaba antigamente ao autobús, (e non falo do século XVIII), polo cal, o cabaleiro referíase a ese carriño con seguridade, a dama con todo pensou que se referían ao seu carro da compra.
O señor, Don Manuel, teño a sensación de que se sentiu a contragusto, ou ben porque se creu incomprendido, ou talvez sentísese maior por usar un termo case esquecido.
O que sinto é non haberlle dito a Don Manuel que polo menos alguén o entendeu.
Aquí déixovos unha fotografía do "CARRITO" do Mangana.
Era dos máis rápidos, en 1920 tiña a súa media de velocidade: Ourense - Verín en seis horas e Ourense - Celanova en cinco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias