Páginas

4/9/09

O Gran Circo Feijoo


O ano 1870, nace en Vilanova dos Infantes (Celanova), Don Secundino Feijóo Mendez, e con el ábrese unha páxina da historia do circo, non só de Ourense, se non a nivel mundial. (o seu pai Manuel Feijóo Mendez fundara unha charanga e andaba nas festas)
Non puiden pescudar a que idade púxose a traballar, pero dende logo moi noviño, comezou como músico no circo "Fasy", posteriormente montou un número de touros amaestrados, co que acompañado pola súa muller Dona Francisca Salas Cerdán percorreu Europa.

Aos vinte anos, e xa con gran experiencia no mundo do circo, Don Secundino decide montar o seu propio espectáculo, e con máis ilusión que medios, lánzase a percorrer todo o país; acompáñanlle nesa aventura veciños da cidade, os cales ao longo da traxectoria da empresa foron incontables, (baixo a carpa circense, era habitual escoitar carallos, e demais lindezas, diso encargábanse os de Toen, Alongos e Sobrado, destes últimos algún "coñecido" pola miña familia "política", o admirado Manuel Rego Nieto, fruto do seu cariño as xentes de San Pedro de Moreiras, dinos nos seus escritos que todo o elenco de traballadores do circo eran dese lugar, e pode que foran maioria nalgun momento, pero non podemos esquecer a todolos musicos de Alongos), e unha das causas das súas habituais visitas á cidade.

A chegada de Don Secundino, non pasaba desapercibida, os seus carromatos engalanados, algunha das feras e a case totalidade da troupe circense, desfilaban pola rúa do Progreso e Paseo anunciando a súa chegada.

Este desfile, que en todas as cidades tiña gran impacto, na nosa tiña o engadido de poder ver a ese tío, irmán, pai etc., que regresaba a descansar ao finalizar a tempada, ou facer unha breve visita no medio desta, (no ano a lo menos nas festas da cidade Don Secundino procuraba non fallar).

Os emprazamentos da carpa foron variados; aínda que o habitual era velos na Alameda, segundo cóntanos don Anselmo López Morais, os primeiros anos o emprazamento foi outro "no solar da actual casa de Felipe Santiago*, Secundino Feijóo montou o seu primeiro circo no que figuraba un número de touros amaestrados", (algunha fonte substitúe os touros por vacas, catro para ser exactos, que bailaban ao son dunha gaita).
*Onde hoxe esta "La Región".

Por non alargar a entrada farei proximamente outras, e aproveitarei pra facerlle algo de publicidade ao meu amigo Suso Silva, que eu saiba il e a sua irma son os unicos da "saga" que continuan a traballar no espectaculo.
Non quero pechar con todo a entrada sen recomendarvos a lectura do Libro de Don Manuel Rego Nieto "Historia dun circo" 1997, e preguntar se algún de vós poderíame prestar o publicado en 1992 "Os homes do circo (aqueles ourensáns)", que me resultou imposible conseguir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias