Quédome mal corpo esoutro día pola calidade da imaxe, que vos mostrei, por iso móstrovos hoxe estoutra, da mesma rúa, tomada desde un pouco máis lonxe, pero de mellor calidade.
A fotografía corresponde á década dos sesenta, na que se estaba aínda construíndo o actual palacio de Xustiza, pola beirarrúa da dereita, cóntanme que o segundo edificio alto que se ve, foi no seu momento a primeira residencia sanitaria, e o que ninguén me puido dicir, é que era o primeiro edificio de planta baixa que se ve na imaxe.
Quero aproveitar esta fotografía, pra solicitar información de vós.
Segundo algunhas fontes, o pequeno quiosco que se ve no primeiro plano (e que non fai tanto tempo que caeu, eu creo recordalo e son moi novo!!!!) , podería ser parte dun fielato, que indiscutiblemente habería na zona , pero a min paréceme máis ben un modelo de edificación máis recente, dada a súa similitude cos da parte inferior da praza de abastos, e outros situados en distintos puntos da cidade, o que estaba na entrada do Posío polo Padre Feijoo, o que estaba nas Mercedes, etc.
Se algún tedes datos sobre estes quioscos, agradeceríavos facilitásedesmos.
Enviame o amigo Ricardo Blanco un mail, no que me di, que o kiosko, era eso, soó un kiosco, os fielatos il di recordalos dun color grisaceo, e cunha construcción mais endeble que a de eses kioscos.
Por outra banda dime tamén que o edificio que se ve no primeiro plano a dereita de planta baixa, eran os talleres do plan: Promoción Profesional Obrera (proxecto do ano 1964 pra millorar a formación dos traballadores, e que se mantivo ata os anos setenta, chegando a incluirse tamén como unha das prestacions ligadas o servizo militar, montandose unidades do P.P.O. nos cuarteles).
Non discuto ningunha das achegas, o que se penso e que o edificio da imaxe poidera ser que estivera adicado a talleres do P.P.O. pero penso que xa existia denantes de darlle esa utilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias