Páginas

30/3/12

Semana Santa en Ourense


Faremos un alto no camiño, coas entradas de temática militar, porque botasenos  encima a Semana Santa, (coa que está caendo e non precisamente de choiva, mais vai semellar semana de Paixón, pero...), e hai que atender á familia, que regresa ao fogar desde os seus centros de estudos.

Non sei se poderei facer entradas estes días, xa sabedes que a autoridade está moi estrita co uso das tecnoloxías, desde que tiven "o meu", pero supoño que vós tamén aproveitardes para relaxar a mente no posible, e escapárdesvos do computador por estes días; se podedes botade unha ollada de cando en vez, que se podo poreivos algunha imaxe.

A fotografía que escollín hoxe, fai tempo que nola prestou dona Conchita Calvo, e reflicte algo que eu polo menos descoñecía totalmente, o Desencravo (un dos actos litúrxicos que se celebran estes días), desenvolvíase na Praza Maior; podedes ver a Cruz no soportal do Concello, e o pulpito improvisado á beira; vendo a gran cantidade de cidadáns que asistían ao acto, é fácil pensar que o obxecto de abandonar o interior dalgunha igrexa para realizar o acto na praza, é por un tema de aforamento, hoxe penso que se realiza en Santa María Nai. Polas roupas e detalles, dataríaa na década dos trinta, pero non me fagades moito caso.
Vemonos estes días nalgunha procesión, disfrutade o que poidades.

29/3/12

Militares Ourensanos

1915 Academia Xeral de Toledo co nº 31 o cabaleiro cadete de 2º ano Rafael Tejada, co paso do tempo Xeral de Brigada e Governador Militar de Salamanca.

Camiña Rivas, Santafé, Freire, Trebolle, Sánchez, Bogas, Castaño, son apelidos dabondo recoñecidos, por actuais, como militares ourensáns, ou moi relacionados con Ourense.

Para refacer a historia militar da cidade, esa sería a parte sinxela, ata moitos deles por fortuna, poderían colaborar, Castaño e Bogas por exemplo seguro que non terían inconvinte niso, noutros casos, seguro que os familiares poderían botar unha man, o Sr. Freire por exemplo está afeito escribir, e de seguro recordase anécdotas do seu pai.

A parte complicada é a dos inicios; non me refiro aos exércitos de Roma, nin á invasión musulmá, que tamén podería ser, de atopar datos interesantes, se non a séculos máis "próximos"; poderiamos comezar con apelidos como Novoa, Méndez, Puga, Cadorniga, Oca, continuar co heroe da guerra da Independencia Bernardo Glez. del Valle "Cachamuiña", o citado recentemente Bernárdez Dorado, ou o recordado Rafael Tejada do cal é a fotografía que tedes encabezando esta entrada.

Confeccionar a listaxe de Gobernadores militares da provincia podería ser de gran axuda para empezar.


1925 Na entrada do cuartel de san Francisco, un grupo de militares, entre os que somentes recoñezo a don Felipe Fernandez Duran, de quen por certo terei que facer un monografico, xa que teñen aparecido moitas imaxes del.

28/3/12

Historia militar de Auria

Taxeta postal feita por Don José Pacheco, no 1907 no xardín do Posio,
   Desde logo non era significativa, a presenza de entradas relacionadas co estamento militar en Ourense, se seica algunha fotografía da mili do meu avó, e pouco máis.
   Nos últimos tempos, e coincidindo co nacemento do grupo de Facebook Regimiento de infantería Zamora 8, multiplicáronse as altas de imaxes relacionadas co noso exército, no meu arquivo, e a pesar de que intentei recompilar información sobre o tema, foi moi pouco o que conseguín.

   Intentarei resumirvos eses datos, para ver se algún de vós anímase a recoller a testemuña.

.- Un dos datos que non fun quen de confirmar, foi o nome da primeira forza establecida na cidade, penso que era o Rexemento Provincial de Ourense (ano 1733-34), pero teriamos que aclarar a orde da existencia dos rexementos, Orense nº 50, e o Batallon de Cazadores de Montaña Orense nº 5

.- Na rúa da barreira, estivo o que probablemente fose o primeiro acuartelamento da cidade. (é posible que fose na casa e leira que coñecemos como dos Taboada Tundidor, tamén estivo alí o colexio Cisneros, ainda que tamen pode que fora na casa dos marqueses de Leis), as forzas penso que respondian o nome de Rexemento de Monterrey (entorno a decada dos 60 seculo XVIII. Posiblemente convivira co Provincial; daquelas o estamento militar era un dos mais importantes da cidade). 

.-A 1ª fotografía que acompaña a entrada, non achega excesivos datos, pero é unha proba da presenza na cidade do Rexemento Ceriñola, do cal por certo fáleivos na entrada que trataba do falecemento do Tcol. Bernárdez Dorado. (durante todo o conflicto de Africa, iste Corpo Militar tivo unha destacada presencia

.- Entre a actual delegación de facenda, e o primigenio convento de Santo Domingo, o edificio que fai esquina en Concordia con Santo Domingo (poden ser catro, pero se que non teredes problema en saber de cal falo), foi tamén un acuartelamento militar, como din algúns autores, polo menos durante "a francesada".
.- Antigamente e a pesar de non existir instalacións militares, a cidade pola "xenerosidade" en ocasións obrigada dos seus cidadáns, chegou a albergar durante longos períodos de tempo destacamentos militares, sendo coñecido que casualmente os animais que formaban parte da tropa, (que ninguén interprete cousas raras),  algún cabalo, pero maiormente asnos e mulas, aloxábanse no convento dos Franciscanos, no que posteriormente foi o cuartel de San Francisco.

.- A historia concreta do Rexemento Zamora 8 en Ourense, resúmese neste pequeno parágrafo da historia dos rexementos españois. (Ourense foi só un capitulo na longa historia desta agrupacion militar) 

", hasta que en 1943 vuelve a reaparecer, en la ciudad de Orense, con el nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Tras un breve plazo de tiempo en el que en 1960 se le conoce como "Agrupación de Infantería Zamora nº 8" en 1963 vuelve a recuperar su nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Es disuelto definitivamente en el año 1985."

Faltan moitisimos datos, que segun aparezan os irei facilitando, pero millor seria que alguen collera a encomenda, e tentara facer ese penso que interesante traballo, aparecerian datos por exemplo de un rexemento de cabaleria; que non todo foi infanteria, e seguro que moitos datos mais.
Postos a especular, imos supoñer que na imaxen da xura do 1907, aparecen o Tcol. Berandez Dorado, e o Excmo. sr. alcalde da cidade, Don Modesto Varela Sotelo
Coincidentemente onte tiven acceso por primeira vez o livro "Jurisdiccion e Instituciones locales de la Galicia meridional (XVI-XVIII), de Maria Lopez Diaz, e a lo menos ten un capitulo dedicado o tema, co cal algun dato mais seguro que vos podo aportar, en proximas entradas.

27/3/12

Catalogo monumental y artistico de la Provincia de Orense

   Comentáronme a semana pasada, a existencia desta obra, os amigos do arqueolóxico; e coincidiredes comigo, que é outro gran achado. Á espera de que persoas autorizadas, realicen un traballo serio sobre el, que viría completar o que no seu día fixo Pilar Núñez sobre o álbum da comisión provincial, (a ver se se anima e faio ela mesma), ensínovos esta pequena mostra do que se pode atopar neste fenomenal libro, que no seu día encargou o Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, finalmente ao profesor Cristóbal de Castro. Rematouse no 1915


Segundo conta o propio Cristóbal de Castro, desde que chegou á nosa cidade, contou coa total colaboración das autoridades municipais e provinciais, e como non, coa amable e docta compañía dos membros da comisión provincial de monumentos, encabezada por Don Marcelo Macías. 
No libro, pódense ver, creo que todas as fotografías do Álbum da Comisión, acompañadas de moitas outras que se fixeron para a ocasión; o que se bota en falta, é unha clara referencia ao fotógrafo que se encargou de obtelas, e aínda que temos clara, a intervención de José Martino nas do álbum, e a autoría de Pedro Ferrer, en polo menos unha das outras, fáltannos referencias aos posibles autores das demais. Polas datas a porta está aberta a diferentes profesionais, como José Pacheco, Ksado  ou José Samaniego, entre outros, sen descartar a posibilidade da autoría dalgún fotógrafo non profesional como o propio Cristóbal de Castro. E ata poderiamos pensar que as fotografías non se fixeron para a ocasión, senón que foron unha recompilación das que xa estaban en poder da comisión.
Pero deixemos para un estudo rigoroso, as respostas a estas dúbidas.

A obra, é propiedade do Ministerio de Cultura e está depositada na biblioteca Tomas Navarro do CSIC.


As duas fotografias "pequenas" claustro de Celanova e sepulcro do Bispo Vasco Mariño, forman parte das do álbum da Comision, e como podedes comprobar na fotografía superior, estaban nas paredes do Museo (daquelas no edificio do Instituto, e que lamentablemente caeu pasto das lapas no incendio), xunto con algunha mais.

Por certo nunha desas fotografias feitas por Martino, nalgunha publicacion mencionase a presencia do Arquitecto Vazquez Gulias, e penso que e mais que dubidosa; mais ben tratariase do Sr. Manuel Hermida, membro da comision encargado de asesorar a Martino en canto os aspectos mais importantes das obras a reproducir.
A ver se se animan os profesionais a traballar con estas fermosas fotografías.


26/3/12

La Ibense y el desfile

Debo de ter o estomago sentimental estes días, (será que como estou mal do meu... É broma), e entroume morriña pola nosa ben querida Ibense; non volo creredes, pero desde que cerrou non tomei nin sequera un xeado en Ourense, agora que o penso, nin noutros lugares.
   Os que me coñecen, saben que iso é moi estraño, alguén a quen era fácil atopalo gozando da espectacular copa Galicia da tamén tristemente desaparecida xeadería El Cortijo , (iso si, sempre estiven disposto a ofrecer cadeira e culler a quen quixese acompañarme), e que leve tanto tempo de abstinencia "heladeril" ????.

   Bo o caso é que gardando ese "loito", atopeime con esta fotografía que un dos amigos do grupo de facebook, Regimiento de Infantería Zamora 8, quixo compartir con todos; nela aparece de fondo La Ibense, e en primeiro plano , posiblemente un dos últimos desfiles militares que houbo na cidade, foi no ano 1986, e como é lóxico pensar, a banda de música do cuartel, formaba parte do desfile que se realizaba con motivo do día do Corpus.

   Estou pensando en dedicarlles unha serie de entradas aos "polos" do cuartel, para lembrar aqueles tempos de limpeza exhaustiva de botas, comidas á carreira, bocadillos de lata de sardiñas, (mellor os de tortilla do Cumial), charlas co "peluca" etc. Co cal se algún quere contar algunha anécdota dese período, ten o blog á súa disposición.

24/3/12

GOU de marzo

Xa tedes nos kioscos, un novo numero desta moi boa revista; e xa van catro exemplares (agás do número 0), cheos de boas entrevistas e reportaxes.
Aproveitade o fin de seman pra pasar un bo rato lendoa e disfrutando das estupendas fotografías que ten.

23/3/12

O Seiscentos das Galerias Centrais

Entrega do coche
Como noutras moitas ocasións, non teño inconvinte en recoñecer ou meu descoñecemento de datos sobre a nosa pequena historia; pero para iso precisamente conto con amigos que mos facilitan.

   No caso de hoxe, o amigo Guillermo Álvarez, envíame varias fotografías, e practicamente faime a entrada; unhas son de temática escolar, e aínda que verdadeiramente son moi orixinais, imos deixar que pasen uns días para non saturar o tema colexios. Ás de hoxe como podedes ver tratan dunha bela señorita, e un estupendo agasallo.
   Co nome de Galerías, habería que dar unha volta polos arquivos, para saber se Tobaris, Duran, Las Centrales, ou algunha outra foi a primeira; que tivesen saída a dúas rúas, ou polo menos dúas saídas, dende logo creo que foron ás Centrais ás primeiras. Pois precisamente ás fotografías que me envía Guillermo, reflicten o acto que mais chamou a atención na inauguración dás Galerías Centrais o 4 de xaneiro de 1963.
   Pero millor que sexa el quen o conte: "....vimos ás fotos -que ainda conservaba- de cando lle entregasen un Seat 600 que lle tocase non sorteo celebrado con motivo dá inauguración dás "Galerias Centrales", o día 04-01-1963, do cal ainda ben acordaranse todos os dá miña idade, pois fora un acontecemento ben soado por aquel entón, tanto a inauguración dás galerias como o sorteo do coche, que para mais, o tocarlle a unha muller, foi unha dás primeiras féminas en facer o carné e conducir un coche por ás ruas dá nosa cidade."

   Logo desta inauguración, foron moitas ás que se sucederon nas décadas dos setenta e oitenta, Roma, Proyflem, Lido, Xoan XXIII, Viacambre, Xesta, Israel, etc, non precisamente nese orde, e dende logo ningunha co éxito dás Centrais.
   Teriamos que facer un estudo para saber por que Ourense ca sua choiva tan habitual (agás iste ano), o seu frio extremo no inverno, e o seu calor abafante no verán, non e un lugar propicio para ás Galerias Comerciais, (semella que o Centro Comercial Ponte Vella, funciona, pero e que realmente non ten nada que ver unha cousa ca outra).

A ver se vai resultar que foi a bela Finuca, quen resultou agraciada co Seiscentos, quen lle deu boa sorte ás Galerias Centrais.


Finuca etregando o boleto premiado

22/3/12

Con atraso Día dá Poesía

Facede clic na imaxen pra facela mais grande e poder leela.


Non son precisamente os temas de actualidade, o forte déste blog. Pero en ocasións aínda que sexa un pouco a touro pasado, gustame aproximar o onte, (e en ocasións o antes de onte) ao momento actual.
Estaba a buscar ideas para ás entradas dá semana que vén, cando atopei co arquivo onde tiña un libro que no seu día me presto o amigo Pastor Fábrega, e decidín incluír esta entrada, alterando un pouco a orde; mañá ensinareivos o 600 que se regalou con motivo de.....
Como podedes confirmar na portada que vos mostro debaixo, se trata dás poesías que en 1907 se recitaron no festival dá Música Galega A Coruña o 18 de Agosto.
A pesar de que só vos mostro ás que asina a nosa Filomena Dato, (por certo non se se xa vos comente que Fernando Román a publicado novo libro, neste caso sobre Arturo Noguerol), a lista de autores representados no libro creo que é do mejorcito que se pode reunir na nosa terra. A ver se vos soan estes nomes: Benito Losada, Eduardo Pondal, Rosalía Castro de Murguía (escrito así non libro), Alberto García Ferreiro, V. Lamas Carvajal e Manuel Curros Enríquez entre outros.

Espero que gocedes dá lectura destas Poesías.

21/3/12

O novo proxecto de M. A. Martinez Coello

Frain

   Esta semana as entradas están a ser todas de novas adquisicións para o arquivo; e a de hoxe aínda que noutro estilo, pero tamén vai de algo novo.

   Coñecín recentemente este artista dos pinceis, e confeso que a súa obra encaixa directamente no grupo de "me gusta"; (non se trata dunha copia do sistema feisbu, os que me seguen, saben que só me atrevo a valorar a arte desa forma, me gusta, non me gusta). Pero non vou falarvos do seu estilo, iso non é o meu; o que se quero contarvos, e de paso pedirvos a vosa colaboración se o desexades, é o ilusionante proxecto que Miguel esta desenvolvendo, e para o cal pide a miña colaboración, que dende logo xa ten.

Marcos Valcarcel
  En varias entradas faleivos deses personaxes centrañables, que pasearon pola nosa Auria, e dalgún xeito deixaron a súa pegada nos ourensanos, xentes con mais ou menos fortuna, con mais ou menos graza, pero boa xente en fin; nomes como Frain, La Negra, El Medallas, Popotito, Pepiño, El Peixe, Os Pandegos etc., se unen a algúns actuais, (que non vou citar sen o seu permiso), para conformar esa intrahistoria local repleta de anécdotas case sempre simpáticas.
   A idea de Miguel, é retomar as relacións que dende o seu nacemento tiveron a pintura e a fotografía, e realizar sobre a base de fotografías deses personaxes, cadros cheos de cor, que dalgún xeito lles fagan volver á cidade.                     As fotografías ponas o A.v.O., (ben, se tedes algunha tamén agradeceriámosvos que nolas prestásedes), a arte Miguel, e necesitamos que vós nos acheguedes datos, anécdotas, e mesmo nos presentedes a algún deles, loxicamente a todos non os coñecemos, (somos novos).
Haberá que seguir traballando no tema porque o proxecto quere enlazar tamén cos personaxes do mundo da cultura; pero pouco a pouco; de momento intentade buscar recordos e imaxes destes ourensanos, e entre todos lle daremos forma á idea de Miguel.
   Gozade destes tres traballos que hoxe vos presento, froito dos pinceis de Martínez Coello; se buscades polo blog, poderedes ver as fotografías das que tomou o modelo.

A terceira, a Beleza de Auria, forma parte doutro proxecto do que xa vos falarei.

Beleza de Auria

20/3/12

Na busca de axuda

   Se onte falábavos dunhas xoias fotográficas Ourensás, hoxe ensínovos unha das que eu chamo espectaculares.
   Estouvos agradecidísimo, pola cantidade de fotografías que me estades enviando ultimamente, e aproveito para dar a benvida aos novos lectores que visitan este blog.

   Por fortuna a miña idea inicial de que nos fogares Ourensáns, ten que haber gran cantidade de material fotográfico, comeza a demostrarse que era acertada; o que fai falta é que dediquedes un momento a buscalas e permitades que todos poidamos gozar da súa vista. E en casos como o que hoxe nos ocupa, entre todos podemos intentar achegar datos para identificar, datar e en ocasións situar estas imaxes de onte.
   O amigo Luís, ao enviarme esta fotografía, coméntame que segundo a súa avoa, que por certo é un dos personaxes que aparecen nela (no balcón marcado, estaban a súa avoa de nena, coa súa nai e irmás), a fotografía obtívose cando as forzas acuarteladas na nosa cidade, dispúñanse a marchar á fronte; o paso do tempo, foi formando na súa cabeza, a idea de que a guerra á que se dirixían, era a do 36, co cal databa a imaxe nesas datas.
   O caso é algúns datos que ofrece a propia imaxe, levan a datala en datas anteriores, e gustaríanos que nos botásedes unha man, para poder confirmalo; xa vos adianto que eu me iría á contorna de 1914, pero espero que poidamos aseguralo con probas.
   Sería interesante datar de forma concreta o tipo de uniformes, que locen os militares, fixarvos que hai tres estilos diferentes polo menos. Xa vos dariades conta de que se trata da rúa do Alba (Cardeal Quiroga), co cal sabendo cando se construíron eses solares que ven con estruturas rudimentarias e peches de madeira (que recordo se esixiron por parte do concello aos propietarios cando se abriu a rúa), tamén teriamos unha boa pista; é posible que tamén se facemos un escaneado con mais resolución, póidase identificar correctamente se estaba xa construído o edificio da actual Nova Galicia Banco (chámase así agora, non?), na esquina do paseo, e cal era o edificio que se ve ao fondo na rúa progreso. Pero por agora creo que temos bastantes detalles que confirmar para darlle datos a esta fantástica fotografía.

De novo quero dar as grazas a todos os que me enviades imaxes, entre todos faremos ese arquivo fotográfico que Ourense se merece. De paso se atopades prensa antiga ou publicidade, ou calquera cousa que fale do noso pasado, tamén me gustaría "vela".
Proporcionanos Luis outro dato: a sua avoa naceu no 1904, así es que se confirmamos que idade poden ter as rapazas no balcon, teriamos unha moi boa pista.

19/3/12

A mais vella fotografía feita en Ourense

 Os lo comente por encima en la entrada del viernes, y hoy os lo enseño. Sé que a muchos de vosotros, os gusta como a mí, bucear en la historia de la fotografía, de Auria, y que gratamente recibís noticias como la que hoy os facilito.
Por los datos que actualmente manejo; la fotografía en Ourense tuvo unos comienzos lentos, y que han dejado muy poco rastro; realmente si queremos limitarnos a los datos reales, como debe de ser, tenemos que irnos ya directamente al año 1858, en que Constancio López Corona, presenta sus trabajos fotográficos en la exposición Regional de Santiago. Este dato, no permite asegurar que Constancio fuera el primer fotógrafo relacionado con nuestra ciudad; mas bien su relación habría sido ocasional, creemos que para tomar apuntes cara a un posible trabajo pictórico posterior.
Es por ello, que el siguiente personaje que aparece en la lista, y por tanto el primer fotógrafo profesional relacionado con  Ourense, (que no Ourensano), seria Carlos Santos García, del  que ha sido muy complicado encontrar trabajos, al menos hasta estos días.
Ya durante la publicación del libro Achegamento a historia da fotografía en Ourense, surgió a ultima hora una breve pero interesantísima información que lo relacionaba con la ciudad de Santiago, y una creo que breve pero fructífera estancia que tuvo en ella, de la que quedan pruebas en la colección Blanco Cicerón, (y aparece reflejada en el libro Olladas dunha época). En el último momento, en poder de descendientes de la familia Brasa aparecieron seis ejemplares con la firma de este profesional.
Por no hacer pesada la entrada, solo comentaros que en el fondo Salgado Tejada, que me han prestado en estos días, aparecen varias Cdv. Con la marca de este profesional, en las que se puede deducir al menos dos etapas en su estancia entre nuestros vecinos, una con toda seguridad en el entorno del año 1868, y otra con muchísimos visos de haber sido anterior. Esta informacion unida a la que ya teniamos, nos acerca probablemente a Carlos Garcia a los comienzos de la decada de los sesenta del siglo XIX, con lo cual afianzaria su puesto de primer fotogafo profesional establecido en Ourense.
Según vaya encontrando más datos, procurare íroslos facilitando.

16/3/12

Un anaco da fotografía

A semana pasada, ensineivos outro recorte dunha fermosa fotografía que chegou as miñas mans nun lote de vellas xoias, (nunca mellor dito), entre as que figuran seis cartes de visite, firmadas por un esquivo Carlos Garcia (xa confirmado como un dos tres primeiros fotografos da cidade, e con moitas papeletas pra ser o primeiro), e unhas cantas "alhajas" mais, de gran valor historico no ambito da fotografía Ourensá.
Digo esto pra poñervos os dentes largos, e un pouco como castigo pola vosa vagancia, o non enviar resposta a pregunta que vos fixen, lembrades?. Celsty ou Celestino...
Das cen respostas que pedin, non chegaron nin sequera setenta, e quero pensar que non e por non saber onde se ubicaba a tenda de calzados Celsty nesa imaxen; e maxime cos datos que vos facilitei.
Bo, o castigo vai ser leve, hoxe poñovos outro anaco da fotografía, na que aparece outro dos negocios historicos da cidade; neste caso, que afortunadamente ainda pervive, a Xoieria Cid  e por riba dela, unha baranda inconfundible da "fortaleza" que temos de sempre na cidade. E nuns poucos días poderedes ver a fotografía completa no suplemento do diario La Region, "Gente Mayor", co que comezamos a colaborar dende o A.v.O. a partires destes días.
Por certo por si es caso, que non creo, tratase da praza do Recreo, hoxe rua Santa Eufemia.
Xa vos adianto, que existe unha fotografía moi parecida a esta, coñecida dende fai tempo, na que se aprecia unha procesion de caracter reilixioso; nesta parece ser que a intencion e agasallar a algun persoeiro.

15/3/12

Os do Zamora 8

Ano 1958 desfile no Parque do San Lazaro.

As novas tecnoloxías coa rede á cabeza, convertéronse en constante motivo de críticas e eloxios. Sempre aconteceu así con todas as novidades e avances; ata que aprendemos a utilizalos con lóxica e corrección, pasa un tempo no que é posible que os problemas que causa superen aos beneficios.
Vén isto a conto, porque hai unhas semanas, creouse en Facebook, un grupo de amigos, "Regimiento de Infantería Zamora 8, El Fiel", cuxo único obxectivo é facilitar o rencuentro entre "todos" os que nalgún momento pasamos polo cuartel de San Francisco, ou o destacamento do Cumial: os quintos do Zamora 8.
Agora son xa moitas as xeracións que non saben o que era a mili, pero aínda quedamos algúns abueletes deses aos que nos gusta contar as "historias da mili". Non é que todo fose un camiño de rosas, e seguro que houbo todo tipo de experiencias, boas e regulares; pero o gratificante é recordar as boas, aquelas que falan de amizade, compañeirismo e por que non, tamén moitos momentos divertidos.
No pouco tempo que leva aberto o grupo en Facebook, son xa máis de 100 os "pollos" que se uniron, e máis de 500 as fotografías que se compartiron. A parte dunha cea á que non puiden asistir por decatarme con atraso da existencia do grupo.
Animarvos a formar parte do grupo; é un moi bo xeito de rencontrarse con antigos amigos, na maior parte dos casos de zonas afastadas do país, aos que as novas tecnoloxías nos achegan.

Os reos formados no Campo de Aragón

14/3/12

Peza do mes marzo 2012

Levo tempo sen poder ir ver a presentacion da peza do mes, e de certo que o sinto; hoxe de momento non teño nada que mo impida, asi es que agardo poder estar alí.
Pra os que non tivechedes a oportunidade de asistir a este tipo de actos culturais; recomendovos que fagades a proba; ver calquera peza de arte, da man dun profesional, e un verdadeiro privilexio.
Lembro agora cando fai tres anos mais ou menos o irmán Santa Marta, autor do mural que podedes ver no hall do colexio Maristas, explicounos o seu traballo, dun xeito sinxelo, pero profundo, que consigue que podas entender a obra en toda a sua magnitude.
Nesta ocasion a explicacion correra a cargo do Historiador da Arte, Ángel Dominguez López, que nos falara da fermosa Cruz Procesional Renacentista que tedes na fotografía.
Agardo veros hoxe a tarde..

13/3/12

Outro cumpleanos

Fotografia obtida na Galeria de fotos Ourense Antiguo do Diario "La Región"
Rua Pereira (Avda. de Pontevedra) Os cafés Regio, Unión, Victoria e Iberia

Entre exposicions, problemas de salud variados, e incluso a visita nocturna duns ladrons, levo un tempo con mais lerias das precisas; ata o punto de esquecer que onte comezou o quinto ano de existencia deste blog. Colleume de improviso, e sin moitas ganas, así que pra recordalo, decidín retomar a que foi a primeira entrada do blog. O texto e mellorable, pero a fotografia e unas das mais fermosas que teño da nosa cidade.
Si tedes un momentiño maña pola maña no programa En buena hora de Telemiño, que presenta Nora Sola, o amigo Amador Rego, falara precisamente desta rua tan Ourensá.. 

"Eran outros tempos, outro ritmo de vida, o traballo era duro, sobre todo nas zonas rurais, pero a xente gozaba mais dá rua, calquera escusa era boa para pasar unha tarde de paseo, ou nas terrazas dos cafés de moda.

Salvo erro penso que o primeiro era o "Iberia", o seu carón estaria o Cafe "La Unión", propiedade de D. José Rodriguez Santos (J.Adrio contaba, "donde camareros de oficiosa sonrisa servian diligentes en copa alta y estrecha, lo mismo el picudo sorbete pulverizado de canela,que la gaseosa de limón, refresco de lujo entonces", a seguir "O Regio" ( que nunha época sen entrar en motivos decidiu trocar o seu nome polo de "Riego") e o ultimo edificio era o dá Drogueria de D. Aurelio Fernández Roman, que inda hoxe segue a manter a mesma actividade.

Nunha epoca mais recente, neses locais estaban, o Hotel Barcelona, o Orfeón Unión Orensá, o almacen Quimi-Cuevas (antiguo Sanchez Cuevas y Cia), e a Farmacia Roman*.

Mais adiante e na explicación de outra fotografia, falaremos do "Victoria" e o resto da rua.

* na esquina estivo a Farmacia Roman, e a drogueria Roman e Saco estaba no local anterior, con posterioridade cambiaron a situacion e a Farmacia Roman paso a estar onde actualmente esta a Farmacia Alameda.

12/3/12

Facede a proba


Cantos de vós, seriades capaces de dicirme onde se fixo esta fotografía no ano 36?. Gustaríame pensar que practicamente todos os meus lectores, identificarían ese céntrico cruzamento de rúas a pesar do paso do tempo, e algúns cambios substanciais.
Un dos máis significativos, é o da presenza da leiteira que no ano 1999 o artista Ramón Conde, coloco nesa esquina , que os da miña xeración coñeciamos como a da carteleira do cine avenida, bo algunha mirada tamén se escapaba ao escaparate da juguetería "La Gallega", que por certo creo que é un dos negocios con máis soleira que quedan na cidade. Nese mesmo edificio os cambios foron radicais, pero sabedes que procuro non opinar de cuestións estéticas.
Bo, pero vaiamos á xustificación do título da entrada de hoxe ; probade a mostrarlle a alguen a primeira imaxen, durante un curto periodo de tempo, 10 segundiños bastarían, e log mostrarle a de abaixo o mesmo tempo. Asegurovos que o cen por cen dos que vexan a segunda saberan ubicala, en cambio moitos dos que vexan a primeira quedaran en dubidas.

Cousas do “noso” Miño.

Por si acaso, algún despistado, e o primeiro tramo do Paseo, no cruce con Cardeal Quiroga, Alejandro Outeiriño.

9/3/12

As chicas do Cisneros

 Para terminar polo momento co tema escolar, móstrovos hoxe estas fotografías que nos presta María Jesús González, da súa etapa de estudante no colexio Cisneros. (anos cincuenta).

A primeira vista as imaxes non parecen precisamente de colexiais, pero coñecendo os hábitos, modas e costumes daqueles anos, asegúrannos que se o son; na primeira aprécianse os complementos básicos para o peditorio da banderita.

Fotografías deste estilo, aínda que pareza que teñen pouca utilidade para a historia fotográfica da cidade; teñen moitos detalles significativos, que axudan a entender os modos de vida doutros tempos.

Imaxinádesvos ás mozas de 18 actualmente con eses modelitos?, hoxe ese look pódese ver nalgunha moza con motivo dalgunha festa, ou en mozas a partir dos trinta. Seguramente os sociólogos poderían explicar as causas de moitos deses cambios de estilo, pero a maioría seguro que aluden á clarísima diferenciación que naqueles tempos buscábase entre nena e muller.

Por unha temporadita deixaremos o tema escolar, pero animarvos a continuar enviando material, como xa vos dixen nalgunha ocasión, entre todos poderemos facer nun futuro as verdadeiras exposicións que nos gustaría ver.

8/3/12

Recordos escolares

O fio da entrada de onte, o mismo que faltaron moitisimas fotografías de grupos do rural, imaxinade as que faltaron do tipo que vos mostro hoxe, realmente penso que cunhas cantas de mostra poderia ser suficiente, pero por experiencia sei que este tipo de fotografia son das que mais gusta enseñar ainda que se vexa que os anos teñen pasado abondo.
Seguide enviando as que teñades, que intentaremos darlle cabida a todas.
A de hoxe, deixounola Don Camilo Conde, e pertence a sua etapa de alumno Marista. Esquezeuse de decirnos a data, pero penso non errar se digo que e dos cincuenta. 
Ten unha singularidade, e a primeira deste tipo, que ten sentido vertical. o habitual, descoñezo o motivo era que estiveran en horizontal. 

7/3/12

Escola rural

Continuando co tema escolar; móstrovos hoxe unha fotografía que nos presto durante a exposición Dona Carmen Fernández Montero.

Obtívose no ano 1924, nunha pequena aldea da zona de Lobios, San Paio de Araujo, e o único personaxe identificado é o mestre, don Ricardo Fernández García.

Vendo a imaxe queda patente o cambio tan substancial que sufrimos no rural, naqueles tempos nunha aldea reunían corenta alumnos, hoxe existen dificultades para completar as aulas dos poucos grupos escolares que quedan.

Aínda que na exposición figuraban dúas fotografías de escolas rurais, certamente non estaban moi representadas. No meu descargo podería dicir que cos medios que contamos, é complicado conseguir polo menos unha de cada centro da cidade, como para conseguilo de toda a provincia; pero prefiro que saibades que temos moi pouco material dese estilo, para animarvos a que nolo enviedes.
En varias ocasións coménteivos, que a intención é recompilar a maior cantidade de fotografías posible, para despois facer de verdade as exposicións que a todos gustaríanos ver.

6/3/12

Celsty o Celestino?

Arquivo Salgado Tejada

A miña idea era durante esta semana ensinarvos algunhas das fotografías que durante a exposición prestástesme moitos de vós, con temática escolar.

Onte fíxeno, e o resto da semana continuare. Hoxe ídesme a desculpar que faga unha excepción, e póñavos este pequeno exercicio. Deixáronme onte mesmo esta fotografía e non puiden resistirme.

A fotografía recorteina coa intención de que non desviedes a vosa atención; mostra unha rúa moi coñecida, e naqueles anos, posiblemente das máis concorridas, actualmente ten certas horas e días (case diría mellor noites) de moito trafego, pero a maior parte das súas horas pásaas cunha "calma quietud" como diría o poeta.

Na rúa ou digamos mellor no cruzamento de rúas, destaca un letreiro comercial, que é o que me chamo máis a atención desde o primeiro momento. "Gran Bazar e Calzados" Celsty. Se indagamos neste histórico comercio da nosa Auria, rapidamente atoparémonos na rúa do Paseo, falando das verdes pelotiñas que regalaban ao comprar as botas Gorila, coas que pasabamos todo o curso. Con todo déstesvos conta, e se non, pódovolo asegurar eu, a fotografía non é na rúa do Paseo.

A modo de pistas que axuden aos máis novos e algún descoidado, direivos que nese baixo hoxe respírase esencia de Jazz e moito aroma a bo café. Pero moitos aínda teredes na cabeza recordos de bo moble estilo castelán, lámpadas de cristal, e ata xoguetes.

Por certo vénme agora á memoria un costume que polo menos nos anos sesenta que eu saiba, puxeron de moda os bazares da cidade, para facilitar o traballo dos reis Maios.

Contáreivola de paso que vos mostro o resto da fotografía a semana que vén; iso si, se acertades co nome da rúa, (sérveme o actual, ou o antigo) polo menos a metade dos meus visitantes diarios, ou sexa contorna a 100 acertos. Se non acertades só mostrareivos outro recorte.

5/3/12

Enigmatica


Este domingo clausurouse a exposición Naqueles vellos pupitres.
Os membros do Arquivo visual Ourensán, queren dar as grazas a todos os visitantes, e recordarvos que continuamos recompilando fotografías para que o arquivo cada vez sexa máis interesante, e permita facer exposicións mais completas.
Durante esta semana "post" exposición, mostrareivos no blog algunhas das doazóns que recibimos nestes días, e vos recordo que nos conformamos cunha copia escaneada; non é preciso que nos deades unha copia en papel. Se vos resulta complicado escanear as fotografías deixádenolas, facémolo nós e devolvémosvolas.
Hoxe móstrovos unha das primeiras que nos deixaron, que cando obteñamos datos sobre ela, pode converterse nunha das tres máis antigas do arquivo con temática escolar.
Facilítonola Jose Luis Fernandez Carnicero (AHFC; arquivo historico familia carnicero), e polos datos que figuran escritos correspondería a un curso do instituto no ano 1888. O moi probable cambio do passe-partout, obríganos a intentar buscar máis información sobre ela, antes de afirmar a data como valida.
Tan pronto teña mais datos volveremos falar dela, a fotografía mereceo.

2/3/12

Escola Laica Neutral


Por unha cuestión lóxica, as fotografías de centros escolares que máis tempo residiron entre nós, máxime cando algúns deles aínda continúan en activo, son as máis numerosas no noso Arquivo.
A pesar diso, e grazas á vosa colaboración, centros menos coñecidos; algúns de feito xa perdidos no esquecemento, reviven nestas fotografías. Hai uns días mostrábavos a única imaxe que grazas a Conchita Calvo, temos do colexio León XIII; e hoxe móstrovos outra das que considero xoias históricas do A.v.O.
A Escola Laica Neutral.
En torno a 1906, un grupo de intelectuais encabezados por Don Juan Manuel Amor Pereira, (moi poucos pero algún dato tedes xa no blog deste creo que inxustamente esquecido personaxe), e co financiamento de agrupacións laicas deciden crear na nosa cidade un colexio cun enfoque educativo, non belixerante, pero se diferente ao empregado polos colexios relixiosos.
Nace así a finais do ano 1908, a E.N.L.O. (Escola Neutral Laica de Orense), o fronte figuran dende a súa creación, o matrimonio catalán formado por Don Hipólito Sinforiano Luengo, e Dona Teresa Roqueta Dalmau. Os que por certo son os únicos personaxes doadamente identificables na fotografía.
Se queredes saber mais deste centro, aquí vos deixo este enlace a un documento recuperado por dona Carmen Benso Calvo, nos arquivos do instituto Otero Pedrayo, no que, menciona tamén bibliografía relacionada moi interesante.
ver documento  (teredes que ter un pouquiño de paciencia, xa que tarda en cargar o arquivo, pero o enlace funciona)

1/3/12

Gou Magazine



Falábavos hai uns días, dunha nova revista, Ourensana, que moi recentemente a comezado o que desexamos sexa unha longa e frutífera travesía, por estes difíciles mundos que nos tocou vivir. Trátase de: Gou Magazine.
O arquivo visual Ourensán, dentro das súas posibilidades móstrase sempre disposto a colaborar con estas iniciativas culturais, e por iso estamos presentes na publicación dende o seu segundo número.
Hoxe a xeito de introdución, e ao mesmo tempo de recordatorio, móstrovos as primeiras portadas desta publicación que se corresponden aos números 0 e 1.

A semana que vén poderedes ver a portada do numero 2, coa primeira colaboración do A.v.O. nesta ocasión froito da pluma (ou o bolígrafo; bo dá igual, non se con que escribe) do amigo Fernando Valcárcel.
Nestes días tedes nos quioscos o numero catro, facervos cun exemplar e seguro que pasaredes un ratiño entretido coa súa lectura.
Os números atrasados tamén poderédelos consultar na web www.goumagazine.com visitar web