Entrega do coche |
Como noutras moitas ocasións, non teño inconvinte en recoñecer ou meu descoñecemento de datos sobre a nosa pequena historia; pero para iso precisamente conto con amigos que mos facilitan.
No caso de hoxe, o amigo Guillermo Álvarez, envíame varias fotografías, e practicamente faime a entrada; unhas son de temática escolar, e aínda que verdadeiramente son moi orixinais, imos deixar que pasen uns días para non saturar o tema colexios. Ás de hoxe como podedes ver tratan dunha bela señorita, e un estupendo agasallo.
Co nome de Galerías, habería que dar unha volta polos arquivos, para saber se Tobaris, Duran, Las Centrales, ou algunha outra foi a primeira; que tivesen saída a dúas rúas, ou polo menos dúas saídas, dende logo creo que foron ás Centrais ás primeiras. Pois precisamente ás fotografías que me envía Guillermo, reflicten o acto que mais chamou a atención na inauguración dás Galerías Centrais o 4 de xaneiro de 1963.
Pero millor que sexa el quen o conte: "....vimos ás fotos -que ainda conservaba- de cando lle entregasen un Seat 600 que lle tocase non sorteo celebrado con motivo dá inauguración dás "Galerias Centrales", o día 04-01-1963, do cal ainda ben acordaranse todos os dá miña idade, pois fora un acontecemento ben soado por aquel entón, tanto a inauguración dás galerias como o sorteo do coche, que para mais, o tocarlle a unha muller, foi unha dás primeiras féminas en facer o carné e conducir un coche por ás ruas dá nosa cidade."
Logo desta inauguración, foron moitas ás que se sucederon nas décadas dos setenta e oitenta, Roma, Proyflem, Lido, Xoan XXIII, Viacambre, Xesta, Israel, etc, non precisamente nese orde, e dende logo ningunha co éxito dás Centrais.
Teriamos que facer un estudo para saber por que Ourense ca sua choiva tan habitual (agás iste ano), o seu frio extremo no inverno, e o seu calor abafante no verán, non e un lugar propicio para ás Galerias Comerciais, (semella que o Centro Comercial Ponte Vella, funciona, pero e que realmente non ten nada que ver unha cousa ca outra).
A ver se vai resultar que foi a bela Finuca, quen resultou agraciada co Seiscentos, quen lle deu boa sorte ás Galerias Centrais.
Finuca etregando o boleto premiado |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias