Taxeta postal feita por Don José Pacheco, no 1907 no xardín do Posio, |
Desde logo non era significativa, a presenza de entradas relacionadas co estamento militar en Ourense, se seica algunha fotografía da mili do meu avó, e pouco máis.
Nos últimos tempos, e coincidindo co nacemento do grupo de Facebook Regimiento de infantería Zamora 8, multiplicáronse as altas de imaxes relacionadas co noso exército, no meu arquivo, e a pesar de que intentei recompilar información sobre o tema, foi moi pouco o que conseguín.
Intentarei resumirvos eses datos, para ver se algún de vós anímase a recoller a testemuña.
.- Un dos datos que non fun quen de confirmar, foi o nome da primeira forza establecida na cidade, penso que era o Rexemento Provincial de Ourense (ano 1733-34), pero teriamos que aclarar a orde da existencia dos rexementos, Orense nº 50, e o Batallon de Cazadores de Montaña Orense nº 5
.- Na rúa da barreira, estivo o que probablemente fose o primeiro acuartelamento da cidade. (é posible que fose na casa e leira que coñecemos como dos Taboada Tundidor, tamén estivo alí o colexio Cisneros, ainda que tamen pode que fora na casa dos marqueses de Leis), as forzas penso que respondian o nome de Rexemento de Monterrey (entorno a decada dos 60 seculo XVIII. Posiblemente convivira co Provincial; daquelas o estamento militar era un dos mais importantes da cidade).

.-A 1ª fotografía que acompaña a entrada, non achega excesivos datos, pero é unha proba da presenza na cidade do Rexemento Ceriñola, do cal por certo fáleivos na entrada que trataba do falecemento do Tcol. Bernárdez Dorado. (durante todo o conflicto de Africa, iste Corpo Militar tivo unha destacada presencia)
.- Entre a actual delegación de facenda, e o primigenio convento de Santo Domingo, o edificio que fai esquina en Concordia con Santo Domingo (poden ser catro, pero se que non teredes problema en saber de cal falo), foi tamén un acuartelamento militar, como din algúns autores, polo menos durante "a francesada".
.- Antigamente e a pesar de non existir instalacións militares, a cidade pola "xenerosidade" en ocasións obrigada dos seus cidadáns, chegou a albergar durante longos períodos de tempo destacamentos militares, sendo coñecido que casualmente os animais que formaban parte da tropa, (que ninguén interprete cousas raras), algún cabalo, pero maiormente asnos e mulas, aloxábanse no convento dos Franciscanos, no que posteriormente foi o cuartel de San Francisco.
.- A historia concreta do Rexemento Zamora 8 en Ourense, resúmese neste pequeno parágrafo da historia dos rexementos españois. (Ourense foi só un capitulo na longa historia desta agrupacion militar)
", hasta que en 1943 vuelve a reaparecer, en la ciudad de Orense, con el nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Tras un breve plazo de tiempo en el que en 1960 se le conoce como "Agrupación de Infantería Zamora nº 8" en 1963 vuelve a recuperar su nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Es disuelto definitivamente en el año 1985."
Faltan moitisimos datos, que segun aparezan os irei facilitando, pero millor seria que alguen collera a encomenda, e tentara facer ese penso que interesante traballo, aparecerian datos por exemplo de un rexemento de cabaleria; que non todo foi infanteria, e seguro que moitos datos mais.

Postos a especular, imos supoñer que na imaxen da xura do 1907, aparecen o Tcol. Berandez Dorado, e o Excmo. sr. alcalde da cidade, Don Modesto Varela Sotelo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias